Guia docente 2023_24
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Idioma moderno: Idioma 2, II: Inglés
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Presentación da materia e orientación xeral sobre a mesma. Explicación detallada do proceso de avaliación que se seguirá na materia. Diagnóstico inicial para detectar os coñecementos previos do alumnado e descubrir os seus intereses e motivacións.
Lección maxistral Presentación e explicación dos contidos da materia relacionados coa destreza 'Use of English: Grammar and Vocabulary'.
Resolución de problemas Análise e resolución de exercicios prácticos relacionados cos contidos e as destrezas comunicativas de forma autónoma dentro e fóra da aula como tarefas de casa, especialmente para a destreza comunicativa de 'Writing'.
Resolución de problemas de forma autónoma Actividades nas que se formulan problemas e/ou exercicios relacionados coa materia. O alumno debe desenvolver a análise e resolución dos problemas e/ou exercicios de forma autónoma dentro ou fóra da aula.
Seminario Revisión conxunta, por parte de alumnado e profesorado, do desenvolvemento de actividades da materia e do proceso de aprendizaxe.
Traballo tutelado Elaboración e edición de traballos escritos tutelados na aula sobre a destreza comunicativa de 'Writing'.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000