Guia docente 2023_24
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Ferramentas para a tradución e a interpretación I: Informática
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas con apoio das TIC PRÁCTICA-1. Proba práctica (dunha ou mais encomendas), de execución de tarefas reais e/ou simuladas, relacionada co TEMA-2 de 'Tradución e tecnoloxías: a ofimática avanzada aplicada á tradución' (40%).

PRÁCTICA-2. Proba práctica (dunha ou mais encomendas), de execución de tarefas reais e/ou simuladas, relacionada co TEMA-3 de 'Tradución e tecnoloxías: a tradución (totalmente) automática T(T)A, a tradución asistida por ordenador TAO e a posedición PE'; e co TEMA-4 de 'Tradución e novas tecnoloxías: a tradución multimedia TM' (30%).
70 A1
A2
A3
A4
A5
C10
C11
C14
C23
C31
D5
D12
D15
Exame de preguntas obxectivas TEST-1. Exame de preguntas obxectivas para validar os coñecementos e destrezas adquiridos polo alumnado na realización da PRÁCTICA-1 sobre 'Tradución e tecnoloxías: a ofimática avanzada aplicada á tradución'; e, tamén, para avaliar os coñecementos e destrezas adquiridos de maneira autónoma polo alumnado relacionados co TEMA-2 (20%).

TEST-2. Exame de preguntas obxectivas para validar os coñecementos e destrezas adquiridos polo alumnado na realización da PRÁCTICA-2 sobre a 'Tradución e tecnoloxías: a tradución (totalmente) automática T(T)A, a tradución asistida por ordenador TAO e a posedición PE' e a 'Tradución e novas tecnoloxías: a tradución multimedia TM'; e, tamén, para avaliar os coñecementos e destrezas adquiridos de maneira autónoma polo alumnado relacionados co TEMA-3 e o TEMA-4 (10%).
30 A1
A2
A3
A4
A5
C14
C31
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1. Primeira oportunidade (ou primeira edición de actas) da materia

Na primeira oportunidade (ou primeira edición de actas) da materia o alumnado vai ter ao seu dispor dúas modalidades de avaliación diferentes e excluíntes: a modalidade de 'avaliación continua' e a modalidade de 'avaliación global'. Pode acollerse á primeira modalidade de 'avaliación continua' calquera alumno/a que estea matriculado/a oficialmente na materia, sen ningún requisito previo; so entregado as prácticas ou facendo os tests en tempo e forma. Pode acollerse á segunda modalidade de 'avaliación global' so aquel alumnado que non se acolla previamente á primeira modalidade de 'avaliación continua'; e, de ser o caso, tampouco fai falta que o comunique de antemán. Noutras palabras, se un/unha alumno/a entrega unha práctica ou fai un test na avaliación continua, queda automaticamente excluído/a da avaliación global; agás casos moi excepcionais que vanse explicar mais adiante, no apartado de 'avaliación global'.

Este curso 2023/2024, como se establece no artigo 20.4 do 'Regulamento sobre a avaliación, a calificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado', aprobado no claustro do 18 de abril de 2023, 'Para garantir que a avaliación continua sexa diversificada, ningunha das probas ou actividades que a constitúan poderán supoñer por si mesmas máis do 40% da cualificación final da materia, agás na segunda oportunidade de avaliación que poderá ser superior.'

2.1. Primeira oportunidade (ou primeira edición de actas) da materia: a modalidade de 'avaliación continua'

Dentro da primeira oportunidade (ou primeira edición de actas) da materia, a modalidade de 'avaliación continua', como o seu nome indica, está pensada para o alumnado que teña previsto asistir ás sesións presenciais da materia e entregar as diferentes prácticas e facer os diferentes tests en tempo e forma.

Si ben a asistencia do alumnado ás clases é un dereito, pero non un deber; é o profesorado quen debe habilitar os medios necesarios para facilitar a avaliación continúa ao alumnado que non asista ás clases. Por todo illo:

  • Aínda que non é obrigatoria a asistencia as devanditas sesións-horas presenciais para poder acollerse a esta modalidade de avaliación, desaconséllase a mesma a aquel alumnado que non poida asistir a un mínimo do 80% das sesións presenciais.
  • En calquera caso, o alumnado que decida acollerse a esta modalidade sen asistir ás sesións presenciais vai ter exactamente os mesmos dereitos e as mesmas obrigas que os/as que si asistan as sesións presenciais.
  • O alumnado que decida acollerse a esta modalidade sen asistir ás sesións presenciais non van ter tampouco ningún tipo de trato preferente e/ou de axuda adicional polo devandito feito. Por exemplo, é responsabilidade súa estar informados/as sobre as datas de entrega das diferentes encomendas das diferentes prácticas e/ou das datas de realización das probas presenciais tipo test se as houbera; tamén é responsabilidade súa conseguir o material que os/as docentes da materia poidan distribuír nas clases presenciais, e/ou deixar na web ou na plataforma de teledocencia MooVi. Tampouco poden esixir 'clases particulares'; aínda que, obviamente, poden consultar as súas dúbidas nas horas de titoría, como os/as demais alumnos/as da materia.
  • Por último, para evitar 'suplantacións de identidade', o alumnado que decida acollerse á modalidade de avaliación continua, obrigatoriamente, vai ter que estar dado de alta na plataforma de teledocencia MooVi da materia e completar (a ser posible) o seu perfil de alumno/a cunha fotografía súa actualizada e recoñecible. En calquera caso, o estatuto do estudante universitario permite ao persoal docente solicitar a identificación do estudantado (sexa cal sexa a súa modalidade de avaliación), sempre que sexa necesario: o cal deberá mostrar a súa tarxeta de estudante ou documento de identificación (art. 25.7). Nun ambiente en liña, tamén se pode solicitar ao estudantado que se identifique amosando a devandita documentación.

Na procura da equidade de todo o alumnado da materia, independentemente da asistencia ou non ás sesións presenciais, polo feito de non ser imputable ao alumnado, vanse ter en conta as especiais circunstancias de: 1) O alumnado de selectividade da convocatoria de setembro e o alumnado de intercambio (Erasmus, Sócrates, SICUE, etc.) que normalmente incorpórase máis tarde á docencia do curso; 2) O alumnado con algún tipo de necesidade específica de apoio educativo, sempre e cando a devandita necesidade estea avalada polo 'Programa de integración de universitarios/as con necesidades específicas de apoio educativo (PIUNE)' ou a 'Comisión técnica de atención ao estudantado con necesidades específicas de apoio educativo (COATEN)' (https://www.uvigo.gal/campus/atencion-diversidade/que-podemos-axudar); 3) Calquera outro caso que, segundo os/as docentes da materia, requira dun tratamento da avaliación diferenciado. Fora destas tres excepcións, o resto do alumnado será tratado sempre de igual maneira (cos mesmos dereitos e coas mesmas obrigas).

O alumnado que se acolla á modalidade de avaliación continua poderá (e deberá) ir acumulando nota ao longo do curso até un máximo de 10,0 puntos posíbeis (o 100% da nota final da materia). Para aprobar a materia na avaliación continua desta primeira oportunidade oficial de avaliación o alumnado deberá obter un mínimo de 5,0 puntos sumando a cualificación obtida nas probas prácticas e a cualificación obtida nas probas de tipo test obtidas na avaliación continua da materia. Unha vez obtida esta cualificación, se quere, non fai falta que entregue ou faga ningunha práctica ou test máis.

A 'rúbrica' de corrección das diferentes probas prácticas e das probas tipo test (isto é, os parámetros relacionados coa corrección das diferentes encomendas/prácticas e coas posibles penalizacións das respostas incorrectas e/ou das respostas deixadas en branco nos exames de preguntas obxectivas tipo test) indicaranse antes da realización das respectivas probas.

A cualificación final obtida vai ser inamovíbel, salvo erro manifesto de cómputo nas cualificacións, alegacións tidas en conta dentro do período contemplado para illo, e/ou circunstancias moi excepcionais que serán estudadas polos/as docentes da materia.

O alumnado da avaliación continua que non supere a devandita primeira oportunidade de avaliación NON PODERÁ presentarse despois á avaliación global da primeira oportunidade de avaliación oficial (agás casos moi excepcionais, previamente xustificados, que serán estudados polos/as docentes da materia). Para poder aprobar a materia vai ter que presentarse á avaliación global da segunda oportunidade de avaliación oficial.

Al ser esta materia unha materia de 48 horas efectivas no Proxecto de Organización Docente (POD), a duración de 2 horas de cada clase (2 clases por semana) computa no POD so como 1,75 horas (isto é, 1 hora e 45 minutos); para que os cambios de aula entre clase (15 minutos en total) non repercutan nas horas de docencia efectivas. Por illo, as 48 horas (12 semanas) efectivas en POD son, na realidade, 54 horas (13,5 semanas) de clase real.

A distribución 'a priori' destas 54 horas (13,5 semanas) de clase é a que se mostra a continuación (obviamente, esta distribución 'ideal' está condicionada polo calendario académico e polo propio devenir da docencia da materia). As datas de entrega das diferentes prácticas (dunha ou varias encomendas) e de realización das diferentes probas tipo test vanse fixar no inicio de cada módulo da materia.

MÓDULO-1 - PRIMEIRA PARTE DO CURSO (6,00 PUNTOS): 'PRÁCTICA-1' de 4,00 puntos e 'TEST-1' de 2,00 puntos.

DOCENCIA: Prof. Joan Miquel-Vergés.

PERIODO: 1ª-9ª semana; 8,5 semanas; 17 clases; 34 horas reais (30,3 horas efectivas no POD).

  • TEMA-1: 1ª semana; 3 horas.
  • TEMA-2: 1ª-9ª semana; 29 horas.
  • TEST-1 (presencial, a través do MooVi): 2 horas. Ao inicio do 'Módulo-1' indicarase a data de realización do TEST-1 do módulo. Procurarase que sexa nas últimas semanas de docencia do módulo.
  • PRÁCTICA-1: ao inicio do 'Módulo-1' indicarase as datas para a entrega das diferentes encomendas (unha ou varias) da PRÁCTICA-1 do módulo. Procurarase que sexa nas últimas semanas de docencia do módulo.

MÓDULO-2 - SEGUNDA PARTE DO CURSO: (4,00 PUNTOS): 'PRÁCTICA-2' de 3,00 puntos e 'TEST-2' de 1,00 puntos.

DOCENCIA: Prof. Joan Miquel-Vergés.

PERIODO: 9ª-14ª semana; 5,5 semanas; 17 clases; 20 horas reais (17,7 horas efectivas no POD).

  • TEMA-3: 9ª-12ª- semana; 12 horas.
  • TEMA-4: 12ª-14ª semana; 8 horas.
  • TEST-2 (presencial, a través do MooVi): 2 horas. Ao inicio do 'Módulo-2' indicarase a data de realización do TEST-2 do módulo. Procurarase que sexa nas últimas semanas de docencia do módulo.
  • PRÁCTICA-2: ao inicio do 'Módulo-2' indicarase as datas para a entrega das diferentes encomendas (unha ou varias) da PRÁCTICA-2 do módulo. Procurarase que sexa nas últimas semanas de docencia do módulo.

2.2. Primeira oportunidade (ou primeira edición de actas) da materia: a modalidade de 'avaliación global'

So pode realizar esta modalidade de 'avaliación global' o alumnado que non entregou nin fixo encomenda ou test algunho das diferentes prácticas e probas tipo tests da avaliación continua da materia. No momento que un/unha alumno/a entrega algunha encomenda dalgunha práctica e/ou fai algunha proba tipo test na avaliación continua da materia, queda automaticamente excluído/a da avaliación global da primeira oportunidade (ou primeira edición de actas) da materia.

O alumnado que se acolla á modalidade de avaliación global na primeira oportunidade da materia vai ter que realizar 3 exames de preguntas obxectivas, (de 2,0 puntos cada un deles; 6,0 puntos en total), relacionados co TEMA-2, TEMA-3 e TEMA-4, respectivamente, da materia; e 1 práctica (4,0 puntos) de características semellantes a algunha das realizadas na avaliación continua da materia na súa primeira oportunidade de avaliación.

Nesta modalidade de avaliación global tamén é requisito que o alumnado estea dado de alta na plataforma de teledocencia MooVi da materia; neste caso, para que poida facer os exames de preguntas obxectivas e a entrega da práctica no MooVi da materia. Al igual que no caso da avaliación continua, se o require o persoal docente, tamén vai ter que identificarse o día do exame con algún documento oficial onde conste o seu nome e apelidos e a súa fotografía.

As 'rúbricas' de corrección dos tests (isto é, os parámetros relacionados coas posibles penalizacións das respostas incorrectas e/ou das respostas deixadas en branco nos exames de preguntas obxectivas) e da práctica indicaranse antes da realización das probas tipo test e da práctica.

Para aprobar a materia nesta avaliación global da primeira edición de actas da materia o alumnado deberá obter un mínimo de 5,0 puntos no total dos exames de preguntas obxectivas e a práctica (sen excepción algunha).

Por acordo da Xunta de Facultade da FFT do 03/06/16, 'O exame / A proba / A entrega de traballos para o alumnado de avaliación global será a data establecida no calendario de exames aprobado en Xunta de Facultade da FFT'.

2. Segunda oportunidade (ou segunda edición de actas) da materia

A segunda oportunidade (ou segunda edición de actas) da materia rexerase polos mesmos parámetros que a primeira oportunidade (ou primeira edición de actas) da materia, na súa modalidade de 'avaliación global'.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000