Guia docente 2021_22
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Lingua: Lingua A2, I: Expresión escrita e oral: Galego
   Avaliación
  Descrición Cualificación Competencias Avaliadas
Resolución de problemas Durante o curso o profesorado especificará cales das diferentes actividades prácticas serán avaliables. Terase moi en conta a actitude e participación do alumnado nas aulas. 20 CB2
CB3
CB4
CB5
CE3
CE4
CE18
CE25
CE33
CT15
CT23
Eventos científicos Valorarase a asistencia a calquera actividade programada relacionada coa materia e a entrega dunha recensión persoal.
5 CB2
CB5
CE25
CT8
CT15
Presentación Valorarase a preparación dun traballo tutelado, individual e breve (5 folios) no que se atenderá especialmente á corrección do texto. 10 CB2
CB3
CB4
CB5
CE3
CE4
CE17
CE18
CE27
CE33
CT7
CT8
CT9
CT15
CT23
Lección maxistral Valorarase a atención dos discentes, a súa curiosidade intelectual, a reflexión e mesmo o debate se se considera oportuno. 15 CB2
CB3
CB4
CB5
Exame de preguntas obxectivas Realizaranse dúas probas durante o cuadrimestre: unha sobre a normativa ortográfica e morfolóxica (CONTRA A METADE DE MARZO) e outra sobre aspectos gramaticais (NA DATA OFICIAL DE EXAMES). Ámbalas dúas deberán ser superadas para obter a cualificación total deste apartado. Os alumnos que suspendan a primeira proba, deberán examinarse da parte correspondente na devandita data oficial de exames. 50 CB2
CB3
CB4
CB5
CE3
CE4
CE17
CE18
CE25
CE33
CT7
CT8
CT15
CT23
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para poder optar á avaliación continua, débense cumprir os seguintes requisitos: asistencia habitual ás aulas e entrega dos traballos obrigatorios.
O estudantado que opte pola modalidade presencial someterase ás dúas probas avaliables necesarias para conseguir o aprobado da materia: unha sobre a normativa ortográfica e morfolóxica do galego e outra sobre as cuestións traballadas durante o curso respecto a construción e corrección textual, gramática e léxico-semántica. Ámbalas dúas probas deberán ser superadas. Na segunda edición das actas non se conservará a cualificación de ningunha das dúas probas superadas.
O estudantado que non se acolla á modalidade presencial realizará na data oficial de exame tanto unha proba teórico-práctica sobre os contidos da materia, coma unha proba oral e terá ademais a obriga de entregar un traballo individual consensuado de antemán coa profesora ou profesor. O mesmo sistema seguirase cos alumnos que concorran á segunda ou posteriores convocatorias.
Calquera tipo de plaxio será penalizado co suspenso. Terase en consideración o caso de persoas con obrigas de conciliación debidamente xustificadas.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000