Guia docente 2012_13
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Idioma moderno: Idioma 1, III: Inglés
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Presentacións/exposicións Presentacións, redaccións, e exposicións orais e escritas sobre o libro de obrigada lectura e os dous artigos extraídos dos xornais online e relacionadas coas destrezas de expresión (speaking and writing).
20
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Probas prácticas de execución de tarefas baseadas en materias reais ou adaptados e relacionadas coas destrezas de comprensión (listening and reading). 20
Outras Proba global final sobre todos os contidos lingüísticos e comunicativos da materia. Inclúe exercicios de resposta curta sobre a aplicación dos contidos gramaticais e léxicos (Use of English) e tarefas de de expresión escrita (writing), comprensión oral (listening) e escrita (reading) 40
Probas de resposta curta 1. Probas puntuais sobre a materia asignada, conceptos teóricos e a súa aplicación.
2. Resolución de exercicios prácticos de resposta curta (fill in the gaps, transformations, cloze, multiple choice, etc.) relacionados coas destrezas lingüísticas (use of English).
20
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Recoméndase a avaliación continua, sendo o sistema máis axeitado para a aprendizaxe da materia.


O alumnado de avaliación continua ten que declararse por escrito como asistentes de avaliación continua na segunda ou terceira clase teórica da materia e para iso entregarán unha ficha ó profesorado.


Para poder superar o sistema de avaliación continua o alumnado deberá asistir ao 80% das horas presenciais (tanto de horas teóricas como das prácticas). De non facelo perderá o dereito á avaliación continua e terá que presentarse á avaliación única que se realizará durante o último día lectivo da materia. O alumnado de avaliación única realizará o exame da competencia oral durante o último día lectivo da materia. A devandita competencia medirase cunha entrevista ao alumnado que versará sobre algún tema dos contidos do curso. A avaliación única computará como o 100% da nota final.


Ó alumnado de avaliación continua computáraselle un 60% da cualificación final co traballo e probas do curso e un 40% coa proba final na data oficial da primeira convocatoria. A proba final da primeira convocatoria terá lugar na última clase da materia.


Para aprobar a materia será preciso aprobar cada unha das catro destrezas comunicativas (reading, listening, speaking and writing) e a destreza lingüística (use of English). Na convocatoria de xullo o alumnado só terá que presentarse ás destrezas suspensas.


A posibilidade de faltar ao 20% das sesións presenciais xa contempla as faltas por emerxencias e por enfermidade, por tanto no se aceptará xustificación das faltas agás en casos moi limitados e excepcionais.


A avaliación continua do alumnado require que o alumnado demostre as súas capacidades con regularidade ó longo do cuadrimestre. Por tanto, as probas e traballos de clase non son recuperables. As probas e os traballos feitos na clase que os alumnos non entreguen por non asistir a clase contarán como un “0”. As probas tipo “resposta curta” serán controis puntuais que non se anuncian antes de realizalos. Anunciarase na aula a programación das datas de entrega dos traballos, así como as datas nas que se realizarán os “traballos de aula” que son redacción escritas ou presentacións orais, ademais dos exames e as probas máis extensas de “reading” e “listening”. O traballos realizados fóra da aula deberán ser entregados en man na clase no día sinalado. Así, os traballos que o alumnado non entregue na data requirida e en man contarán como un "0".


Os/as alumnos/as que non superen a avaliación continua ou que renuncien a ela  deberán presentarse a unha proba única global sobre todos os contidos comunicativos e lingüísticos da materia en xullo (segunda convocatoria), que computará como o 100%. A data deste exame farase pública de forma oficial.


Esta proba de xullo constará de cinco partes que avaliarán as catro destrezas comunicativas e a destreza lingüística (use of English). Cada unha das partes equivalerá a un 20% da cualificación final e para aprobar a materia haberá que aprobar cada unha das devanditas destrezas.


Os/as alumnos/as que non se acollan á avaliación continua terán una proba única que computará como o 100% da nota. A primeira oportunidade é a proba da primeira convocatoria e a segunda na segunda convocatoria (xullo).


Para a segunda convocatoria (xullo) conservaranse as calificacións das partes aprobadas na primeira convocatoria (sendo de avaliación continua ou da proba única da primeira convocatoria).


Durante a realización dos exames non se permite a utilización de dicionarios, ordenador, conexión a internet ou outros medios electrónicos.


O plaxio total ou parcial nos traballos entregados suporá o suspenso automático na materia.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000