Guia docente 2013_14
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Idioma moderno: Idioma 1, III: Inglés
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Presentacións/exposicións Presentacións, redaccións, e exposicións orais e escritas sobre o libro de obrigada lectura e os artigos extraídos dos xornais online e relacionadas coas destrezas de expresión (speaking and writing). 20
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Probas prácticas de execución de tarefas baseadas en materias reais ou adaptados e relacionadas coas destrezas de comprensión (listening e reading). 20
Outras Exame final sobre todos os contidos lingüísticos e as catro destrezas comunicativas: comprensión oral (listening), expresión oral (speaking), comprensión escrita (reading), e expresión escrita (writing) así como das destrezas lingüísticas (use of English), que presupón o 40% para aqueles alumnos/as que teñan dereito a avaliación continua (8% para cada unha das destrezas). 40
Probas de resposta curta 1. Probas puntuais sobre a materia asignada, conceptos teóricos e a súa aplicación.
2. Resolución de exercicios prácticos de resposta curta (fill in the gaps, transformations, cloze, multiple choice, etc.) relacionados coas destrezas lingüísticas (use of English).
20
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumnado poderá acollerse a un dos dous sistemas de avaliación seguintes:

Avaliación continua:

Recoméndase
a avaliación continua e o traballo diario na materia, xa que o estudo constante
e progresivo é o sistema máis axeitado para a aprendizaxe dun idioma.

Para acollerse ao sistema de avaliación
continua, o estudantado debe asistir con regularidade ás
sesións presenciais (un mínimo de 80% das horas teóricas e prácticas) así como realizar as probas ou exercicios
que se lle requiran
. A
posibilidade de faltar ao 20% das sesións presenciais xa contempla as faltas
por emerxencias e por enfermidade, por tanto non se aceptará
xustificación de faltas adicionais agás en casos moi limitados e excepcionais.

Para
aprobar a materia será preciso aprobar cada unha das catro destrezas comunicativas
(reading, listening, speaking e writing) e a destreza lingüística (use of
English)
. Na segunda edición das actas (xullo) o alumnado de avaliación continua
só terá que presentarse ás destrezas suspensas.

Ó alumnado
de avaliación continua
computáraselle un 60% da cualificación final co
traballo e probas do curso e un 40% coa proba final (de teoría e práctica) da
primeira edición das actas.

Estas probas finales de teoría e práctica da primeira edición das actas
terán lugar nas horas de clase da última semana do período docente do
cuadrimestre. A proba final de teoría será o luns 9 de decembro e a proba de
práctica será o mércores 11 de decembro 
(grupo C2) e o xoves 12 de decembro (grupo C1). O exame da competencia
oral (speaking) tamén será na hora de clase o mércores 4 de decembro  (grupo C2) e o xoves  5 de decembro (grupo C1).

A nota final obtida por medio do sistema de avaliación
continua
será o resultado do cómputo das seguintes partes:

A)    Traballo
e probas do curso (60%):

- Probas de use of English 20% (probas escritas sobre aplicación
de conceptos teóricos, exercicios prácticos, destrezas lingüísticas)

- Speaking
10% e writing 10% (presentacións orais, redaccións, exposicións).

- Listening 10% e reading 10% (probas relacionadas coas
destrezas de comprensión).

B)   
Proba final realizada ao final do cuadrimestre
sobre tódolos contidos lingüísticos e as catro destrezas comunicativas (40%). Cada parte do exame final (use of
English, speaking, writing, listening e reading) terá un valor de 8%. A competencia oral medirase cunha
entrevista ao alumnado que versará sobre algún tema dos contidos do curso.

Durante o curso, o profesorado informará con
antelación suficiente das datas das probas e exercicios a realizar na aula e
das actividades que formen parte da avaliación continua (probas de “use of
English”, redaccións escritas, presentacións orais, probas de “reading” e
“listening”). A non entrega de ditos exercicios ou a non participación nesas probas
e actividades de aula contará como un cero. O plaxio total ou parcial suporá un
suspenso na nota final. Os traballos
realizados fóra da aula deberán ser entregados no día sinalado. Así, os
traballos que o alumnado non entregue na data requirida contarán como un cero.

A entrega de traballos e exercicios así como a
realización de probas en clase implican a aceptación do sistema de avaliación
continua por parte do alumnado. O alumnado avaliado polo sistema de avaliación
continua non poderá acollerse á avaliación única na primeira edición das actas.
(Na avaliación continua o 60% da nota da materia corresponde aos traballos e
probas de curso e o 40% á proba final única).

Se o
alumnado escolle a avaliación continua e comeza o curso neste sistema asistindo
a clase e entregando traballos e probas pero, ao cabo dun tempo, decide
renunciar á avaliación continua ou perde o dereito á ela, ben por falta de
asistencia ou ben por deixar de realizar as probas ou exercicios requiridos,
terá que ter en conta que as probas ás
que non se presente contarán como un cero para o cómputo da nota final da
primeira edición das actas. Ademáis, non poderá acollerse á avaliación
única de final do cuadrimestre (primeira edición das actas) e, no caso de
suspender, terá que presentarse á proba de avaliación única da segunda edición das actas (xullo).

Avaliación única:

Na primeira
edición das actas haberá unha avaliación única para o alumnado que nas dúas
primeiras semanas do inicio do curso renuncie á avaliación continua por
escrito, entregando unha renuncia firmada ao profesorado.

Se o alumnado renuncia á avaliación continua ó principio de curso, non asiste ás
clases con regularidade e/ou non entrega ningún traballo, nin realiza ninguna
proba de avaliación continua, poderá presentarse á proba única de final do
cuadrimestre, e a súa nota da primeira edición de actas corresponderá á nota
obtida nese exame.

Esta
proba única do final do cuadrimestre (primeira edición das actas) celebrarase
na mesma data e hora que a dos alumnos de avaliación continua, e tamén constará
de cinco partes que avaliarán
as catro destrezas comunicativas (speaking, writing, listening e reading) e a destreza lingüística (use of
English). Cada unha das partes equivalerá a un 20% da cualificación final e
para aprobar a materia haberá que aprobar cada unha das devanditas destrezas. Os
alumnos de avaliación única realizarán a proba oral (speaking) do exame final xunto
cos alumnos de avaliación única segundo se indica no apartado anterior. De igual xeito, a competencia
oral medirase cunha entrevista que versará sobre algún tema dos contidos do
curso.

 

Segunda edición das actas (Xullo):

A
proba final de xullo terá o mesmo formato e características que a proba única
da primeira edición das actas e a data deste exame farase
pública de forma oficial (calendario oficial de centro).

Para a
segunda edición das actas (xullo), os/as alumnos/as que non superen a
avaliación continua ou a avaliación única na primeira edición das actas só terán que presentarse ás destrezas
suspensas e conservarán as calificacións das partes aprobadas na primeira
edición das actas (no caso dos alumnos de avaliación continua conservarán tanto
as notas do curso como a nota da proba única da primeira edición das actas).

Durante
a realización dos exames non se permite a utilización de dicionarios,
ordenador, conexión a internet ou outros medios electrónicos.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000