Guia docente 2023_24
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Antropoloxía: Antropoloxía das prácticas de tradución e interpretación
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2023_24
Materia Antropoloxía: Antropoloxía das prácticas de tradución e interpretación Código V01G230V01209
Titulación
Grao en Tradución e Interpretación
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
6 FB 1 2c
Lingua de impartición
Castelán
Francés
Galego
Inglés
Prerrequisitos
Departamento
Coordinador/a
Fernández Ocampo, Anxo
Correo-e valquente@gmail.com
Profesorado
Álvarez Lugrís, Alberto
Fernández Ocampo, Anxo
Web
Descrición xeral O alumnado cursa esta materia en dous módulos diferentes.
Nun deles, chamado módulo común, abórdase o estudo das prácticas de tradución e interpretación de
maneira transversal, dende supostos antropolóxicos e mediante a observación e reprodución de fenómenos
reais. Este módulo introduce a unha antropoloxía da persoa mediadora, tradutora e intérprete, e tamén aos
modos de construción das relacións entre grupos humanos mediante procesos de transferencia e tradución.
No outro módulo, chamado módulo combinado, cada estudante estará nun grupo que corresponda co seu
idioma I, para o cal se recomenda ter unha competencia de nivel C1.1 do MCER. Proporanse nel sesións
participativas nas que se responderá a encargas de tradución e de interpretación para experimentar
estratexias, reflexionarase sobre as normas actuais da profesión e aplicaranse nocións teóricas de TI a
contextos reais. O alumnado afianzará o seu manexo das ferramentas informáticas para abordar os aspectos
esenciais dos procesos de tradución e da xestión de proxectos, como son a análise textual, as
correspondencias entre idioma I e lingua A, a ortotipografía, o emprego de dicionarios e fontes documentais
etc. Non é preciso que as traducións ou as interpretacións realizadas polo alumnado acaden a calidade final
esixida nos niveis superiores do grao de tradución e interpretación.
No seu conxunto, a materia trata de ofrecer un panorama da profesión e do rol dos seus protagonistas,
situando o ser humano no centro da actividade e do estudo da disciplina. Considérase ademais que o tema
de estudo non só é o texto traducido, escrito ou oral, senón calquera outro obxecto cuxa función dependa
dun suposto de transferencia. Téntase familiarizar o alumnado co ámbito profesional, orientando
circunstancias da súa vida persoal cara a aprendizaxe dese universo, dando a coñecer o valor do tempo de
traballo, comprendendo a necesaria relación entre profesional e erro, evitando os principais erros
metodolóxicos nos procesos de tradución, predispoñendo a recoñecer mercados e oportunidades de traballo
e comprendendo o funcionamento das cadeas de actores mediadores nesas actividades.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000