Traballos tutelados |
Actividade práctica. Os traballos tutelados estarán dirixidos a través das titorías concertadas cos discentes. Nestes traballos trátase de poñer a proba a competencia en lingua escrita do alumnado e a súa capacidade para xestionar grandes traballos e proxectos (por exemplo, realizar un cartafol comentado de textos de especialidade, analizar os recursos de modalización nun conxunto de artigos científicos divulgativos, etc.). |
Presentacións/exposicións |
Actividade práctica. O docente proporcionará unha serie de recursos para afrontar de forma correcta unha exposición oral. Unha vez terminado este paso, a actividade por parte do discente consistirá na exposición oral ante os compañeiros dun tema lingüístico concreto que se escollerá entre os temas da materia. |