Educational guide 2014_15
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Idioma moderno: Idioma 1, II: Inglés
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Probas de resposta curta Nas sesións prácticas das semanas 6 e 12 o alumnado será avaliado da destreza de "Reading" por medio de exercicios de resposta curta. 20
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Nas sesións prácticas das semanas 6 e 12 o alumnado será avaliado da destreza de “Writing”. 40
Resolución de problemas e/ou exercicios Nas sesións teóricas das semanas 6 e 12 o alumnado será avaliado dos contidos teóricos da materia (Use of English and vocabulary). No caso de que o luns da semana 12 fora festivo por traslado da festividade do Patrón da Facultade de Filoloxía e Tradución, esta proba pasaría para o luns da semana 11. 40
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A) Primeira edición das actas:

Na primeira edición das actas o alumnado poderá acollerse a avaliación continua (A1) ou a avaliación única (A2).

A1) Avaliación continua na primeira edición das actas:

Recoméndase a avaliación continua e o traballo diario na materia, xa que o estudo constante e progresivo é o sistema máis axeitado para a aprendizaxe dun idioma.

Para acollerse ao sistema de avaliación continua, o alumnado debe asistir con regularidade ás sesións presenciais, tanto teóricas como prácticas, así como realiza-las tarefas e exercicios que se lle requiran.

O dominio das destrezas de Use of English & vocabulary, reading e writing a nivel C1 será avaliado por medio de dúas probas parciais para cada destreza:

- Proba de Use of English & vocabulary (40%): nas clases de teoría das semanas 6 e 12. (No caso de ser festivo o luns da semana 12 esta proba pasaría ao luns da semana 11).

- Probas de Reading (20%) e Writing (40%): nas clases prácticas das semanas 6 e 12.

As datas e horas das probas correspóndense coas horas das clases dos diferentes grupos. E n ningún caso se realizarán probas parciais en datas diferentes ás especificadas nesta guía docente. Se alguén realiza só unha proba parcial, a súa nota corresponderase coa nota obtida nesa proba. No caso da proba de Use of English e vocabulario, haberá que realiza-las dúas probas, posto que se avalían contidos diferentes.

Para consegui-lo aprobado na asignatura, o alumnado deberá aprobar cada unha das destrezas que se avalían. O suspenso nunha destreza suporá un suspenso na materia. De suspender algunha(s) das partes da asignatura, o alumnado examinarase en xullo de 2015 (como se pode ver no apartado b) da segunda edición das actas. De non aprobar en xullo de 2015, o alumnado deberá examinarse no seguinte curso académico.

De ter suspensa únicamente una destreza, o alumnado deberá examinarse só desa destreza e gardaránselle as notas aprobadas das outras destrezas ata xullo de 2015 (en ningún caso durante máis tempo). De ter dúas ou máis destrezas suspensas, o alumnado terá que examinarse de toda a materia de novo e non se lle gardará para xullo de 2015 ningunha nota da primeira edición das actas.

As destrezas de listening e speaking, avaliadas na asignatura "dioma moderno: Idioma 1, I: Inglés" do primeiro cuadrimestre, tamén serán practicadas ao longo do curso, máis non serán consideradas na avaliación.

A realización dunha ou varias das probas parciais da avaliación continua implica a aceptación do sistema de avaliación continua por parte do alumnado. O alumnado avaliado mediante o sistema de avaliación continua non poderá acollerse á avaliación única na primeira edición das actas, e a súa nota da primeira edición das actas corresponderá ao cómputo das notas obtidas nas probas parciais realizadas durante o curso.

A2) Avaliación única na primeira edición das actas:

O alumnado que non asista ás clases con regularidade nin realice ningún exame parcial poderá presentarse a un exame único (100% da cualificación final), que ten as seguintes partes:

- Proba de Use of English & vocabulary (40%): na clase de teoría da semana 12 (No caso de ser festivo o luns da semana 12 esta proba pasaría ao luns da semana 11).

- Probas de Reading (20%) e Writing (40%): na clase práctica da semana 12.

Como se indicou anteriormente, o alumnado que teña obtido algunha nota polo sistema de avaliación continua non poderá acollerse ao exame único na primeira edición das actas.

B) Segunda edición das actas (xullo 2015)

O alumnado que suspenda a avaliación continua ou a avaliación única na primeira edición das actas, será avaliado mediante un exame único que terá as mesmas características que o exame de avaliación única da primeira edición das actas:

- Proba de Use of English & vocabulary (40%).

- Probas de Reading (20%) e Writing (40%).

Para aprobar haberá que aprobar cada unha das partes do exame. A data deste exame de xullo será fixada oficialmente polo centro e publicada na páxina Web do centro. A este exame poderá presentarse o alumnado que suspenda algunha das destrezas da materia na primeira edición das actas.

Durante a realización das probas e exames non se permite a utilización de dicionarios, ordenadores, teléfonos móviles, conexión a Internet ou calquera outro medio electrónico.

O plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou actividade suporá un suspenso automático na materia. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá ao alumnado da súa responsabilidade.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000