Debates |
Consistirá na participación do alumnado, por grupos, na discusión de diferentes temas. Os temas serán elixidos na aula, co axuda da profesora. Cada grupo terá a posibilidade de discutir sobre o tema desde duas perspectivas diferentes. |
15 |
A3 A4
|
|
C3 C4 C10 C18
|
D1 D7 D12 D18
|
Ao inicio do curso, o alumnado deberá indicarlle ao docente a forma de avaliación pola que optan, é dicir, avaliación continua (asistencia regular, traballos de aula, presentacións, proxectos, probas, etc.) ou avaliación única (o exame terá lugar na última semana de clase). Os discentes que se acollan ao sistema de avaliación única realizarán un exame no que terán cabida cuestións teóricas e prácticas.O alumnado que opte pola avaliación continua e que non supere a materia ao final do cuadrimestre poderán presentarse á convocatoria oficial de xullo e ás sucesivas convocatorias, nas que non se gardarán as cualificacións obtidas a través das probas, actividades e traballos realizados ao longo do curso. O estudantado Erasmus poderá realizar as probas coa axuda dun dicionario. O exame de xullo constará dunha parte teórica e unha parte práctica. Tanto nas probas coma no resto dos exercicios propostos ao longo do curso penalizaranse os erros ortográficos, os erros na expresión, as incoherencias sintácticas, etc.; se durante a corrección de actividades e traballos se detecta copia ou plaxio, os referidos traballos non se valorarán. |