Guia docente 2017_18
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Idioma moderno: Idioma 1, II: Inglés
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas Proba sobre todos os contidos lingüísticos e comunicativos (Use of English). 40 A1
A2
A4
C18
C24
C27
D2
D4
D6
D15
D22
D23
Probas de resposta curta Avaliación da destreza de "Reading" por medio de exercicios de resposta curta do libro de lectura obrigatoria (set book) e dos 4 artigos.
Probas prácticas de execución de tarefas baseadas en materiais reais ou adaptados e relacionadas coas destrezas de comprensión escrita.
30 C1
C2
C4
C24
C27
C30
D9
D15
D23
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Avaliación da destreza de "Writing" mediante a elaboración de 4 traballos escritos (informal letter, report, review and essay) realizados de forma autónoma polo alumnado. 30 A4
C1
C2
C4
C8
C13
C18
C24
D6
D15
D22
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Consideracións xerais



A cualificación final da materia calcularase tendo en conta todas as destrezas traballadas ao longo do cuadrimestre, tendo cada unha delas o mesmo peso na cualificación final:
- Reading (artigos e libro de lectura obrigatoria; comprensión lectora de textos reais ou adaptados): 30%.
- Writing: 30%.
- Os contidos gramaticais, as destrezas comunicativas e aplicación dos contidos lingüísticos (Use of English): 40%.
De este xeito, a suma das tres partes sumarán 100%.



As obras de lectura obrigatoria (set book e catro artigos) será avaliada mediante probas escritas nas dúas edicións de actas (maio e xullo), independentemente do sistema de avaliación (continua ou única) polo que se opte.

Para superar a materia será imprescindible acadar unha cualificación mínima de 5 puntos como nota global, sendo 5 puntos a puntuación mínima requirida en cada unha das destrezas. O alumnado que na primeira edición de actas obteña una cualificación de suspenso nalgunha(s) das destrezas deberán repetir a(s) parte(s) correspondentes a tal(es) destrezas no exame de xullo do 2018 para poder aprobar a totalidade da materia. De non superalas en xullo 2018, o/a alumno/a deberá examinarse da totalidade da materia en cursos académicos posteriores. Polo tanto, as partes superadas carecerán de validez para datas e cursos posteriores ao 2017-2018.

a)

1ª Edición de actas (maio 2018).


Existen dous sistemas de avaliación (continua e única) para superar a materia nesta primeira oportunidade e participar nun deles implica a imposibilidade de participar no outro.



a.1) Avaliación continua.

O alumnado entregará unha ficha cos seus datos de contacto e fotografía durante as tres primeiras semanas do cuadrimestre. De igual maneira, será imprescindible a súa participación nas diferentes probas que se vaian realizando ao longo do cuadrimestre, así como a entrega das actividades que corresponda nas datas sinaladas. As probas nas que non se participe ou as actividades non entregadas no prazo estipulado computarán como 0. A avaliación, tanto continua coma única, terá en conta non só pertinencia e calidade do contido das respostas, senón tamén a súa corrección lingüística.



O alumnado para poder optar á avaliación continua deberá entregar os 4 traballos de expresión escrita (Writing) e presentarse a dúas probas de comprensión lectora (Reading). A proba de comprensión lectora (Reading) constará de dúas partes, una proba sobre comprensión lectora de textos reais o adaptados, e outra sobre o set book e artigos. O alumnado tamén deberá realizar a proba sobre os contidos lingüísticos e comunicativos (Use of English).

A cualificación final daquelas/es alumnas/os que se acollan ao sistema de avaliación continua computarase tendo en conta a seguintes datas:



PROBAS DA EXPRESIÓN ESCRITA:


Semana 3: Entrega da primeira proba de Writing.



Semana 6: Entrega da segunda proba de Writing.

Semana 9: Entrega da terceira proba de Writing.

Semana 12: Entrega da cuarta proba de Writing.

PROBAS DA COMPRENSIÓN LECTORA:

Semana 6: Proba de Reading Comprehension de textos reais o adaptados.

Semana 10: Proba de Reading Comprehension do libro de lectura obrigatoria (set book) e dos 4 artigos.



PROBA DE USE OF ENGLISH:

Semana 12: Proba sobre todos os contidos lingüísticos e comunicativos da materia.


A cualificación final do alumnado que se acolla a este sistema de avaliación continua computarase en base ás cualificacións obtidas nestas probas. 

a.2)


Avaliación única (maio 2018)
.

A
avaliación final do segundo cuadrimestre se desenvolverá na data oficial aprobada pola Xunta da Facultade de Filoloxía e Tradución e deberá ser consultada polo alumnado na páxina web da Facultade.

A cualificación final do alumnado que se acolla a este sistema de avaliación única computarase en base ás cualificacións obtidas na proba final. A proba constará das partes necesarias para avaliar todas as destrezas: Reading = 30%, Writing = 30%, e Use of English = 40%. O peso da cada unha das destrezas na cualificación será o mesmo que as indicadas nesta guía e, de igual maneira, para superar a materia será imprescindible acadar unha cualificación mínima de 5 puntos como nota global, sendo 5 puntos a puntuación mínima requirida en cada unha das destrezas.

Non se contempla o exame único do mes de maio como exame de recuperación para aprobar a(s) parte(s) da(s) destreza(s) suspensa(s)na avaliación continua.

b) 2ª Edición de actas (xullo 2018).



O exame que o centro fixe oficialmente para o mes de xullo constará das partes necesarias para avaliar todas as destrezas: Reading = 30%, Writing = 30%, e Use of English= 40% . O peso de cada unha das destrezas na cualificación final será o mesmo que na 1ª edición de actas e, de igual maneira, para superar a materia será imprescindible acadar unha cualificación mínima de 5 puntos como nota global, sendo 5 puntos a puntuación mínima requirida en cada unha das destrezas.

É responsabilidade do alumnado consultar os materiais e as novidades a través da plataforma FAITIC e de estar ao tanto das datas na que as probas de avaliación teñen lugar.

O plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou actividade suporá un suspenso automático na materia. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá ao alumnado da súa responsabilidade neste aspecto.

Non se permite a utilización de dicionarios, apuntamentos e dispositivos electrónicos (teléfonos móbiles, tablets, ordenadores, etc.) durante a realización dos exames.



Os criterios, aquí descritos, tamén se aplicarán ao alumnado alleo (Erasmus, etc.). En caso de non poder acceder á plataforma FAITIC, o alumnado alleo deberá contactar cos docentes da materia para liquidar este impedimento.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000