Educational guide 2015_16
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Lingua A1, II: Introdución ás linguas de especialización: Español
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballos tutelados Nestes traballos trátase de poñer a proba a competencia en lingua escrita do alumnado e a súa capacidade para xestionar grandes traballos e proxectos (por exemplo, realizar un cartafol comentado de textos de especialidade, analizar os recursos de modalización nun conxunto de artigos científicos divulgativos, etc.).
Os traballos tutelados estarán dirixidos a través das titorías concertadas cos discentes. O obxectivo será avaliar os recursos para a redacción formal e a xestión do traballo.
40 A3
A4
A5
Resolución de problemas e/ou exercicios Nestes exercicios propoñeranse ao discente a resolución de diversos problemas e exercicios de carácter práctico nos que o discente mostrará a evolución e grao da súa aprendizaxe e axudaranlle a comprender e interiorizar as competencias da materia. 40 A3
A4
A5
Presentacións/exposicións Consistirá na exposición oral ante os compañeiros dun tema lingüístico concreto que se escollerá entre os temas da asignatura. O obxectivo será avaliar a competencia oral dos discentes nun contexto formal e comprobar a evolución con respecto ao curso anterior. 20 A3
A4
A5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Ao comezo do curso, os alumnos deberán indicarlle ao docente a forma de avaliación pola que optan, é dicir, avaliación continua (asistencia regular, traballos de aula, presentacións, proxectos, probas, etc.) ou avaliación única (exame oficial da materia o 16 de decembro en horas de clase). Esta elección realizarase por escrito e asinada.

Os alumnos que opten pola avaliación continua e que non superen a materia ao final do cuadrimestre poderán presentarse á convocatoria oficial de xullo e ás sucesivas convocatorias, nas que non se gardarán as cualificacións obtidas a través das probas, actividades e traballos realizados ao longo do curso.

Os alumnos que opten á avaliación única terán un único exame o último ou penúltimo día de clase (exame tipo test sobre todos os contidos teóricos da materia e da súa bibliografía) que valerá o 100% da nota e non se terán en conta posibles traballos que realizasen ao longo do curso.

A avaliación de xullo será un exame (probas de resposta longa ou de desenvolvemento). Da mesma maneira serán avaliados todos aqueles que non superasen a materia na convocatoria de xaneiro (sexa por avaliación continua, sexa por avaliación única).

Os estudantes Erasmus poderán realizar as probas coa axuda dun dicionario.

Tanto nas probas como no resto dos exercicios propostos ao longo do curso penalizaranse os erros ortográficos, os erros na expresión, as incoherencias sintácticas, etc. con 0,25 puntos por cada falta.

A copia ou plaxio suporá a non cualificación dos traballos, exames ou de calquera outra forma de avaliación.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000