Guia docente 2013_14
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Idioma moderno: Idioma 2, II: Portugués
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Resolución de problemas e/ou exercicios
Exercícios orais e escritos breves, a serem realizados durantre as aulas.
20
Traballos de aula Realização / apresentação de trabalhos vários, individuais e/ou em grupos, sobre temas gramaticais diversos a partir de textos de cultura lusófona. 30
Probas de resposta curta 1 prova escrita sobre conteúdo de civilização lusófona. 10
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Prova escrita 10
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Diferentes exercícios práticos (escritos ou orais) a realizar durante as aulas. 30
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

As/Os estudantes deberán escoller no principio do curso entre dúas opcións: un sistema de avaliación continua (cf. supra) ou
un sistema de avaliación única. Recoméndase optar polo primeiro.

É condición obrigatoria para ser avaliada/o de forma continua a asistencia a un 80% das aulas, a non ser que haxa motivos
xustificados para unha asistencia lixeiramente inferior, que deberán ser comunicados ao profesorado o antes posible.

Para superar a avaliación continua é preciso superar ambas as probas (escrita e oral) para aprobar a materia. Copia ou plaxio nos respectivos exames será penalizado cun suspenso (nota numérica: 0) nas mesmas.

É recomendable consultar regularmente os espazos virtuais da materia na plataforma TEMA (http://faitic.uvigo.es) e no
BLOG asociado (http://estudoslusofonos.blogspot.com/).

Quen opte de forma directa pola avaliación única (non recomendado) será avaliada/o ao final do primeiro período, na
primeira edición das actas (maio/xuño), da seguinte forma:

1. Cunha proba escrita teórico-práctica (contando 75% da nota final –teoría: 25%; práctica: 50%–);

e

2. Cunha proba de expresión oral (contando 25% da nota final) que será gravada. A convocatoria das probas de expresión
oral deberá acordarse co profesorado coa antelación necesaria (mínimo 2 semanas antes da introdución das notas en
xescampus), sendo responsabilidade do alumnado contactar co profesorado. A non presentación á proba de expresión oral
suporá a obtención dunha calificación de 0 (cero) puntos na mesma.

Os mesmos criterios de avaliación aplicaranse na segunda edición das actas (xullo).

Para superar a avaliación única é preciso superar ambas as probas (escrita e oral) para aprobar a materia. Copia ou plaxio nos respectivos exames será penalizado cun suspenso (nota numérica: 0) nas mesmas.

En todo caso, recoméndase a asistencia ás aulas e ás titorías e consultar regularmente os espazos virtuais da materia na
plataforma TEMA (http://faitic.uvigo.es) e no BLOG asociado (http://estudoslusofonos.blogspot.com/), mesmo que non se siga
o sistema de avaliación continua.

** A avaliação final será aplicada na última sessão de aula, 30/04/2014, podendo haver mudança desta data.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000