Durante o curso a profesora especificará cales das diferentes actividades prácticas serán avaliables. Terase moi en conta a actitude e participación do alumnado nas aulas.
20
Eventos docentes e/ou divulgativos
Valorarase a asistencia a calquera actividade programada relacionada coa materia e a entrega dunha recensión persoal.
5
Presentacións/exposicións
Valorarase a preparación dun traballo tutelado, individual e breve (5 folios) no que se atenderá especialmente á corrección do texto.
10
Sesión maxistral
Valorarase a atención dos discentes, a súa curiosidade intelectual, a reflexión e mesmo o debate se se considera oportuno.
15
Probas de resposta curta
Realizaranse dúas probas durante o cuadrimestre: unha sobre a normativa ortográfica e morfolóxica (CONTRA A METADE DE MARZO) e outra sobre aspectos gramaticais (PRIMEIROS DÍAS DE MAIO). Ámbalas dúas deberán ser superadas para obter a cualificación total deste apartado.
50
Outros comentarios sobre a Avaliación
MOI IMPORTANTE
A. Para poder optar á avaliación continua débense cumprir os seguintes requisitos: entrega de ficha debidamente cuberta na data esixida, asistencia habitual ás aulas, entrega dos traballos obrigatorios.
B. O alumnado que opte pola modalidade presencial someterase ás dúas probas avaliables necesarias para conseguir o aprobado da materia: unha sobre o dominio da normativa ortográfica e morfolóxica do galego e outra sobre construción e corrección textual, aspectos gramaticais e cuestións léxico-semánticas traballadas durante o curso. Ámbalas dúas probas deberán ser superadas. De ser o caso, realizarase unha media aritmética cara á cualificación final deste apartado. Na segunda edición das actasnon se conservará a cualificación de ningunha das dúas probas superadas.
C. O alumnado que non se acolla á modalidade presencial realizará contra a primeira semana de maio unha proba teórico práctica sobre os contidos da materia, unha proba oral e terán a obriga de entregar un traballo individualconsensuado de antemán coa profesora.
Recoméndase remitir á docente un correo electrónico para se informar da data precisa dos exames, que tamén se anunciará en faitic. O mesmo sistema seguirase cos alumnos que concorran á segunda ou posteriores convocatorias.
Calquera tipo de plaxio será penalizado co suspenso.