Guia docente 2017_18
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Idioma moderno: Idioma 2, II: Portugués
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Probas de resposta curta Proba de contido especificamente gramatical e léxico. 15 A2
A3
A4
A5
C15
C16
C17
C21
C22
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Proba en que a/o estudante demostrará a súa capacidade de comprensión dun texto escrito e/ou oral en lingua portuguesa, a súa capacidade de argumentar, así como a súa competencia escrita e/ou oral en lingua portuguesa. 50 A1
A2
A3
A4
A5
C14
C15
C16
C17
C18
C19
C20
C21
C22
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Proba oral, presentación de traballos, etc. 35 A1
A2
A3
A4
A5
C14
C15
C16
C17
C18
C19
C20
C21
C22
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumnado debe elixir, de forma obrigatoria, nas dúas primeiras
semanas do cuadrimestre entre dúas opcións: un sistema de avaliación continua ou un sistema de avaliación
única. É recomendable elixir o primeiro, continua, xa que se trata do ensino dunha lingua estranxeira e
é necesario asistir con regularidade ás clases. Quen non teña a
posibilidade de asisitir ás clases e ás actividades da materia
coa frecuencia necesaria, debe comunicalo ao profesor. A non
realización das probas ou exercicios parciais, previstos polo
sistema de avaliación contínua, supón o suspenso cunha nota de 0
(cero) puntos na mesma.


Primeira edición das actas:
A
data do último exame de avaliación continua coincidirá coa data
do exame; avaliación única; indicada no calendario oficial da FFT. A data do exame oral será acordada co profesor ao longo do
período de exames. A proba oral deberá ser gravada en forma de audio
coa debida autorización do
alumno. É necesario aprobar ambas as probas (escrita e oral) para aprobar
na materia e, ao suspender unha delas, é necesario recuperar
ambas as probas na convocatoria de xullo. A avaliación
única consiste nun exame escrito, realizado en dátaa indicada no
calendario oficial da FFT, seguido doutro exame oral que será
realizado no mesmo día nunha aula continua. A avaliación única será
valorada da seguinte maneira: 
1. Exame escrito teórico-práctico: 75% da nota final. 
2. Exame oral: 25% da nota final. A proba oral deberá ser gravada en forma de audio coa debida autorización do
alumnado. Faltar sen xustificación a un destes exames, supón o suspenso cunha cualificación de 0 (cero) puntos no mesmo. É
necesario aprobar ambos os exames (escrito e oral) para poder aprobar a
materia. No caso de que se suspenda un dos exames, o
alumno/a deberá repetir as dúas partes (escrita e oral) na
convocatoria de xullo.

Segunda edición de actas:

Os mesmos criterios de avaliación serán aplicados na segunda edición das actas (xullo). A data do exame coincidirá
coa data destacada no calendario oficial da FFT. 

Consideracións xerais
A copia
ou plaxio nos respectivos exames de avaliación continua ou única
será penalizado cun suspenso (0 puntos) nas mesmas. Recoméndase
a asistencia regular ás clases e ás titorias, así como
a consulta regular de materiais e información específica na
plataforma Faitic.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000