Sesión maxistral |
Actividade teórica. Consiste na exposición dos contidos xerais da materia co obxectivo de comunicar coñecementos e metodoloxías de análise. As explicacións estarán ordenadas e ben estruturadas e contarán con exemplos claros que aseguren a comprensión dos contidos. Ocasionalmente poderán estar apoiadas por presentacións. |
Presentacións/exposicións |
Actividade práctica. O profesor da materia dará unhas indicacións xerais sobre a forma axeitada de realizar unha presentación oral. A partir destas explicacións esta liña metodolóxica irá orientada aos discentes. O seguinte paso consistirá na exposición oral (en grupos) por parte dos alumnos dun tema concreto de carácter lingüístico que se escollerá entre os temas da materia e que terá que presentarse ao resto dos compañeiros. |
Traballos de aula |
Actividade práctica orientada na aula polo docente. Aínda que o alumnado poderá traballar de forma autónoma na materia, estes traballos de aula terán como obxectivo a proposta de certas actividades que se desenvolverán coa colaboración de alumnos e docente durante catro sesións presenciais dunha hora cada unha. |