Educational guide 2014_15
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Lingua A1, II: Introdución ás linguas de especialización: Galego
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Traballos tutelados O alumnado terá que entregar dous traballos:
1. 25% da nota.
Elaborarase un traballo sobre neoloxía: resolución de problemas conceptuais e denominativos.
2. 40% da nota.
O alumnado, en grupos de dous, terá que redactar un traballo de divulgación sobre un tema especializado, a partir dun conxunto de temas propostos polo profesorado da materia. Avaliarase a calidade lingüística xeral, o uso da terminoloxía e o formato. 25%
Este traballo deberá presentarse oralmente na aula (15%).
65
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Consistirá nun exame que pode abordar todos os temas estudados durante o curso, con especial atención ós aspectos lingüísticos do temario. 35
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1ª edición das actas

O alumnado poderá escoller entre dous sistemas de avaliación. Deberá confirmar explicitamente por cal deles opta nas dúas primeiras semanas de curso.

a) Avaliación continua: condicións

Os aspectos avaliados son os que aparecen nesta páxina por un valor do 100% da nota.

Condicións:

-Asistencia ó 80% das aulas.

-Entrega dos traballos.

-Exame.

Importante

Para superar a materia, cómpre obter no exame unha nota mínima de 4.5.

Non se poderá renunciar á avaliación continua, unha vez escollida, agás por causas excepcionais e xustificadas.

O incumprimento das condicións da avaliación continua implicará o paso automático á avaliación única.  

b) Avaliación única: condicións

1. Exame sobre os contidos da materia ó final do cuadrimestre (75%)

2. Traballo sobre neoloxía (25%).

Tanto o exame da avaliación única coma o da continua será na semana do 5 ó 9 de maio de 2014, no período de traballo autónomo do alumnado.

2ª edición das actas (xullo)

O alumnado de avaliación continua que non teña superada a materia na 1ª ed. das actas manterá as cualificacións iguais ou superiores a 5.

A avaliación farase a través dun exame (75%) e un traballo sobre neoloxía (25%).

Importante

Cómpre ter un nivel avanzado das normas ortográficas e da gramática da lingua. Para comprobalo, poderase realizar un test a comezo do curso. Xa que se parte dun nivel C2, se algún alumno ou alumna considerar que non o ten, pode acadalo por medios alleos á docencia desta materia. 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000