Guia docente 2017_18
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Idioma moderno: Idioma 1, III: Inglés
   Recomendacións

Materias que continúan o temario
Idioma moderno: Idioma 1, IV: Inglés/V01G230V01403


Materias que se recomenda ter cursado previamente
Idioma moderno: Idioma 1, I: Inglés/V01G230V01103
Idioma moderno: Idioma 1, II: Inglés/V01G230V01203
 
Outros comentarios
O traballo diario e autónomo do alumnado resulta imprescindible para seguir e superar a materia. Debe terse en conta que as horas de clase na aula non son máis que parte das horas totais de traballo do alumnado necesarias para superar a materia; en ningún caso representan a totalidade de horas que a/o alumna/o deberá adicarlle a esta materia. Neste sentido, é altamente recomendable que o material manexado polo alumnado non se limite ao visto nas sesións presenciais. Recoméndase que o alumnado adique tempo á lectura de xornais, libros e revistas en lingua inglesa, ao visionado de vídeos, películas, series e similares en lingua inglesa, etc. Cómpre recordar ao alumnado que deben respectar os dereitos de copyright. Recoméndase o emprego e consulta cotidianos da plataforma de teledocencia. O profesorado proporcionará material e contactará co alumnado a través dela. Durante as clases o alumnado non poderá utilizar dispositivos móviles (teléfono, tableta, PDA ou similares) nin ordenadores, a non ser que teñan a versión dixital do libro de texto e/ou que o profesorado requira a utilización destes dispositivos con algunha finalidade pedagóxica.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000