Educational guide 2015_16
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Antropoloxía: Antropoloxía das prácticas de tradución e interpretación
   Recomendacións


 
Outros comentarios
Cada estudante seguirá a docencia desta materia dentro de dous grupos diferentes: un grupo chamado común, composto por persoas matriculadas sen distinción por combinación lingüística, e un grupo chamado combinado, composto por persoas que comparten un mesmo idioma de traballo. Para comezar a cursar esta materia os alumnos e alumnas deberán posuír certos coñecementos e destrezas previos que se consideran ferramentas básicas de traballo: - dominio das normas cultas das linguas de traballo e corrección na expresión oral e escrita - lectura comprensiva de textos (detección de dobres sentidos, intencionalidades ocultas, ironía, manipulación ideolóxica, etc. ) escritos nas linguas de traballo - coñecementos básicos de ofimática, comunicación electrónica e internet: procesador de textos, correo electrónico, navegadores, dicionarios e enciclopedias electrónicos, correctores ortográficos, etc. - uso eficiente dos fondos das bibliotecas, fontes de documentación e dicionarios Para conseguir estes prerrequisitos proponse o seguinte plano de traballo que o alumno debería desenvolver antes de comeza-lo período de docencia ou durante as 4 primeiras semanas do cuadrimestre: - estudo das normas ortográficas e morfolóxicas das linguas de traballo (véxase apartado de bibliografía) - exercicios de lectura de todo tipo de textos escritos nas linguas de traballo - traballo práctico co ordenador para familiarizarse co seu manexo, cos distintos programas e cos diferentes formatos textuais - sesións de traballo práctico na rede: busca e consulta de fontes de documentación (dicionarios, enciclopedias), xestión de contas de correo electrónico, envío de arquivos etc. - asistencia ós cursos de formación ofrecidos pola Bibiblioteca xeral e pola biblioteca da facultade
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000