Guia docente 2017_18
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Lingua: Lingua A2, I: Expresión escrita e oral: Galego
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas Durante o curso a profesora especificará cales das diferentes actividades prácticas serán avaliables. Terase moi en conta a actitude e participación do alumnado nas aulas. 20 A2
A3
A4
A5
C3
C4
C18
C25
C33
D15
D23
Eventos docentes y/o divulgativos Valorarase a asistencia a calquera actividade programada relacionada coa materia e a entrega dunha recensión persoal.
5 A2
A5
C25
D8
D15
Presentacións/exposicións Valorarase a preparación dun traballo tutelado, individual e breve (5 folios) no que se atenderá especialmente á corrección do texto. 10 A2
A3
A4
A5
C3
C4
C17
C18
C27
C33
D7
D8
D9
D15
D23
Lección maxistral Valorarase a atención dos discentes, a súa curiosidade intelectual, a reflexión e mesmo o debate se se considera oportuno. 15 A2
A3
A4
A5
Probas de resposta curta Realizaranse dúas probas durante o cuadrimestre: unha sobre a normativa ortográfica e morfolóxica (CONTRA A METADE DE MARZO) e outra sobre aspectos gramaticais (NA DATA OFICIAL DE EXAMES). Ámbalas dúas deberán ser superadas para obter a cualificación total deste apartado. Os alumnos que suspendan a primeira proba, deberán examinarse da parte correspondente na devandita data oficial de exames. 50 A2
A3
A4
A5
C3
C4
C17
C18
C25
C33
D7
D8
D15
D23
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
Para poder optar á avaliación continua, débense cumprir os seguintes requisitos: entrega de ficha debidamente cuberta nas primeiras semanas, asistencia habitual ás aulas, e entrega dos traballos obrigatorios.
O alumnado que opte pola modalidade presencial someterase ás dúas probas avaliables necesarias para conseguir o aprobado da materia: unha sobre a normativa ortográfica e morfolóxica do galego e outra sobre as cuestións traballadas durante o curso respecto a construción e corrección textual, gramática e léxico-semántica. Ámbalas dúas probas deberán ser superadas. De ser o caso, realizarase unha media aritmética cara á cualificación final deste apartado. Na segunda edición das actas non se conservará a cualificación de ningunha das dúas probas superadas.
O alumnado que non se acolla á modalidade presencial realizará na data oficial de exame tanto unha proba teórico práctica sobre os contidos da materia, coma unha proba oral e terá ademais a obriga de entregar un traballo individual consensuado de antemán coa profesora. O mesmo sistema seguirase cos alumnos que concorran á segunda ou posteriores convocatorias.
Calquera tipo de plaxio será penalizado co suspenso.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000