As/Os estudantes deberán escoller no principio do curso entre dúas opcións: un sistema de avaliación continua (cf. supra) ou un sistema de avaliación única. Recoméndase optar polo primeiro.
É condición obrigatoria para ser avaliada/o de forma continua a asistencia a un 80% das aulas, a non ser que haxa motivos xustificados para unha asistencia lixeiramente inferior, que deberán ser comunicados ao profesorado o antes posible.
Para superar a avaliación continua é preciso superar ambas as probas (escrita e oral) para aprobar a materia. Copia ou plaxio nos respectivos exames será penalizado cun suspenso (nota numérica: 0) nas mesmas.
É recomendable consultar regularmente os espazos virtuais da materia na plataforma TEMA (http://faitic.uvigo.es) e no BLOG asociado (http://estudoslusofonos.blogspot.com/).
Quen opte de forma directa pola avaliación única (non recomendado) será avaliada/o ao final do primeiro período, na primeira edición das actas (maio/xuño), da seguinte forma:
1. Cunha proba escrita teórico-práctica (contando 75% da nota final –teoría: 25%; práctica: 50%–);
e
2. Cunha proba de expresión oral (contando 25% da nota final) que será gravada. A convocatoria das probas de expresión oral deberá acordarse co profesorado coa antelación necesaria (mínimo 2 semanas antes da introdución das notas en xescampus), sendo responsabilidade do alumnado contactar co profesorado. A non presentación á proba de expresión oral suporá a obtención dunha calificación de 0 (cero) puntos na mesma.
Os mesmos criterios de avaliación aplicaranse na segunda edición das actas (xullo).
Para superar a avaliación única é preciso superar ambas as probas (escrita e oral) para aprobar a materia. Copia ou plaxio nos respectivos exames será penalizado cun suspenso (nota numérica: 0) nas mesmas.
En todo caso, recoméndase a asistencia ás aulas e ás titorías e consultar regularmente os espazos virtuais da materia na plataforma TEMA (http://faitic.uvigo.es) e no BLOG asociado (http://estudoslusofonos.blogspot.com/), mesmo que non se siga o sistema de avaliación continua. |