Guia docente 2016_17
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Idioma moderno: Idioma 2, II: Inglés
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Presentacións/exposicións Expresións orais e/ou presentación orais de forma individual para reforzar as destrezas comunicativas de expresión. 30 A4
C4
C18
C24
D9
D14
D15
D22
D23
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Probas da destreza de comprensión oral (Listening). 30 A1
A2
A4
C18
C24
C27
D9
D15
D17
D23
Probas de resposta curta 1. Probas puntuais sobre a materia asignada, conceptos teóricos e a súa aplicación.
2. Resolución de exercicios prácticos de resposta curta (fill in the gaps, transformation, cloze, multiple choice, etc.) relacionados coas destrezas lingüísticas (Use of English).
20 A2
C4
C18
D9
D22
D23
Outras O alumnado deberá ler una obra curtas (título indicado nesta guía docente) que será avaliada mediante probas orais e/ou escritas.
Probas prácticas de comprensión escrita (Reading), e dos artígos (os títulos indicaranse no día da presentación da materia en clase).
Probas prácticas de execución das tarefas relacionadas coa destreza de expresión escrita (Writing).
20 A4
C4
C18
C24
C27
D15
D17
D23
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Consideracións xerais:

A cualificación final da materia calcularase tendo en conta todas as destrezas traballadas ao longo do cuadrimestre, tendo cada unha delas o mesmo peso na cualificación final:

Listening: 30%;

Speaking: 30%;

Reading (4 artígos e libro de lectura obrigatoria: 10%; comprensión lectora dun texto: 10%): 20%;

Writing: 20%

Todos que terán un peso específico do 80% da nota obtida.



Por outra banda, a resolución de exercicios prácticos relacionados cos contidos gramaticais e léxicos e as destrezas comunicativas e aplicación dos contidos lingüísticos (use of English) computarán un 20% da nota obtida.

De este xeito, a suma das dúas partes (teoría e práctica) sumarán 100%. As obras de lectura obrigatoria (set book e catro artígos) será avaliada mediante probras orais e escritas nas dúas edicións de actas (maio e xullo), independientemente do sistema de avaliación (continua ou única) polo que se opte.

Para superar a materia será imprescindible acadar unha cualificación mínima de 5 puntos como nota global, sendo 5 puntos a puntuación mínima requirida en cada unha das destrezas. O alumnado que na primeira edición de actas obteña una cualificación de suspenso nalgunha(s) das destrezas deberán repetir a(s) parte(s) correspondentes a tal(es) destrezas no exame de xullo do 2017 para poder aprobar a totalidade da materia.

Non se contempla o exame único do mes de maio como exame de recuperación para aprobar a(s) parte(s) da(s) destreza(s) suspensa(s) na avaliación continua. De non superalas en xullo 2017, o/a alumno/a deberá examinarse da totalidade da materia en cursos académicos posteriores. Polo tanto, as partes superadas carecerán de validez para datas e cursos posteriores ao 2016-2017.

O plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou actividade suporá un suspenso automático na materia. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá ao alumnado da súa responsabilidade neste aspecto.

Non se permite a utilización de dicionarios, apuntamentos e dispositivos electrónicos (teléfonos móbiles, tablets, ordenadores, etc.) durante a realización dos exames.



1ª Edición de actas (maio 2017).


Existen dous sistemas de avaliación (continua e única) para superar a materia nesta primeira oportunidade e participar nun deles implica a imposibilidade de participar no outro.

a) Avaliación continua.


O alumnado entregará unha ficha cos seus datos de contacto e fotografía durante as tres primeiras semanas do cuadrimestre. De igual maneira, será imprescindible a súa participación nas diferentes probas que se vaian realizando ao longo do cuadrimestre, así como a entrega das actividades que corresponda nas datas sinaladas. As probas nas que non se participe ou as actividades non entregadas no prazo estipulado computarán como 0. A avaliación, tanto continua coma única, terá en conta non só pertinencia e calidade do contido das respostas, senón tamén a sua corrección lingüística.

O alumnado para poder optar á avaliación continua deberá tener polo menos cuatro calificacións de expresión oral (speaking) sobre os artigos (2 participacions) e libro de lectura obrigatoria (2 participacións) durante o curso.

A cualificación final daquelas/es alumnas/os que se acollan ao sistema de avaliación continua computarase tendo en conta as seguintes datas e probas a realizar:

Semana 2 a 10 (horas de docencia): proba de "Speaking" e "Reading" do libro de lectura obrigatoria e catro artígos. Asignarase a cada alumno/a a data específica por preferencia ou sorteo. As intervencións estarán espaciadas a medida en que se avance nas lecturas obrigatorias.


Semana 7: proba de "Writing". Entrega da primeira redacción.

Semana 11: proba de "Listening" e "Reading" comprehension dun texto, dos catro artigos e libro de lectura obrigatoria.

Semana 12: proba de "Writing" (entrega da segunda redacción) e "Use of English".


b) Avaliación única (maio 2017).

A avaliación final do segundo cuadrimestre se desenvolverá na data oficial aprobada pola Xunta da Facultade de Filoloxía e Tradución e deberá ser consultada polo alumnado na páxina web da Facultade.

A cualificación final do alumnado que se acolla a este sistema de avaliación única computarase en base ás cualificacións obtidas nas proba final. A proba constará las partes necesarias para avaliar todas as destrezas: Listening: 30%; Speaking: 30%; Reading (4 artígos e libro de lectura obrigatoria: 10%; comprensión lectora dun texto: 10%): 20%; Writing: 20%. Todos que terán un peso específico do 80% da nota obtida. Por outra banda, a resolución de exercicios prácticos relacionados cos contidos gramaticais e léxicos e as destrezas comunicativas e aplicación dos contidos lingüísticos (Use of English) computarán un 20% da nota obtida.

No se contempla o exame único do mes de maio como exame de recuperación para aprobar a(s) parte(s) da(s) destreza(s) suspensa(s) na avaliación continua.




2ª Edición de actas (xullo 2017).

O exame que o centro fixe oficialmente para o mes de xullo constará das partes necesarias para avaliar todas as destrezas (Reading, Listening, Writing, Speaking e Use of English). O peso de cada unha das destrezas na cualificación final será o mesmo que na 1ª edición de actas e, de igual maneira, para superar a materia será imprescindible acadar unha cualificación mínima de 5 puntos como nota global, sendo 5 puntos a puntuación mínima requirida en cada unha das destrezas.


É responsabilidade do alumnado consultar os materiais e as novidades a través da plataforma FAITIC e de estar ao tanto das datas na que as probas de avaliación teñen lugar.

Os mesmos criterios, aquí descritos, tamén se aplicarán ao alumnado alleo. En caso de non poder acceder á plataforma FAITIC, o alumnado alleo deberá contactar cos docentes para liquidar este impedimento.     

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000