Guia docente 2023_24
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Idioma moderno: Idioma 1, III: Francés
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una
planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen
atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou
non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento
da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o
profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
* Metodoloxías docentes que se manteñen
Prácticas con apoio das TIC
Traballo autónomo dirixido na práctica da lingua
Actividades introductorias
Revisar e asentar os coñecementos do curso anterior de forma teórica e práctica, recoñecer as posibles dificultades de seguimento e corrixir as formulacións erróneas.
Resolución de problemas
Formulación, análise e resolución de exercicios prácticos relacionados cos contidos gramaticais e léxicos e as destrezas comunicativas
Resolución de problemas de forma autónoma
Análise e resolución de exercicios prácticos relacionados cos contidos gramaticais e léxicos e as destrezas comunicativas de forma autónoma
Seminario titoría en grupo
Explicacións dos elementos dos contidos que precisen aclaración de dúbidas que ao respecto presenten os alumnos

Metodoloxías docentes que se modifican
Traballo tutelado
Elaboración de traballos escritos a partir da orientación personalizada o grupal: tipo informe, resumo dun libro e dunha charla,conferencia o documento acesible de forma virtual etc. Manterase este tipo de traballo adaptado aos medios proporcionados por a Uvigo.
Traballos de practica oral xa sexa colaborativo ou autónomo.
As catro destrezas comunicativas (écoute,lecture , écrit,oral) e de aplicación dos contidos linguísticos (da lingua francesa) en campus remoto, de forma síncrona ou asincrona adaptada aos medios proporcionados por a Uvigo
Presentación
Presentacións orais individuais baseadas en traballo autónomo dos alumnos adaptadas aos medios proporcionados por la Uvigo

Seminario titoría en grupo
Explicacións dos elementos dos contidos que precisen aclaración de dúbidas que ao respecto presenten os alumnos de forma virtual adaptadas
aos medios proporcionados por a Uvigo

Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías)
Comunicación e interrelación entre o alumnado e o docente producida a través das ferramentas telemáticas. A comunicación entre os membros será posible a través de ferramentas síncronas e asíncronas grazas á virtualización e cos medios proporcionados por a Uvigo. O correo electrónico fai posible a comunicación privada, e en caso necesario o envío de mensaxes a grupos de alumnos para poder manter unha comunicación fluída e rápida.

* Bibliografía adicional para facilitar a auto-aprendizaxe

https://www.lepointdufle.net/p/apprendre_le_francais.htm
https://apprendre.tv5monde.com/fr
https://www.bonjourdefrance.com/
https://savoirs.rfi.fr/es/apprendre-enseigner
https://www.canal-u.tv/
https://www.ccdmd.qc.ca/fr/

* Outras modificacións

=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
No modelo de avaliación contínua, a avaliación é sumativa e formativa, a través de distintos recursos que non só busquen informar ó alumno sobre o progreso, senón que tamén beneficien a aprendizaxe.
A avaliación será a través de: exames e probas que deberán cubrir diferentes aspectos e, polo tanto, tamén incluirán preguntas abertas e de elección múltiple para cualificar o nivel de cumprimento dos obxectivos de aprendizaxe propostos no programa ou curso académico.
Ao ser avaliación sumativa, coa demostración progresiva das competencias dos estudantes en relación a uns contidos e obxectivos específicos e favorecendo a aprendizaxe autónoma, seguirase co proposto cos mesmos valores.
Opcionalmente poderán gravarse as probas. De ser o caso, comunicarase previamente por escrito ao estudantado conforme ao disposto non anexo da RR do 24 de abril de protección de datos.
No caso de proba non presencial, se optan por avaliación única a nota da proba será un 100% da nota final (40% parte práctica e 60% parte teórica) na data establecida no calendario de exames da FFT. O exame contará coas probas que podan avaliar as competencias: comprensión escrita e oral de documento sonoro, parte gramatical, libro de lectura obrigada e practica oral. Será realizada de forma telemática non presencial co uso da plataforma Moovi da universidade e o campus remoto, e o correo electrónico. Unha vez que termine cada secuencia o alumno renviará cada parte. Durante o
tempo de realización da proba, o profesor estará dispoñible para responder ás preguntas ou incidencias por Moovi, campus remoto e/ ou correo electrónico. Opcionalmente poderá gravarse a proba. De ser ou caso, comunicarase previamente por escrito ao estudantado conforme ao disposto non anexo da RR do 24 de abril de protección de datos. O estudantado deberá estar rexistrado na plataforma para poder realizar o exame.
Proba oral. Deberá gravarse a proba: grabación de 5 minutos en vídeo 2/10 O estudantado deberá dicir ou seu nome e ou seu DNI ao inicio do exame
Proba escrita: -Gramatical: Consiste en preparar preguntas que evidencien que ou estudantado adquiriu os coñecementos e que os ten ben incorporados. 6/10
Proba de comprensión de doc audio-vídeo1/10
proba de coñecemento do libro de lectura obrigada 1/10
A revisión de exames será por medio de Moovi, Campus Remoto , despacho virtual xunto co correo electronico e telefóno institucional (ou do despacho do profesorado non caso de que ou considere necesario).
A copia ou plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou exame suporá un suspenso na materia. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non o eximirá; non só contará a pertinencia e calidade do contido das respostas senón tamén a súa corrección lingüística.


METODOLOXÍA DOCENTE

Organización por parte do propio alumno do seu proceso de formación baixo a orientación do profesor/titor. Modelo de natureza cooperativa orientado ó estudante, con acceso a diferentes actividades e recursos de aprendizaxe e que promovan a aprendizaxe autónoma e activa.
O alumno é o responsable último do seu proceso de aprendizaxe e considérase que os resultados da aprendizaxe, en última instancia, dependen del. As actividades teóricas e prácticas propostas deben fomentar a práctica reflexiva e o aprender facendo; é dicir, aprender a aprender.
Un medio que facilita esta aprendizaxe é o traballo e colaboración entre o grupo de estudantes, que permite explorar diferentes perspectivas, ideas e experiencias

A metodoloxía didáctica con tres vertentes pedagóxicas: a vertente informativa, a vertente práctica ou aplicativa e a vertente comunicativa.
A vertente informativa refírese ao conxunto de materiais de distinta natureza (textual, gráfico, multimedia, etc.) empregado para axudar aos estudantes a acceder e asimilar autónomamente os coñecementos.
A vertente práctica ou aplicativa alude ao conxunto de tarefas ou actividades que poden exporse aos estudantes para que desenvolvan unha experiencia activa con situacións de aprendizaxe nas que teña que activar distintas habilidades e destrezas. Por último, a vertente comunicativa refírese ao conxunto de accións de interacción entre estudantes e profesor producida a través das ferramentas telemáticas.
Con relación á aprendizaxe, facilitarase ao alumno: o acceso a material didáctico dinámico e interactivo; o contacto co resto dos compañeiros do curso; a realización de tarefas de traballo individual e en grupo que favorezan a aprendizaxe; a organizacion, planificación do estudo e a consulta de dúbidas e o intercambio de información. A realización de actividades periódicas de aprendizaxe permitirá ao estudante tomar conciencia do seu propio ritmo de aprendizaxe, así como detectar posibles carencias na comprensión.


MODALIDADE MIXTA
Plan de continxencia sobre a modalidade mixta, na que unha parte do estudantado asistirá ás aulas de forma presencial e outra parte seguirá as clases dun modo síncrono (preferentemente) ou asíncrono: o profesorado manterá as metodoloxías, a atención personalizada e os sistemas de avaliación como se indica para a modalidade presencial, adaptando os grupos de estudantes e as quendas para cumprir coa normativa sanitaria que se estableza no seu momento.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000