Educational guide 2014_15
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Lingua: Lingua A2, I: Expresión escrita e oral: Español
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Actividade introdutoria. Durante a primeira sesión buscarase recoller información sobre os coñecementos de partida, os intereses e as motivacións dos discentes.
Sesión maxistral Actividade teórica. Consiste na exposición dos contidos xerais da materia co obxectivo de comunicar coñecementos e metodoloxías de análise. As explicacións estarán ordenadas e ben estruturadas e contarán con exemplos claros que aseguren a comprensión dos contidos. Ocasionalmente poderán estar apoiadas por presentacións.
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma Formularanse na aula ou a través da plataforma TEMA unha serie de problemas e exercicios relacionados coa materia traballada nas clases. O obxectivo é reflexionar e relacionar teoría e práctica. Tamén constitúe unha actividade básica para reforzar os coñecementos que se van adquirindo.
Presentacións/exposicións Actividade práctica. O profesor da materia dará unhas indicacións xerais sobre a forma axeitada de realizar unha presentación oral. A partir destas explicacións esta liña metodolóxica irá orientada aos discentes. O seguinte paso consistirá na exposición oral (en grupos) por parte dos alumnos dun tema concreto de carácter lingüístico que se escollerá entre os temas da materia e que terá que presentarse ao resto dos compañeiros.
Traballos de aula Actividade práctica orientada na aula polo docente. Aínda que o alumnado poderá traballar de forma autónoma na materia, estes traballos de aula terán como obxectivo a proposta de certas actividades que se desenvolverán coa colaboración de alumnos e docente durante catro sesións presenciais dunha hora cada unha.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000