Educational guide 2014_15
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Idioma moderno: Idioma 2, II: Alemán
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Resolución de problemas e/ou exercicios Valoración contínua das prácticas gramaticais, léxicas e tradutolóxicas 10
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma Valoración global das actividades de repaso 15
Probas de resposta curta Exame escrito de contido léxico, gramatical e tradutolóxico 75
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O sistema de avaliación
continua implica a asistencia regular e a participación activa do
alumnado no desenvolvemento das clases maxistrais, así como nos traballos
de aula e nos tutelados, o que computa un 25% da nota final. Non se obterá
puntuación por este concepto cando a asistencia fose inferior a un 80%
do total das horas de clase. Informarase á profesora de calquera
incidencia en relación coa non asistencia ás clases. O 75% da nota
restante obtense coa superación dun exame escrito.

Obterase a
avaliación positiva, sempre que á hora de realizar o exame final, que levará
a cabo na última semana do curso, o alumnado entregase
, en prazo, todos os exercicios que se haxan ido esixindo ao longo do
cuadrimestre e respondese positivamente ás tarefas realizadas na
aula.

O alumnado que non se acolla
á avaliación continua ou decida renunciar a ela, pasadas dúas semanas
do inicio das clases, deberá renunciar por escrito á avaliación
continua, o que implicará, que para poder superar a materia, deberá entregar
diferentes exercicios e tarefas, que serán pautados de forma sistemática pola
profesora e publicados en Faitic, unha semana antes da data oficial do
exame, sendo este requisito indispensable para poder presentarse ao exame
final. A entrega destes exercicios computa un 20%.

Os alumnos repetidores que non se acollan á avaliación continua deberán renunciar por escrito dentro do prazo estipulado.

CONVOCATORIA
EXTRAORDINARIA

Exame teórico-práctico dos contidos do curso (100%).


Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000