Guia docente 2015_16
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Lingua: Lingua A2, I: Expresión escrita e oral: Español
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Presentacións/exposicións Consistirá na presentación oral dun tema por parte do alumnado (en grupo de 3 ou 4 persoas). O obxectivo é avaliar a competencia oral dos discentes nun contexto formal.
A proba do discurso oral será realizada polo alumnado de forma individual.
45 A2
A4
C3
C10
C18
D12
D18
D23
Debates Consistirá na participación do alumnado, por grupos, na discusión de diferentes temas. Os temas serán elixidos na aula, co axuda da profesora. Cada grupo terá a posibilidade de discutir sobre o tema desde duas perspectivas diferentes. 15 A3
A4
C3
C4
C10
C18
D1
D7
D12
D18
Traballos e proxectos Consistirá na elaboración de prácticas propostas en clase (resumo de artigos, valoración crítica dunha obra literaria, etc.) no que se avaliará a competencia do alumnado no relativo ao dominio das técnicas e mecanismos de síntese e redacción dun texto. 40 A1
A2
A3
A4
A5
C3
C4
C18
D1
D7
D12
D23
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Ao inicio do curso, o alumnado deberá indicarlle ao docente a forma de avaliación pola que optan, é dicir, avaliación continua (asistencia regular, traballos de aula, presentacións, proxectos, probas, etc.) ou avaliación única (o exame terá lugar na última semana de clase). Os discentes que se acollan ao sistema de avaliación única realizarán un exame no que terán cabida cuestións teóricas e prácticas.O alumnado que opte pola avaliación continua e que non supere a materia ao final do cuadrimestre poderán presentarse á convocatoria oficial de xullo e ás sucesivas convocatorias, nas que non se gardarán as cualificacións obtidas a través das probas, actividades e traballos realizados ao longo do curso. O estudantado Erasmus poderá realizar as probas coa axuda dun dicionario. O exame de xullo constará dunha parte teórica e unha parte práctica. Tanto nas probas coma no resto dos exercicios propostos ao longo do curso penalizaranse os erros ortográficos, os erros na expresión, as incoherencias sintácticas, etc.; se durante a corrección de actividades e traballos se detecta copia ou plaxio, os referidos traballos non se valorarán.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000