1ª edición das actas
O alumnado poderá escoller entre dous sistemas de avaliación. Deberá confirmar explicitamente por cal deles opta nas dúas primeiras semanas de curso.
a) Avaliación continua
Os aspectos avaliados son os que aparecen nesta páxina por un valor do 100% da nota.
Condicións:
-Entrega dos traballos nos prazos establecidos.
- Presentación ó exame.
Importante
Para superar a materia, cómpre obter no exame unha nota mínima de 4.5.
O incumprimento das condicións da avaliación continua implicará o paso automático á avaliación única.
b) Avaliación única: condicións
1. Exame sobre os contidos da materia ó final do cuadrimestre (85%)
2. Traballo sobre neoloxía (15%).
2ª edición das actas (xullo)
O alumnado de avaliación continua que non teña superada a materia na 1ª ed. das actas manterá, se así o desexa, a cualificación do traballo de neoloxía.
A avaliación farase a través dun exame (85%) e un traballo sobre neoloxía (15%).
Datas dos exames
A data do exame, tanto para a avaliación continua como a única, en todas as oportunidades de avaliación, será a fixada no calendario oficial da Facultade de Filoloxía e Tradución.
Importante
Cómpre ter un nivel avanzado das normas ortográficas e da gramática da lingua. Para comprobalo, poderase realizar un test a comezo do curso. Xa que se parte dun nivel C2, se algún alumno ou alumna considerar que non o ten, pode acadalo por medios alleos á docencia desta materia.
A copia ou plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou exame suporá un cero nesa proba. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá o alumnado da súa responsabilidade neste aspecto.
A avaliación terá en conta non só a pertinencia e calidade do contido das respostas senón tamén a súa corrección lingüística.
É responsabilidade do alumnado consultar os materiais e as novidades a través da plataforma FAITIC e de estar ao tanto das datas nas que as probas de avaliación teñen lugar.