Guia docente 2017_18
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Ferramentas para a tradución e a interpretación I: Informática
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. - Proba práctica, de execución de tarefas reais e/ou simuladas, relacionada coa ofimática avanzada aplicada á tradución (que integra o uso das TIC) constituída por tres encomendas -pero so unha delas avaliable- (45%).
- Proba práctica, de execución de tarefas reais e/ou simuladas, relacionada coa Tradución Asistida por Computador (que integra o uso das TIC) constituída por tres encomendas -pero so unha delas avaliable- (25%).
70 A1
A2
A3
A4
A5
C10
C11
C14
C23
C31
D5
D12
D15
Probas de tipo test - Proba de tipo test para validar os coñecementos e destrezas adquiridos polo alumnado na realización da proba práctica sobre ofimática avanzada aplicada á tradución; e tamén para avaliar os coñecementos e destrezas adquiridos de maneira autónoma polo alumnado relacionados cos temas pertinentes (15%).
- Proba de tipo test para validar os coñecementos e destrezas adquiridos polo alumnado na realización da proba práctica sobre a Tradución Asistida por Computador; e tamén para avaliar os coñecementos e destrezas adquiridos de maneira autónoma polo alumnado relacionados cos temas pertinentes (15%).
30 A1
A2
A3
A4
A5
C14
C31
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1.
CONSIDERACIÓNS DE TIPO XERAL RELACIONADAS COA AVALIACIÓN DA MATERIA

1.1. - Fontes en
liña para o seguimento das actividades relacionadas, directa ou indirectamente,
coa avaliación da materia

Para poder estar
informado/a puntual e detalladamente ao respecto de todas as cuestións relacionadas,
directa ou indirectamente, coa avaliación da materia
; o alumnado pode
consultar as seguintes fontes en liña de seguimento das actividades da
materia
; habilitadas para este mester polos docentes da materia:

  1. Horarios e/ou titorías da materia: Poderes consultar
    os horarios e/ou as titorías da materia na páxina web http://jmv.webs.uvigo.es/horario.htm . Os posíbeis cambios puntuais que se poidan realizar por
    causas varias vanse anunciar na páxina web de anuncios en http://jmv.webs.uvigo.es/anuncios.htm . Sería conveniente que o alumnado consultase a páxina web
    de anuncios antes de acudir ás titorías.
  2. Cualificacións da materia. Todas as cualificacións da materia vanse
    publicar, exclusivamente, na páxina web http://jmv.webs.uvigo.es/evaluacion.htm . Non se van publicar cualificacións nin no FaiTIC nin na
    porta do despacho do profesorado da materia.
  3. Planificación
    "ideal" das actividades da materia
    . A programación "ideal" das actividades da materia
    considérase como a programación "a priori" das actividades da
    materia, antes de empezar a súa docencia. Pódese, de maneira xeral, consultarse
    na Guía Docente (fonte oficial); e tamén, de maneira resumida, na páxina
    web http://jmv.webs.uvigo.es/material.htm ou no calendario, por días, dispoñible na páxina web http://jmv.webs.uvigo.es/horario.htm#planificacion-ideal-calendario .

1.2. -
Responsabilidade e oportunidades da avaliación da materia

Ao respecto da
avaliación do alumnado, o artigo 130 dos Estatutos da
Universidade de Vigo
(DOG nº 21 do 02/02/2010, 1268-1296) establece
que: “1. A avaliación do alumnado correspóndelle ao profesorado
responsable da docencia da materia
, agás nos casos en que sexa preciso un
tribunal [...]. 3. Os e as estudantes teñen dereito a seren avaliados
dúas veces por curso académico
, segundo o procedemento que se especifique
na guía docente da materia, e de tal xeito que só se reflicta na acta unha
cualificación [...].”

1.3. - Sistema
de cualificacións da materia

Nas dúas oportunidades
oficiais de avaliación vaise seguir o Real Decreto 1125/2003, do 5 de
setembro
(BOE nº 224 do 18/09/2003, 34355-34256) polo que se
establece o sistema europeo de créditos e o sistema de cualificacións nas
titulacións universitarias de carácter oficial e validez en todo o Estado. En
especial o artigo 5 do sistema de cualificacións que establece que: “4.
Los resultados obtenidos por el alumno en cada una de las materias del plan de
estudios se calificarán en función de la siguiente escala numérica de 0 a
10, con expresión de un decimal, a la que podrá añadirse su
correspondiente calificación cualitativa: 0-4,9: Suspenso (SS). 5,0-6,9:
Aprobado (AP). 7,0-8,9: Notable (NT). 9,0-10: Sobresaliente (SB) [...]. 6. La
mención de «Matrícula de Honor» podrá ser otorgada a alumnos que hayan obtenido
una calificación igual o superior a 9.0. Su número no podrá exceder del cinco
por ciento de los alumnos matriculados en una materia en el correspondiente
curso académico, salvo que el número de alumnos matriculados sea inferior a 20,
en cuyo caso se podrá conceder una sola «Matrícula de Honor».”

1.4. -
Publicación das cualificacións da materia

Segundo o apartado 3 da disposición adicional
vixésimo primeira
, sobre protección de datos de carácter
persoal, da Lei Orgánica 4/2007, do 12 de abril, pola que se modifica a Lei
Orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de Universidades: "No
será preciso el consentimiento de los estudiantes
 para
la publicación de los resultados de las pruebas relacionadas con la evaluación
de sus conocimientos y competencias ni de los actos que resulten necesarios
para la adecuada realización y seguimiento de dicha evaluación."

1.5. - Duración
das clases da materia

Tradicionalmente no
ámbito universitario, as clases de 2 horas tiñan una duración de 1 hora e 45/50
minutos, reservándose 10/15 minutos para traslados e cambios de aula. Isto, que
era un acordo tácito, non escrito, non oficial, no curso académico 2015-16 o
equipo decanal decidiu regulalo oficialmente por primeira vez.

Na Xunta de Facultade do
03/06/16 aprobouse un “Calendario interno da FFT para o curso 2016-17”. No
calendario que imos funcionar neste curso as clases de 2 horas duran 1
hora e 50 minutos e contan como tales, non como se fose de 2 horas
. Así garántese,
a priori, a impartición das 48 horas presenciais; e, por este motivo, a
docencia se estende en 13 semanas, en vez das 12 semanas que lle correspondería
.

Por outra banda, non consideraron
necesario (ou conveniente) reservar un “período de traballo autónomo” neste
curso 2016-17 (como si se fixo en cursos precedentes) na metade do cuadrimestre.
Sen embargo, haberá uns días establecidos sen docencia para estudo/revisión
a final de cada cuadrimestre e un calendario de exames con datas fixadas pola
Vicedecana de Organización Académica
.

Como a duración das
clases compútase “por semanas”, as 13 semanas inicialmente previstas
representan “de facto” 52 horas de clase (13 semanas por 4h/semana);
distribuídas en 26 sesións de 2h (1h50’ de “docencia real” e 10’ para
traslados e cambios de aula), comezando cada sesión á hora e 5 minutos e
rematando á seguinte hora a 55 minutos)
. Isto representa, polo tanto, 4
horas mais de clase ao respecto do que lle correspondería; para “compensar” as
perdidas de tempo cos cambios de aula.

2. - PRIMEIRA
OPORTUNIDADE OFICIAL DE AVALIACIÓN DA MATERIA

Na primeira oportunidade
oficial de avaliación da materia o alumnado vai ter ao seu dispor dúas
modalidades de avaliación diferentes (non
excluíntes
)
: a modalidade de "avaliación continua" e a
modalidade de "avaliación final".

2.1. - Primeira
oportunidade de avaliación da materia: modalidade de "avaliación
continua"

A modalidade de
“avaliación continua”, como o seu nome indica, está pensada para o alumnado que
teña previsto asistir as sesións presenciais da materia (48 horas, a priori, en
total).

Si
ben a asistencia do alumnado ás clases é un dereito, pero non un deber e o
profesorado debe habilitar os medios necesarios para facilitar a avaliación
continúa aos que non vaian ás clases (véxase ao respecto: 1) o artigo 100 k) dos
Estatutos da UVIGO
que sinala que o alumnado
ten dereito a “obter unha atención que lle facilite compaxinar os estudos coa
actividade laboral"; 2) o artigo 46 k) da Ley Orgánica de Universidades (LOU) que dispón que os estudantes terán dereito a “una atención que facilite compaginar los estudios
con la actividad laboral”; e 3) o artigo 7 d) do
Real Decreto 1791/2010, de 30 de decembro
,
que establece que os estudantes teñen dereito a “una atención y diseño de las actividades académicas que faciliten la
conciliación de los estudios con la vida laboral y familiar"): 

  • Aínda que non é obrigatoria a
    asistencia as devanditas sesións-horas presenciais
     para poder
    acollerse a esta modalidade de avaliación, desaconséllase a
    mesma a aquel alumnado que non poida asistir a un mínimo do 80% das sesións
    presenciais (38 horas).
  • En calquera caso, o alumnado que
    decida acollerse a esta modalidade sen asistir as sesións presenciais vai ter
    exactamente os mesmos dereitos e as mesmas obrigas que os que si asistan as
    sesións presenciais
    .
  • O alumnado que decida
    acollerse a esta modalidade sen asistir ás sesións presenciais non van ter
    tampouco ningún tipo de trato preferente e/ou de axuda adicional polo devandito
    feito.
    Por exemplo, é responsabilidade súa estar
    informados/as sobre as datas de entrega das diferentes probas e/ou das datas de
    realización das probas presenciais se as houbera; tamén é responsabilidade súa
    conseguir o material que os docentes da materia poidan distribuír nas clases
    presenciais, e/ou deixar na web, na plataforma de teledocencia ou no servizo de
    reprografía. Tampouco poden esixir “clases particulares”; aínda que,
    obviamente, poden consultar as súas dúbidas nas horas de titoría, como os
    demais alumnos/as da materia.

Independentemente da
asistencia ou non as sesións presenciais, polo feito de non ser imputable ao
alumnado, vanse ter en conta as especiais circunstancias de: 1) O
alumnado de selectividade da convocatoria de setembro e o alumnado de intercambio
(Erasmus, Sócrates, etc.) que normalmente incorpórase máis tarde á docencia do
curso; 2) O alumnado con algún tipo de discapacidade física e/ou psíquica que
requira dunha especial adecuación do sistema de avaliación, sempre e cando a
súa discapacidade veña avalada por algún dos estamentos competentes da
Universidade de Vigo: Gabinete Psicopedagóxico, titor/a PAT (Plan de Acción
Titorial), etc.; 3) Calquera outro caso que, segundo os/as docentes da materia,
requira dun tratamento da avaliación diferenciado.

O alumnado que se acolla
á modalidade de avaliación continua poderá (e deberá) ir acumulando nota ao
longo do curso ata un máximo de 10,0 puntos posíbeis (o 100% da
nota final da materia).

Para aprobar a materia
na avaliación continua desta primeira oportunidade oficial de avaliación o
alumnado deberá obter un mínimo de 5,0 puntos sumando a
cualificación obtida nas probas prácticas e a cualificación obtida nas probas
de tipo test obtidas na avaliación continua da materia. Unha vez obtida esta
cualificación, se quere, non fai falta que entregue ningunha práctica/proba
máis.

A cualificación final obtida vai ser inamovíbel, salvo error manifesto
de cómputo nas cualificacións, alegacións tidas en conta dentro do período
contemplado para illo e/ou circunstancias moi excepcionais que serán estudadas
polos docentes da materia. De existir algunha variación nas cualificacións,
estas van ser sempre publicadas na web da materia e poderán ser consultadas por
todo o alumnado.

alumnado que
non supere a avaliación continua desta primeira oportunidade de avaliación
oficial ou queira mellorar a nota obtida na mesma pode tamén presentarse á
avaliación final da primeira oportunidade de avaliación oficial
. Neste
caso, a cualificación que vai constar na súa primeira oportunidade de
avaliación oficial vai ser sempre a obtida no exame único da avaliación final
(aínda que sexa menor que a obtida na avaliación continua ou sexa de suspenso/a
tendo previamente a avaliación continua aprobada). Para o alumnado que non
supere (non se presente ou non aprobe) a avaliación continua desta primeira
oportunidade, e non se presente á avaliación final única; a cualificación final
que vai constar na acta oficial da materia vai ser a de NON PRESENTADO/A (N.P).

A avaliación continua
vai consistir en:

2.1.1. - Probas
prácticas da materia

Constitúe o 70%
da cualificación final total da materia (isto é, 7,0 puntos sobre os 10,0
posíbeis)
. Consistirá na realización dun conxunto de probas prácticas, de
execución de tarefas reais e/ou simuladas relacionadas coa ofimática
avanzada aplicada á tradución (45% da cualificación final total) e coa
Tradución Asistida por Computador (25% da cualificación final total).

Cada unha das probas
terá unas pautas concretas de obrigado cumprimento como son un
tempo limitado de execución, unha data máxima de entrega e uns parámetros
específicos de realización (programas e/ou versións concretos a empregar,
formatos específicos de traballo, métodos concretos de entrega, etc.). Calquera
proba entregada que non cumpra cos requisitos esixidos será penalizada
segundo os parámetros de avaliación establecidos de antemán.

Aínda que a
planificación e a estrutura xeral das probas poida ser semellante en cada curso
académico as probas son diferentes en cada curso académico;
ademais, para evitar a copia das mesmas entre o alumnado da materia existen
un conxunto e mecanismos habilitados para detectar posibles copias. No
caso de detectar algunha copia entre o alumnado e/ou algún intento de entregar
unha práctica de cursos pasados, as persoas involucradas na copia serán
automaticamente expulsadas da avaliación continua e a cualificación que
constará na mesma será a de NON PRESENTADO/A (N.P.); aínda que, se queren,
poderán presentarse a avaliación final única
.

Cada proba poderá
entregarse unha soa vez
. No caso de entregar mais dunha vez unha proba
dentro do prazo establecido, vai considerarse como válida á última das
versións entregadas
(pero de entregarse novamente, hai que volvela a
entregar toda). Unha vez expirado o prazo máximo de entrega non se
aceptará proba algunha
 (agás circunstancias especiais que valoraran os
docentes da materia); e as probas non entregadas cualificaranse con 0,0
puntos
.

Vanse establecer diferentes
quendas de entrega das probas prácticas
 de maneira que, una vez
rematadas as sesións presenciais de cada encomenda ou suposto, o alumnado
dispuña aínda, como mínimo, dunha ou dúas semanas complementarias para poder
acabalas de maneira autónoma (por si fose o caso de ter que dispor de mais
tempo para illo).

P1 - PROBA
PRÁCTICA Nº 1
. Son 21,0 horas de clase (mais 8 horas de clase para compensar o
tempo perdido cos cambios de aula) e 41,5 horas autónomas do alumnado, con 10,5
horas de práctica avaliativa autónoma do alumnado. Valor total da
proba: 4,5 puntos
.

Está relacionada co
Módulo-1 do Tema-2 (“A ofimática avanzada aplicada á tradución”). O obxectivo
desta práctica é aplicar os coñecementos e destrezas adquiridos neste módulo ao
ámbito específico da tradución profesional. A práctica constitúe un máximo de
4,5 puntos da avaliación continua da materia. Consiste na realización e
posterior entrega de 1 das 3 encomendas ou supostos de tradución relacionados
con este ámbito
. Se o alumnado asiste regularmente as clases presenciais
terá realizado xa, aproximadamente, o 80% da práctica (en calquera das 3
encomendas); o 20% restante forma parte do traballo a realizar de maneira
autónoma por parte do alumnado segundo explícita as directrices de Bolonia. As
tres encomendas conteñen tamén aspectos relacionados coas novas tecnoloxías da
tradución e a comunicación (TIC) e a xestión de proxectos, as ferramentas
telemáticas e o traballo colaborativo no ámbito da tradución profesional. Unha
vez finalizadas as 21 horas de clase vaise facer un sorteo público para decidir
cal das 3 encomendas vaise ter que entregar para ser avaliada. O alumnado vai
dispor, con posterioridade, de 2 semanas (8 horas de clase) para poder acabar
na aula informática a encomenda escollida
.


  • P1-E1 - PRÁCTICA-1,
    ENCOMENDA-1
    : centrada nas funcións
    avanzadas dos procesadores de texto e das follas de cálculo relacionadas
    co ámbito profesional da tradución e coa maquetación profesional de
    documentos (9,0 horas de clase --mais 8 horas compartidas entre as 3
    encomendas para compensar o tempo perdido cos cambios de aula-- e,
    aproximadamente, 17,8 horas autónomas do alumnado, con 4,5 horas de
    práctica avaliativa autónoma do alumnado; Módulo-1 do Tema-2). Valor
    total da encomenda: 4,5 puntos. Prazo máximo previsto para a súa entrega
    (segundo os parámetros dispostos na propia encomenda): o luns 07/11/16 ás
    23:59 horas
    .

  • P1-E2 - PRÁCTICA-1,
    ENCOMENDA-2
    : centrada na
    telemática, e a creación, tradución e hospedaxe de páxinas web (6,0 horas
    de clase --mais 8 horas compartidas entre as 3 encomendas para compensar o
    tempo perdido cos cambios de aula-- e, aproximadamente, 11,8 horas
    autónomas do alumnado; con 3,0 horas de práctica avaliativa autónoma do
    alumnado; Módulo-1 do Tema-2). Valor total da encomenda: 4,5
    puntos. Prazo máximo previsto para a súa entrega (segundo os parámetros
    dispostos na propia encomenda): o luns 07/11/16 ás 23:59 horas
    .

  • P1-E3 - PRÁCTICA-1,
    ENCOMENDA-3
    : centrada nos programas
    lexicográficos, nas bases de datos de todo tipo e nas follas de cálculo
    relacionados co ámbito profesional da tradución (6,0 horas de clase --mais
    8 horas compartidas entre as 3 encomendas para compensar o tempo perdido
    cos cambios de aula-- e, aproximadamente, 11,8 horas autónomas do
    alumnado; con 3,0 horas de práctica avaliativa autónoma do alumnado;
    Módulo-1 do Tema-2). Valor total da encomenda: 4,5 puntos. Prazo
    máximo previsto para a súa entrega (segundo os parámetros dispostos na
    propia encomenda): o luns 07/11/16 ás 23:59 horas
    .

P2 - PROBA
PRÁCTICA Nº 2
. Son 16,0 horas de clase e, aproximadamente, 32,0 horas autónomas
do alumnado e 8,5 horas de práctica avaliativa autónoma do alumnado. Valor
total da proba: 2,5 puntos
.

Está relacionada co
Tema-3 (“A tradución asistida por computador”). O obxectivo desta práctica é
aplicar os coñecementos e destrezas adquiridos neste módulo no ámbito
profesional da tradución. A práctica constitúe un máximo de 2,5 puntos da
avaliación continua da materia. Consta en tres encomendas, das que a “ENCOMENDA
Nº 1" e a "ENCOMENDA Nº 2” son non avaliables e soamente van servir
para adquirir experiencia cara á “ENCOMENDA Nº 3”, que si vai ser avaliable.


  • P2-E1 - PRÁCTICA-2,
    ENCOMENDA Nº 1
    é non
    avaliable
     e soamente vai servir para adquirir experiencia cara á
    “ENCOMENDA Nº 3”, que si é avaliable.

  • P2-E2 - PRÁCTICA-2,
    ENCOMENDA Nº 2
    é non
    avaliable
     e soamente vai servir para adquirir experiencia cara á
    “ENCOMENDA Nº 3”, que si é avaliable.

  • P2-E3 - PRÁCTICA-2,
    ENCOMENDA Nº 3
    supón un total
    de 2,5 puntos na “avaliación continua”. Prazo máximo previsto para a súa
    entrega (segundo os parámetros dispostos na propia encomenda): o luns 12/12/16
    ás 23:59 horas
    .

Como software específico
para a súa realización usaremos (a priori e se non hai ningún cambio de última
hora) o programa de tradución asistida por computador Déjà Vu X2 Pro(fessional). O programa é de
pagamento, pero pódese descargar de Internet unha versión shareware (de proba) por
un período de 30 días dende a súa instalación. Este programa soamente está
dispoñible para Ms-Windows. Non hai ningunha versión para Mac OS X nin para
Linux. Non vamos a usar tampouco ningún outro programa equivalente “de código
aberto” tipo OmegaT
. A versión instalada nos computadores da aula informática Newton-17
vai ser operativa durante 6 meses. Como este programa ten as veces algúns
problemas de funcionamento co Windows-7, nestes casos, aconséllase traballar
coas versións instaladas na aula informática sobre Windows XP. En caso de
cambiar de programa de tradución asistida, de versión e/ou de aula informática,
avisarase ao alumnado coa suficiente antelación
.

2.1.2. - Probas
de tipo test da materia

Constitúe o 30%
da cualificación final total da materia (isto é, 3,0 puntos sobre os 10,0
posíbeis)
. Consistirá na realización de dúas probas de tipo test
para avaliar os coñecementos relacionados coas competencias da materia.

As preguntas van
dirixidas, de maneira particular, a validar os coñecementos e destrezas
adquiridos na realización das diferentes probas práctica relacionados coas
competencias da materia
; e, de maneira xeral, para avaliar os
coñecementos e destrezas adquiridos nos diferentes temas 1, 2 e 3 relacionados
coas competencias da materia
.

No caso de detectar
algunha copia entre o alumnado, as persoas involucradas na copia serán
automaticamente expulsadas da avaliación continua e cualificadas con NON
PRESENTADO/A (N.P.)
; aínda que poderán presentarse á avaliación final.

O valor de cada resposta
correcta será proporcional ao número total de preguntas formuladas e ao
principio de cada test vaise establecer (de maneira moi clara e por escrito) as
posíbeis penalizacións das respostas incorrectas e/ou das respostas deixadas en
branco. Estes parámetros poden variar dun test a outro desta avaliación
continua ou da avaliación final.


  • T1 - PROBA DE TIPO
    TEST Nº 1
    Son 0,5 horas de
    clase. Valor: 1,5 puntos. Prazo máximo previsto para a súa realización: a
    primeira media hora da primeira sesión de cada grupo da semana do 07/11/16
    ao 13/11/16
    . Está relacionada co Tema nº 1 ("Introdución á
    materia de 'Ferramentas para a tradución e a interpretación I:
    Informática'"), o subtema do Tema nº 2 ("A ofimática aplicada á
    tradución"), e a proba Práctica nº 1 da materia.

  • T2 - PROBA DE TIPO
    TEST Nº 2
    Son 0,5 horas de
    clase. Valor: 1,5 puntos. Prazo máximo previsto para a súa realización: a
    primeira media hora da primeira sesión de cada grupo da semana do 12/12/16
    ao 18/12/16
    . Está relacionada co subtema do Tema nº 2
    ("Introdución a Tradución Asistida por Computador"), o Tema nº 3
    ("A Tradución Asistida por Computador"), e a proba Práctica nº 2
    da materia.

Na medida do posíbel
vaise tentar respectar esta programación establecida "a priori";
pero, obviamente, a mesma fica suxeita a posíbeis cambios de última hora
debidos a imprevistos de tipo persoal, académico e/ou técnico (que serían
oportunamente informados a todo o alumnado da materia a través de todos os
medios dispoñíbeis para illo).

2.2. - Primeira
oportunidade de avaliación da materia: modalidade de "avaliación final
única"

O alumnado que se acolla
á modalidade de avaliación final única na primeira oportunidade de avaliación
oficial vai ter que realizar unha única proba de tipo test cun valor
máximo de 10,0 puntos en total (o 100% da nota final)
.

Nesta modalidade de
avaliación final única da primeira oportunidade de avaliación oficial, dada a
especial idiosincrasia desta materia e dos especiais requisitos de hardware e
software que precisa “a priori”; por razóns de tempo, infraestrutura e de
procedemento, basicamente, non se vai esixir ao alumnado (a diferenza da
avaliación continua) que faga ningunha proba/encomenda práctica.

Sen embargo, nesta proba
tipo test, váiselle esixir (entre outras cuestións) que probe que sabería
facelas se fose necesario (que sabería utilizar os programas, formatos,
procedementos, metodoloxías, etc. esixíbeis para a súa realización).

Así, pois, as preguntas
desta proba tipo test estarán relacionadas, de maneira xeral, con aspectos
teóricos e prácticos da materia; pero, de maneira particular, tamén coas probas
prácticas de execución de tarefas reais e/ou simuladas realizadas na modalidade
de avaliación continua da primeira oportunidade de avaliación oficial.

O valor de cada resposta
correcta será proporcional ao número total de preguntas formuladas e ao
principio de cada test vaise establecer (de maneira moi clara e por escrito) as
posíbeis penalizacións das respostas incorrectas e/ou das respostas deixadas en
branco. Estes parámetros poden variar ao respecto dos diferentes test da
modalidade de avaliación continua realizados.

De detectarse
algún intento de copia na proba de tipo test, o alumnado involucrado será de
inmediato cominado a abandonar a aula e a súa proba será cualificada con
SUSPENSO/A (0,0 puntos)
.

Para aprobar a materia
nesta avaliación final da primeira convocatoria oficial de avaliación o
alumnado deberá obter un mínimo de 5,0 puntos na proba de tipo test
(sen excepción algunha)
.

Por acordo da Xunta de
Facultade do 03/06/16, “O exame / A proba/ A entrega de traballos para
o alumnado de avaliación única será a data establecida no calendario de exames
aprobado en Xunta de FFT"
.

3. - SEGUNDA
OPORTUNIDADE OFICIAL DE AVALIACIÓN DA MATERIA

A segunda oportunidade oficial de avaliación da materia rexerase polos mesmos parámetros que a primeira oportunidade de avaliación da materia na súa modalidade de avaliación final única. Con todo, os parámetros relacionados coas posibles penalizacións das respostas incorrectas e/ou das respostas deixadas en branco poden variar ao respecto desta.










Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000