Guia docente 2015_16
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Idioma moderno: Idioma 2, II: Inglés
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Presentacións/exposicións Expresións orais e/ou presentación orais de forma individual para reforzar as destrezas comunicativas de expresión. 30 A4
C4
C18
C24
D9
D14
D15
D22
D23
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Probas da destreza de comprensión oral (Listening). 30 A1
A2
A4
C18
C24
C27
D9
D15
D17
D23
Probas de resposta curta 1. Probas puntuais sobre a materia asignada, conceptos teóricos e a súa aplicación.
2. Resolución de exercicios prácticos de resposta curta (fill in the gaps, transformation, cloze, multiple choice, etc.) relacionados coas destrezas lingüísticas (Use of English).
20 A2
C4
C18
D9
D22
D23
Outras O alumnado deberá ler una obra curtas (título indicado nesta guía docente) que será avaliada mediante probas orais e/ou escritas.
Probas prácticas de comprensión escrita (Reading), e dos artígos (os títulos indicaranse no día da presentación da materia en clase).
Probas prácticas de execución das tarefas relacionadas coa destreza de expresión escrita (Writing).
20 A4
C4
C18
C24
C27
D15
D17
D23
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Consideracións xerais

A cualificación final da materia calcularase tendo en conta todas as destrezas traballadas ao longo do cuadrimestre, tendo cada unha delas o mesmo peso na cualificación final (Listening : 30%; Speaking: 30%; Reading (artígos y setbook): 20%; Writing: 20% que terán un peso específico do 80% da nota obtida. Por outra banda, a resolución de exercicios prácticos relacionados cos contidos gramaticais e léxicos e as destrezas comunicativas e aplicación dos contidos lingüísticos (Use of English) computarán un 20% da nota obtida.

De este xeito, a suma das dúas partes (teoría e práctica) sumarán 100%. A obra de lectura obrigatoria (setbook) será avaliada mediante probras orais e/ou escritas nas dúas edicións de actas (maio e xullo), independientemente do sistema de avaliación (continua ou única) polo que se opte.

Para superar a materia será imprescindible acadar unha cualificación mínima de 5 puntos como nota global, sendo 4 puntos a puntuación mínima requirida en cada unha das destrezas. Aquelas/es alumnas/os que na primeira edición de actas obteñan una cualificación de suspenso nalgunha(s) das destrezas deberán repetir a(s) parte(s) correspondentes a tal(es) destrezas no exame de xullo do 2016 para poder aprobar a totalidade da materia. De non superalas en xullo 2016, o alumno deberá examinarse da totalidade da materia en cursos académicos posteriores. Polo tanto, as partes superadas carecerán de validez para datas e cursos posteriores ao 2015-2016.

O plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou actividade suporá un suspenso automático na materia. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá ao alumnado da súa responsabilidade neste aspecto. Non se permite a utilización de dicionarios, apuntamentos e dispositivos electrónicos (teléfonos móbiles, tablets, ordenadores, etc.) durante a realización dos exames.

1ª Edición de actas (maio 2016)

Existen dous sistemas de avaliación (continua e única) para superar a materia nesta primeira oportunidade e participar nun deles implica a imposibilidade de participar no outro.

a) Avaliación continua
O alumnado entregará unha ficha cos seus datos de contacto e fotografía durante as tres primeiras semanas do cuadrimestre. De igual maneira, será imprescindible a súa participación nas diferentes probas que se vaian realizando ao longo do cuadrimestre, así como a entrega das actividades que corresponda nas datas sinaladas. As probas nas que non se participe ou as actividades non entregadas no prazo estipulado computarán como 0.

A cualificación final daquelas/es alumnas/os que se acollan ao sistema de avaliación continua computarase tendo en conta:

- Datas e probas a realizar:

  • Semana 12 (25 - 29 de abril 2016): proba de Speaking e Reading do setbook e artígos. (asignarase a cada alumno/a a data específica por preferencia ou sorteo)
  • Semana 13 (2 - 6 de maio 2016): proba de Listening e Reading
  • Semana 13 (2 - 6 de maio 2016): proba de Writing e Use of English

b) Avaliación única
A cualificación final do alumnado que se acolla a este sistema de avaliación única ou teñan destrezas non superadas computarase en base ás cualificacións obtidas nas probas finais, que terán lugar nas seguintes datas:

  • Semana 14 (9 - 13 de maio 2016): proba de Writing, Use of English
  • Semana 14 (9 - 13 de maio 2016): proba de Listening, Speaking e Reading
  • 2ª Edición de actas (xullo 2016)

    O exame que o centro fixe oficialmente para o mes de xullo constará das partes necesarias para avaliar todas as destrezas (Reading, Listening, Writing, Speaking e Use of English). O peso de cada unha das destrezas na cualificación final será o mesmo que na 1ª edición de actas e, de igual maneira, para superar a materia será imprescindible acadar unha cualificación mínima de 5 puntos como nota global, sendo 4 puntos a puntuación mínima requirida en cada unha das destrezas.

    Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000