Lingua A2, II: Introdución ás linguas de especialización: Galego/V01G230V01401
Outros comentarios
O estudantado que non posúa un nivel avanzado de lingua galega (C2) deberá procuralo por medios alternativos á docencia desta materia: cursos CELGA, visionado de películas, lecturas, cursos de galego a través da web da Secretaría Xeral de Política Lingüística, na Área de Normalización Lingüística da UVigo, mediante cursos CELGA etc.
Recoméndase encarecidamente o uso dos recursos da biblioteca. A bibliografía seleccionada nesta guía é toda básica.
O estudantado deberá estar pendente dos avisos de clase e da plataforma docente Moovi, por cuxos medios o profesorado manterá o contacto permanente co estudantado: notificacións, lecturas, uso e entrega de material, notas, avisos varios etc.
O profesorado poderá recomendar nova bibliografía actualizada básica de cada tema. De non se dispoñer dela na biblioteca, poderá ser facilitada polo/-a docente.
O profesorado terá en conta situacións de conciliación debidamente xustificadas.
Universidade de Vigo
|
Rectorado |
Campus Universitario |
C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) |
España |
Tlf: +34 986 812 000