Educational guide 2015_16
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Idioma moderno: Idioma 2, II: Alemán
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas e/ou exercicios Valoración contínua das prácticas gramaticais, léxicas e tradutolóxicas 10 C18
D15
D23
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma Valoración global das actividades de repaso 15 C18
D15
D23
Probas de resposta curta Exame escrito de contido léxico e gramatical 75 C18
C24
D15
D23
 
Outros comentarios sobre a Avaliación



A avaliación e conseguinte cualificación
do traballo do alumnado levarase a cabo cun procedemento de avaliación continua
de acordo coas porcentaxes descritas máis arriba.



O alumnado que non se acolla ao sistema de
avaliación continua e escolla avaliación única deberá realizar un exame escrito
ó final do cuadrimestre sobre os contidos da materia e máis outro oral para
superala. O primeiro cun valor do 80% e o segundo cun valor do 20% da nota.



O exame final
escrito realizarase para todo o alumnado a derradeira semana de clase.



Tanto no caso da
avaliación continua, como da avaliación única, a nota do exame escrito non
deberá ser inferior a 4 para superar a materia.



O alumnado Erasmus que desexe facer esta
materia deberá acreditar un nivel B1 de español; cursarala con os mesmos
dereitos e obrigas que calquera outro estudiante.



SEGUNDA EDICIÓN
DE ACTAS (XULLO): Exame teórico-práctico escrito dos contidos do curso polo
100% da cualificación. Para o alumnado que durante o curso se acolleu á
avaliación única este exame ten un valor do 80% da nota; este alumnado terá que
facer tamén unha proba oral polo 20% da cualificación para superar a materia. A
nota do exame escrito non deberá ser inferior a 4 para superar a materia. A
proba oral realizarase nunha data concertada co profesorado.



Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000