Guia docente 2012_13
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Antropoloxía: Antropoloxía das prácticas de tradución e interpretación
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Sesión maxistral Dado que nas sesións maxistrais se lles ofrecerán ós alumnos e alumnas os conceptos e as ferramentas de traballo básicos, a avaliación destes contidos farase tanto a través dos exames escritos como dos outros tipos de probas contemplados nesta guía como, por exemplo, comentarios de artigos previamente seleccionados. No caso dos comentarios de artigos, estes redactaranse en función de normas que se explicarán en sesión maxistral. A bibliografía obrigatoria estará dispoñible na plataforma de ensino a distancia ó comezo do semestre. A bibliografía poderá estar en varias linguas, aínda que se procurará garantir a igualdade de oportunidades de acceso ós contidos entre idiomas I. 20
Resolución de problemas e/ou exercicios Presentaránselles ós estudantes diferentes tipos de exercicios que fagan referencia ós contidos desenvolvidos nos temas. Poderán ser exercicios de tradución, pero tamén outros como: emisión de facturas, redacción de encargas, elaboración de informes, análise de traducións e doutros tipos de textos, etc. 25
Foros de discusión A participación nos foros de discusión ten carácter obrigatorio. Preténdese que cada estudante reflexione e participe con intervencións no intercambio de interpretacións sobre o tema de aprendizaxe, e que participe neles dentro dos prazos sinalados. 15
Informes/memorias de prácticas Cada estudante terá que participar como observador ou observadora de prácticas de transferencia de obxectos ou textos que acontezan arredor del ou dela, identificando o carácter tradutivo ou interpretativo desas prácticas. O traballo de campo non deberá exceder de media xornada, e os seus resultados serán consignados e redactados nun diario de campo, segundo instrucións e formato previamente fixados. Para a avaliación continua, será obrigatorio entregar o diario dentro do prazo fixado. 10
Estudo de casos/análise de situacións No estudo de casos presentaránselles ós estudantes simulacros de situacións reais nas que terán que analizar as circunstancias concretas e tomar decisións ou analizar as decisións tomadas por outros. Tamén se lle poderá solicitar ao alumnado que adapte a simulación presentada nas aulas a unha determinada práctica da tradución.
Na avaliación terase en conta non só o resultado do estudo senón tamén a metodoloxía e os criterios de análise empregados.
15
Traballos e proxectos Os alumnos poderán elixir un tema de traballo co cal demostrar que entenderon, asimilaron e saben empregar os conceptos e ferramentas presentados ó longo do curso. É dicir, terán que demostrar (dunha forma máis autónoma ca noutras actividades) que adquiriron e dominan as competencias da materia. 15
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para podérense acoller á avaliación continua os alumnos deberán asisitir a un mínimo do 80% das clases e realizar polo menos o 80% das actividades propostas.
No caso de non optar pola avaliación contínua, os alumnos farán un exame final nunha das últimas sesións de clase do cuadrimestre. A data anunciarase con tempo abondo na páxina web da materia en TEMA. O exame constará dunha parte teórica (50%) e outra práctica (50%). Haberá que realizar obrigatoriamente as dúas partes.
Na convocatoria de xullo os alumnos farán un exame final na data fixada pola facultade. O exame constará dunha parte teórica (50%) e outra práctica (50%). Haberá que realizar obrigatoriamente as dúas partes.

A presencialidade enténdese dentro e fóra das aulas (caso, por exemplo, das saídas de estudo). A avaliación das actividades de carácter non presencial concirne principalmente a participación nos foros de discusión, ó longo dos cales o estudantado deberá entregar, dentro dos prazos acordados, comentarios sobre os temas dos contidos, así como informes de lectura de documentos previamente propostos. A avaliación destes traballos farase consonte os criterios de corrección e adecuación aos contidos do curso que se empregarán na avaliación das actividades presenciais.

O alumnado que non opte pola avaliación continua, propia do seguimento presencial ao longo do semestre, deberá presentarse ó exame da convocatoria oficial. O exame constará de dúas partes. Será preciso aprobar cada unha desas partes para superar o exame. A nota final será o resultado da media positiva da suma de cada unha das partes. Unha das partes concirne o temario do grupo común, e a outra parte concirne o temario do grupo combinado. Nas dúas partes pediráselle ó alumnado que desenvolva os contidos da materia atendendo os enunciados da proba. Ademais de responder a preguntas de contido teórico, o alumnado deberá traducir textos da súa combinación lingüística, amosando a súa capacidade para cumprir os obxectivos de aprendizaxe previamente marcados.

No que atinxe ás segundas convocatorias e seguintes, o protocolo de proba será o mesmo, polo que as convocatorias se resolverán de idéntica maneira.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000