Actividade práctica orientada na aula polo docente. Aínda que o alumnado poderá traballar de forma autónoma na materia, nestes traballos de aula serán propostas certas actividades que se desenvolverán coa colaboración do alumnado e o docente.
Traballos tutelados
O alumnado presentará individualmente dous traballos propostos. Avaliaranse os resultados e a calidade lingüística da redacción.
Sesión maxistral
Actividade teórica. Consiste na exposición dos contidos da materia co obxectivo de comunicar coñecementos. As explicacións estarán ordenadas e ben estruturadas e contarán con exemplos que aseguren a comprensión dos contidos.
Universidade de Vigo
|
Reitoría |
Campus Universitario |
C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) |
España |
Tlf: +34 986 812 000