Guia docente 2014_15
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Lingua A1, II: Introdución ás linguas de especialización: Español
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Traballos tutelados Nestes traballos trátase de poñer a proba a competencia en lingua escrita do alumnado e a súa capacidade para xestionar grandes traballos e proxectos (por exemplo, realizar un cartafol comentado de textos de especialidade, analizar os recursos de modalización nun conxunto de artigos científicos divulgativos, etc.).
Os traballos tutelados estarán dirixidos a través das titorías concertadas cos discentes. O obxectivo será avaliar os recursos para a redacción formal e a xestión do traballo.
40
Resolución de problemas e/ou exercicios Nestes exercicios propoñeranse ao discente a resolución de diversos problemas e exercicios de carácter práctico nos que o discente mostrará a evolución e grao da súa aprendizaxe e axudaranlle a comprender e interiorizar as competencias da materia. 40
Presentacións/exposicións Consistirá na exposición oral ante os compañeiros dun tema lingüístico concreto que se escollerá entre os temas da asignatura. O obxectivo será avaliar a competencia oral dos discentes nun contexto formal e comprobar a evolución con respecto ao curso anterior. 20
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Ao inicio do curso, os alumnos deberán indicarlle ao docente a forma de avaliación pola que optan, é dicir, avaliación continua (asistencia regular, traballos de aula, presentacións, proxectos, probas, etc.) ou avaliación única (un unico exame oficial da materia fixado para o día 16 de decembro nas horas da clase).
Os alumnos que opten pola avaliación continua e que non superen a materia ao final do cuadrimestre poderán presentarse á convocatoria oficial de xullo e ás sucesivas convocatorias, nas que non se gardarán as cualificacións obtidas a través das probas, actividades e traballos realizados ao longo do curso.
Os estudiantes Erasmus poderán realizar as probas coa axuda dun dicionario.
Tanto nas probas coma no resto dos exercicios propostos ao longo do curso penalizaranse os erros ortográficos, os erros na expresión, as incoherencias sintácticas, etc. con 0,25 puntos por cada falta.
O plaxio ou a copia suporá a non calificación do exercicio, traballo, etc.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000