Para podérense acoller á avaliación continua os alumnos deberán asisitir a un mínimo do 80% das clases e realizar polo menos o 80% das actividades propostas. No caso de non optar pola avaliación contínua, os alumnos farán un exame final na derradeira sesión de clase do cuadrimestre: 24 de abril para os grupos combinados e 23 de abril para os grupos comúns. Haberá que realizar obrigatoriamente as dúas partes. Na convocatoria de xullo os alumnos farán un exame final na data fixada pola facultade. O exame constará dunha parte teórica (50%) e outra práctica (50%). Haberá que realizar obrigatoriamente as dúas partes. A presencialidade enténdese dentro e fóra das aulas. A avaliación das actividades de carácter non presencial concirne principalmente a participación nos foros de discusión, ó longo dos cales o estudantado deberá entregar, dentro dos prazos acordados, comentarios sobre os temas dos contidos, así como informes de lectura de documentos previamente propostos. A avaliación destes traballos farase consonte os criterios de corrección e adecuación aos contidos do curso que se empregarán na avaliación das actividades presenciais. A avaliación contínua da parte común (grupos A) farase atendendo ó seguinte calendario: 1. Proba 1 sobre as unidades 1, 2 e 3, que consiste nun traballo. O enunciado darase o 21 de marzo, con prazo de entrega o 28 de marzo. O 4 de abril comentaras en clase esta proba. 2. Proba 2 sobre as unidades 4, 5, 6 e 7, que consiste nun traballo. O enunciado darase via faitic o 22 de abril, con prazo de entrega o 2 de maio. A avaliación contínua da parte combinada (Grupos C) incluirá un exame que se celebrará o derradeiro día de clase do cuadrimestre (24 de abril). No que atinxe ás segundas convocatorias e seguintes, o protocolo de proba será o mesmo, polo que as convocatorias se resolverán de idéntica maneira. |