As/Os estudantes deberán escoller no principio do curso entre dúas opcións: un sistema de avaliación continua (cf. supra) ou un sistema de avaliación única. Recoméndase optar polo primeiro. Dado o carácter da materia, é moi recomendábel asistir con regularidade ás aulas. É recomendable consultar regularmente os espazos virtuais da materia na plataforma TEMA (http://faitic.uvigo.es). Quen incumpra as condicións esixidas para a avaliación continua ou quen opte de forma directa pola avaliación única será avaliada/o ao final do primeiro período ou, para quen non supere a primeira convocatoria, na segunda edición das actas (convocatoria de xullo), da seguinte forma: 1. Cunha proba escrita teórico-práctica (contando 75% da nota final –teoría: 25%; práctica: 50%–); e 2. Cunha proba de expresión oral (contando 25% da nota final), que será gravada. A convocatoria das probas de expresión oral deberá acordarse co profesorado coa antelación necesaria, sendo responsabilidade do alumnado contactar co profesorado. A non presentación á proba de expresión oral suporá a obtención dunha cualificación de 0 (cero) puntos na mesma. En todo caso, recoméndase a asistencia ás aulas e ás titorías e consultar regularmente os espazos virtuais da materia na plataforma TEMA (http://faitic.uvigo.es), mesmo que non se siga o sistema de avaliación continua. |