Guia docente 2016_17
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Lingua A1, II: Introdución ás linguas de especialización: Galego
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballos de aula Avaliaranse as tarefas que se encarguen durante o desenvolvemento da docencia. 10 C3
C4
C5
C18
C33
D1
D5
Traballos tutelados O alumnado terá que entregar dous traballos:
1. 15% da nota.
Elaborarase un traballo sobre neoloxía: resolución de problemas conceptuais e denominativos.
2. 35%.
Traballo tutelado sobre un tema de divulgación científica: comentario escrito e breve análise léxica.
50 A4
C3
C4
C5
C18
C33
D1
D5
D6
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Consistirá nun exame que pode abordar todos os temas estudados durante o curso, con especial atención ós aspectos lingüísticos do temario. 40 A2
C3
C4
C18
C33
D1
D23
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1ª edición das actas

O alumnado poderá escoller entre dous sistemas de avaliación. Deberá confirmar explicitamente por cal deles opta nas dúas primeiras semanas de curso.

a) Avaliación continua

Os aspectos avaliados son os que aparecen nesta páxina por un valor do 100% da nota.

Condicións:

-Entrega dos traballos nos prazos establecidos.

- Presentación ó exame.

Importante

Para superar a materia, cómpre obter no exame unha nota mínima de 4.5.

O incumprimento das condicións da avaliación continua implicará o paso automático á avaliación única.  

b) Avaliación única: condicións

1. Exame sobre os contidos da materia ó final do cuadrimestre (85%)

2. Traballo sobre neoloxía (15%).

2ª edición das actas (xullo)

O alumnado de avaliación continua que non teña superada a materia na 1ª ed. das actas manterá, se así o desexa, a cualificación do traballo de neoloxía.

A avaliación farase a través dun exame (85%) e un traballo sobre neoloxía (15%).

Datas dos exames

A data do exame, tanto para a avaliación continua como a única, en todas as oportunidades de avaliación, será a fixada no calendario oficial da Facultade de Filoloxía e Tradución.

Importante

Cómpre ter un nivel avanzado das normas ortográficas e da gramática da lingua. Para comprobalo, poderase realizar un test a comezo do curso. Xa que se parte dun nivel C2, se algún alumno ou alumna considerar que non o ten, pode acadalo por medios alleos á docencia desta materia.

A copia ou plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou exame suporá un cero nesa proba. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá o alumnado da súa responsabilidade neste aspecto.

A avaliación terá en conta non só a pertinencia e calidade do contido das respostas senón tamén a súa corrección lingüística.

É responsabilidade do alumnado consultar os materiais e as novidades a través da plataforma FAITIC e de estar ao tanto das datas nas que as probas de avaliación teñen lugar.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000