Guia docente 2015_16
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Ferramentas para a tradución e a interpretación I: Informática
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. - Proba práctica, de execución de tarefas reais e/ou simuladas, relacionada coa ofimática avanzada aplicada á tradución (que integra o uso das TIC) constituída por tres encomendas -pero so unha delas avaliable- (45%).
- Proba práctica, de execución de tarefas reais e/ou simuladas, relacionada coa Tradución Asistida por Computador (que integra o uso das TIC) constituída por tres encomendas -pero so unha delas avaliable- (25%).
70 A1
A2
A3
A4
A5
C10
C11
C14
C23
C31
D5
D12
D15
Probas de tipo test - Proba de tipo test para validar os coñecementos e destrezas adquiridos polo alumnado na realización da proba práctica sobre ofimática avanzada aplicada á tradución; e tamén para avaliar os coñecementos e destrezas adquiridos de maneira autónoma polo alumnado relacionados cos temas pertinentes (15%).
- Proba de tipo test para validar os coñecementos e destrezas adquiridos polo alumnado na realización da proba práctica sobre a Tradución Asistida por Computador; e tamén para avaliar os coñecementos e destrezas adquiridos de maneira autónoma polo alumnado relacionados cos temas pertinentes (15%).
30 A1
A2
A3
A4
A5
C14
C31
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1.
CONSIDERACIÓNS DE TIPO XERAL RELACIONADAS COA AVALIACIÓN DA MATERIA

1.1. - Fontes en
liña para o seguimento das actividades relacionadas, directa ou indirectamente,
coa avaliación da materia

Para poder estar
informado puntual e detalladamente ao respecto de todas as cuestións relacionadas,
directa ou indirectamente, coa avaliación da materia
; o alumnado pode
consultar as seguintes fontes en liña de seguimento das actividades da
materia;
habilitadas para este mester polos docentes da materia:

  1. Horarios e/ou titorías da
    materia: Poderes consultar os horarios e/ou as titorías da materia na páxina
    web http://jmv.webs.uvigo.es/horario.htm . Os posíbeis cambios puntuais
    que se poidan realizar por causas varias vanse anunciar na página web de anuncios
    en http://jmv.webs.uvigo.es/anuncios.htm . Sería conveniente que o
    alumnado consultase a páxina web de anuncios antes de acudir ás titorías.
  2. Cualificacións da materia. Todas as
    cualificacións da materia vanse publicar, exclusivamente, na páxina web http://jmv.webs.uvigo.es/evaluacion.htm . Non se van publicar
    cualificacións nin no FaiTIC nin na porta do despacho do profesorado da
    materia.
  3. Planificación "ideal"
    das actividades da materia
    . A programación "ideal" das actividades da
    materia considérase como a programación "a priori" das actividades da
    materia, antes de empezar a súa docencia. Pódese, de maneira xeral, consultarse
    na Guía Docente (fonte oficial); e tamén, de maneira resumida, na páxina web http://jmv.webs.uvigo.es/material.htm ou no calendario, por días,
    dispoñible na páxina web http://jmv.webs.uvigo.es/horario.htm#planificacion-ideal-calendario .
  4. Planificación "real"
    das actividades da materia
    . A programación "real" das actividades da
    materia considérase como a programación "en tempo real" das
    actividades da materia que xa se fixeron no/s día/s inmediatamente anterior/es
    e as actividades que van facerse no/s día/s inmediatamente posterior/es a cada
    día de clase presencial. Por razóns varias, moitas veces a programación
    "ideal" e a programación "real" non coinciden finalmente.
    Por iso o alumnado pode seguir dende un Blog e dende un Twitter as diferentes
    actividades da materia que se realizan "en tempo real"; estas dúas
    ferramentas están accesibeis dende a ligazón da páxina web http://jmv.webs.uvigo.es/material.htm .

1.2. -
Responsabilidade e oportunidades da avaliación da materia

Ao respecto da
avaliación do alumnado, o artigo 130 dos Estatutos da Universidade de Vigo (DOG
nº 21 do 02/02/2010, 1268-1296) establece que: “1. A avaliación do alumnado
correspóndelle ao profesorado responsable da docencia da materia
, agás nos
casos en que sexa preciso un tribunal [...]. 3. Os e as estudantes teñen
dereito a seren avaliados dúas veces por curso académico, segundo o
procedemento que se especifique na guía docente da materia, e de tal xeito que
só se reflicta na acta unha cualificación [...].”

1.3. - Sistema
de cualificacións da materia

Nas dúas
oportunidades oficiais de avaliación vaise seguir o Real Decreto 1125/2003, do
5 de setembro (BOE nº 224 do 18/09/2003, 34355-34256) polo que se establece o
sistema europeo de créditos e o sistema de cualificacións nas titulacións
universitarias de carácter oficial e validez en todo o Estado. En especial o
artigo 5 do sistema de cualificacións que establece que: “4. Los resultados
obtenidos por el alumno en cada una de las materias del plan de estudios se
calificarán en función de la siguiente escala numérica de 0 a 10, con
expresión de un decimal
, a la que podrá añadirse su correspondiente
calificación cualitativa: 0-4,9: Suspenso (SS). 5,0-6,9: Aprobado (AP).
7,0-8,9: Notable (NT). 9,0-10: Sobresaliente (SB) [...]. 6. La mención de
«Matrícula de Honor» podrá ser otorgada a alumnos que hayan obtenido una
calificación igual o superior a 9.0. Su número no podrá exceder del cinco por
ciento de los alumnos matriculados en una materia en el correspondiente curso
académico, salvo que el número de alumnos matriculados sea inferior a 20, en
cuyo caso se podrá conceder una sola «Matrícula de Honor».”

1.4. -
Publicación das cualificacións da materia

Segundo o apartado
3 da disposición adicional vixésimo primeira, sobre protección de datos de
carácter persoal, da Lei Orgánica 4/2007, do 12 de abril, pola que se modifica
a Lei Orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de Universidades: "No será
preciso el consentimiento de los estudiantes
para la publicación de los
resultados de las pruebas relacionadas con la evaluación de sus conocimientos y
competencias ni de los actos que resulten necesarios para la adecuada
realización y seguimiento de dicha evaluación."

Todas as
correccións e cualificacións
das diferentes probas da materia, sexa cal sexa a
oportunidade e/ou a modalidade de avaliación, serán públicas e vanse expor
na web do profesorado responsable da súa corrección e avaliación
. Nese
mesmo día vaise establecer tamén una data e unha franxa horaria (normalmente
vaise intentar que coincida en horas de clase e/ou de titoría) para a súa
revisión. No espazo de tempo que vai entre a exposición e a revisión das
cualificacións estas vanse considerar "provisionais" e, polo tanto,
susceptíbeis aínda de posibles modificacións. Pero, unha vez expirado o período
de revisión, as cualificacións vanse considerar "definitivas", sen
posibilidade algunha de modificación (agás circunstancias excepcionais que
serán convenientemente avaliadas polos docentes da materia; como, por exemplo,
errores de cómputo manifestos no cálculo das cualificacións). Non se van
publicar as cualificacións nin no FaiTIC nin tampouco na porta do despacho do
profesorado
.

1.5. - Duración
das clases da materia

Tradicionalmente no
ámbito universitario, as clases de 2 horas tiñan una duración de 1 hora e 45
minutos, reservándose 15 minutos para traslados e cambios de aula. Isto, que
era un acordo tácito, non escrito, non oficial, neste curso académico 2015-16 o
equipo decanal decidiu regulalo oficialmente.

Por illo, na Xunta
de Facultade do 21/05/15 aprobouse un “Calendario interno da FFT para o curso
2015-16”. No calendario que imos funcionar neste curso as clases de 2 horas
duran 1 hora e 45 minutos e contan como tales, non como se fose de 2 horas
.
Así garántese a impartición das 48 horas presenciais, e por este motivo a
docencia se extende en 14 semanas, en vez das 12 semanas que tíñamos nos cursos
precedentes
.

Por outra banda,
consideraron necesario (ou conveniente) tamén reservar un “período de
traballo autónomo”, que neste curso 2015-16 vai ser dunha semana
.

Como a duración das
clases compútase “por semanas”, as 14 semanas inicialmente previstas
representan “de facto” 56 horas de clase (14 semanas por 4h/semana);
distribuídas en 28 sesións de 2h (1h45 de “docencia real” e 15’ para
traslados e cambios de aula), comenzando cada sesión á hora e 5 minutos e
rematando á seguinte hora a 50 minutos)
. Isto representa, polo tanto, 8
horas mais de clase ao respecto dos cursos pasados.

2. -
PRIMEIRA OPORTUNIDADE OFICIAL DE AVALIACIÓN DA MATERIA

Na primeira
oportunidade oficial de avaliación da materia o alumnado vai ter ao seu dispor
dúas modalidades de avaliación diferentes (non excluíntes): a modalidade de
"avaliación continua" e a modalidade de "avaliación final".

2.1. - Primeira
oportunidade de avaliación da materia: modalidade de "avaliación
continua"

A modalidade de
“avaliación continua”, como o seu nome indica, está pensada para o alumnado que
teña previsto asistir as sesións presenciais da materia (48 horas en total).
Aínda que non é obrigatoria a asistencia as devanditas sesións-horas
presenciais
para poder acollerse a esta modalidade de avaliación desaconséllase
a mesma a aquel alumnado que non poida asistir a un mínimo do 80% das sesións
presenciais (38 horas). En calquera caso, o alumnado que decida acollerse a
esta modalidade sen asistir as sesións presenciais vai ter exactamente os
mesmos dereitos e as mesmas obrigas que os que asistan as sesións presenciais.
Non van ter tampouco ningún tipo de trato preferencial e/ou de axuda adicional
polo devandito feito (por exemplo, é responsabilidade súa estar informados/as
sobre as datas de entrega das diferentes probas e/ou das datas de realización
das probas presenciais se as houbera; tamén é responsabilidade súa conseguir o
material que os docentes da materia poidan distribuir nas clases presenciais,
e/ou deixar na web, na plataforma de teledocencia ou no servizo de
reprografía).

Independentemente
da asistencia ou non as sesións presenciais, polo feito de non ser imputable ao
alumnado, vanse ter en conta as especiais circunstancias de: 1) O
alumnado de selectividade da convocatoria de setembro e o alumnado
de intercambio (Erasmus, Sócrates, etc.) que normalmente incorpórase mais
tarde á docencia do curso; 2) O alumnado con algún tipo de discapacidade física
ou psíquica que requira dunha especial adecuación do sistema de avaliación,
sempre e cando a súa discapacidade veña avalada por algún dos estamentos
competentes da Universidade de Vigo: Gabinete Psicopedagóxico, titor/a PAT
(Plan de Acción Titorial), etc.; 3) Calquera outro caso que segundo os docentes
da materia requira dun tratamento da avaliación diferenciado.

O alumnado que se
acolla á modalidade de avaliación continua poderá (e deberá) ir acumulando nota
ao longo do curso ata un máximo de 10,0 puntos posíbeis (o 100% da nota
final da materia).

Para aprobar a
materia na avaliación continua desta primeira oportunidade oficial de
avaliación o alumnado deberá obter un mínimo de 5,0 puntos sumando a
cualificación obtida nas probas prácticas e a cualificación obtida nas probas
de tipo test obtidas na avaliación continua da materia.

A cualificación
final obtida vai ser inamovíbel excepto nun suposto moi concreto
: que o alumnado na avaliación
continua obteña entre 4,5 (incluído) e 4,9, puntos; en cuxo caso, si o
solicita o alumnado en tempo e forma
, vaise habilitar un “mecanismo
extraordinario de avaliación” consistente nun número indeterminado de tarefas
complementarias a realizar para que o alumnado en cuestión poida chegar ao
mínimo de APROBADO/A (5,0 puntos).

O alumnado que
non supere a avaliación continua desta primeira oportunidade de avaliación
oficial ou queira mellorar a nota obtida na mesma pode tamén presentarse á
avaliación final da primeira oportunidade
de avaliación oficial. Neste
caso, a cualificación que vai constar na súa primeira oportunidade de
avaliación oficial vai ser sempre a obtida no exame único da avaliación final
(aínda que sexa menor que a obtida na avaliación continua ou sexa de suspenso/a
tendo previamente a avaliación continua aprobada). Para o alumnado que non
supere (non se presente ou non aprobe) a avaliación continua desta primeira
oportunidade, e non se presente á avaliación final; a cualificación final que
vai constar na acta oficial da materia vai ser a de NON PRESENTADO/A (N.P).

A avaliación
continua vai consistir en:

2.1.1. - Probas
prácticas da materia

Constitúe o 70%
da cualificación final total da materia (isto é, 7,0 puntos sobre os 10,0
posíbeis)
.
Consistirá na realización dun conxunto de probas prácticas, de execución de
tarefas reais e/ou simuladas relacionadas coa ofimática avanzada aplicada
á tradución (45% da cualificación final total) e coa Tradución Asistida por
Computador (25% da cualificación final total).

Cada unha das
probas terá unas pautas concretas de obrigado cumprimento como son un
tempo limitado de execución, unha data máxima de entrega e uns parámetros
específicos de realización (programas e/ou versións concretos a empregar,
formatos específicos de traballo, métodos concretos de entrega, etc.). Calquera
proba entregada que non cumpra cos requisitos esixidos será penalizada
segundo os parámetros de avaliación establecidos de antemán.

Aínda que a
planificación e a estrutura xeral das probas poida ser semellante en cada curso
académico as probas son diferentes en cada curso académico; ademais,
para evitar a copia das mesmas entre o alumnado da materia existen
un conxunto e mecanismos habilitados para detectar posibles copias. No
caso de detectar algunha copia entre o alumnado ou algún intento de entregar
unha práctica de cursos pasados, as persoas involucradas na copia serán
automaticamente expulsadas da avaliación continua e a cualificación que
constará na mesma será a de NON PRESENTADO/A (N.P.)
; aínda que, se queren,
poderán presentarse a avaliación final.

Cada proba poderá
entregarse unha soa vez
. Unha vez expirado o prazo máximo de entrega non
se aceptará proba algunha
(agás circunstancias especiais que valoraran os
docentes da materia) e as probas non entregadas cualificaranse con 0,0
puntos
.

Vanse establecer diferentes
quendas de entrega das probas prácticas
de maneira que, una vez rematadas as
sesións presenciais de cada encomenda ou suposto, o alumnado dispuña aínda,
como mínimo, dunha ou dúas semanas complementarias para poder acabalas de
maneira autónoma (por si fose o caso de ter que dispor de mais tempo para
illo).

P1 - PROBA PRÁCTICA Nº 1. Son 21,0 horas de clase (mais
8 horas de clase para compensar o tempo perdido cos cambios de aula) e 41,5
horas autónomas do alumnado, con 10,5 horas de práctica avaliativa autónoma do
alumnado. Valor total da proba: 4,5 puntos.

Está relacionada co
Módulo-1 do Tema-2 (“A ofimática avanzada aplicada á tradución”). O obxectivo
desta práctica é aplicar os coñecementos e destrezas adquiridos neste módulo
ao ámbito específico da tradución profesional. A práctica constitúe un máximo
de 4,5 puntos da avaliación continua da materia. Consiste na realización e
posterior entrega de 1 das 3 encomendas ou supostos de tradución relacionados
con este ámbito
. Se o alumnado asiste regularmente as clases presenciais
terá realizado xa, aproximadamente, o 80% da práctica (en calquera das 3
encomendas); o 20% restante forma parte do traballo a realizar de maneira
autónoma por parte do alumnado segundo explicita as directrices de Bolonia. As
tres encomendas conteñen tamén aspectos relacionados coas novas tecnoloxías da
tradución e a comunicación (TIC) e a xestión de proxectos, as ferramentas
telemáticas e o traballo colaborativo no ámbito da tradución profesional. Unha
vez finalizadas as 21 horas de clase vaise facer un sorteo público para decidir
cal das 3 encomendas vaise ter que entregar para ser avaliada. O alumnado vai
dispor, con posterioridade, de 2 semanas (8 horas de clase) para poder acabar
na aula informática a encomenda escollida
.

  • P1-E1 - PRÁCTICA-1, ENCOMENDA-1: centrada nas funcións
    avanzadas dos procesadores de texto e das follas de cálculo relacionadas co
    ámbito profesional da tradución e coa maquetación profesional de documentos
    (9,0 horas de clase --mais 8 horas compartidas entre as 3 encomendas para compensar
    o tempo perdido cos cambios de aula-- e, aproximadamente, 17,8 horas autónomas
    do alumnado, con 4,5 horas de práctica avaliativa autónoma do alumnado;
    Módulo-1 do Tema-2). Valor total da encomenda: 4,5 puntos. Prazo máximo
    previsto para a súa entrega (segundo os parámetros dispostos na propia
    encomenda): o luns 02/11/15 ás 23:59 horas
    .
  • P1-E2 - PRÁCTICA-1, ENCOMENDA-2: centrada na telemática, e a
    creación, tradución e hospedaxe de páxinas web (6,0 horas de clase --mais 8
    horas compartidas entre as 3 encomendas para compensar o tempo perdido cos
    cambios de aula-- e, aproximadamente, 11,8 horas autónomas do alumnado; con 3,0
    horas de práctica avaliativa autónoma do alumnado; Módulo-1 do Tema-2). Valor
    total da encomenda: 4,5 puntos. Prazo máximo previsto para a súa entrega
    (segundo os parámetros dispostos na propia encomenda): o luns 02/11/15 ás 23:59
    horas
    .
  • P1-E3 - PRÁCTICA-1, ENCOMENDA-3: centrada nos programas
    lexicográficos, nas bases de datos de todo tipo e nas follas de cálculo
    relacionados co ámbito profesional da tradución (6,0 horas de clase --mais 8
    horas compartidas entre as 3 encomendas para compensar o tempo perdido cos
    cambios de aula-- e, aproximadamente, 11,8 horas autónomas do alumnado; con 3,0
    horas de práctica avaliativa autónoma do alumnado; Módulo-1 do Tema-2). Valor
    total da encomenda: 4,5 puntos. Prazo máximo previsto para a súa entrega
    (segundo os parámetros dispostos na propia encomenda): o luns 02/11/15 ás 23:59
    horas
    .

P2 - PROBA PRÁCTICA Nº 2. Son 16,0 horas de clase e,
aproximadamente, 32,0 horas autónomas do alumnado e 8,5 horas de práctica
avaliativa autónoma do alumnado. Valor total da proba: 2,5 puntos.

Está relacionada co
Tema-3 (“A tradución asistida por computador”). O obxectivo desta práctica é
aplicar os coñecementos e destrezas adquiridos neste módulo no ámbito
profesional da tradución. A práctica constitúe un máximo de 2,5 puntos da
avaliación continua da materia. Consta en tres encomendas, das que a “ENCOMENDA
Nº 1" e a "ENCOMENDA Nº 2” son non avaliables e soamente van servir
para adquirir experiencia cara á “ENCOMENDA Nº 3”, que sí vai ser avaliable.

  • P2-E1 - PRÁCTICA-2, ENCOMENDA Nº 1: é non avaliable e
    soamente vai servir para adquirir experiencia cara á “ENCOMENDA Nº 3”, que sí é
    avaliable.
  • P2-E2 - PRÁCTICA-2, ENCOMENDA Nº 2: é non avaliable e
    soamente vai servir para adquirir experiencia cara á “ENCOMENDA Nº 3”, que sí é
    avaliable.
  • P2-E3 - PRÁCTICA-2, ENCOMENDA Nº 3: supón un total de 2,5
    puntos na “avaliación continua”. Prazo máximo previsto para a súa entrega
    (segundo os parámetros dispostos na propia encomenda): o luns 14/12/15 ás 23:59
    horas
    .

Como software
específico para a súa realización usaremos (a priori e se non hai ningún cambio
de última hora) o programa de tradución asistida por computador Déjà Vu X2 Pro(fessional). O
programa é de pagamento, pero pódese descargar de Internet unha versión
shareware (de proba) por un período de 30 días dende a súa instalación. Este
programa soamente está dispoñible para Ms-Windows. Non hai ningunha versión
para Mac OS X nin para Linux. Non vamos a usar tampouco ningún outro programa
equivalente “de código abierto” tipo OmegaT
. A versión instalada nos
computadores da aula informática Newton-17 da FFT vai ser operativa durante 6
meses. Como este programa ten as veces algúns problemas de funcionamento co
Windows-7, nestes casos, aconséllase traballar coas versións instaladas na aula
informática sobre Windows XP.

2.1.2. - Probas
de tipo test da materia

Constitúe o 30%
da cualificación final total da materia (isto é, 3,0 puntos sobre os 10,0
posíbeis)
.
Consistirá na realización de dúas probas de tipo test para avaliar os
coñecementos relacionados coas competencias da materia.

As preguntas van
dirixidas, de maneira particular, a validar os coñecementos e destrezas
adquiridos na realización das diferentes probas práctica relacionados coas
competencias da materia
; e, de maneira xeral, para avaliar os
coñecementos e destrezas adquiridos nos diferentes temas 1, 2 e 3 relacionados
coas competencias da materia
.

No caso de detectar
algunha copia entre o alumnado, as persoas involucradas na copia serán
automaticamente expulsadas da avaliación continua e cualificadas con NON
PRESENTADO/A (N.P.)
; aínda que poderán presentarse á avaliación final.

O valor de cada
resposta correcta será proporcional ao número total de preguntas formuladas e
ao principio de cada test vaise establecer (de maneira moi clara e por escrito)
as posíbeis penalizacións das respostas incorrectas e/ou das respostas deixadas
en branco. Estes parámetros poden variar dun test a outro desta avaliación
continua ou da avaliación final.

  • T1 - PROBA DE TIPO TEST Nº 1: Son 0,5 horas de clase.
    Valor: 1,5 puntos. Prazo máximo previsto para a súa realización: a primeira
    media hora da primeira sesión de cada grupo da semana do 09/11/15 ao 15/11/15
    .
    Está relacionada co Tema nº 1 ("Introdución á materia de 'Ferramentas
    para a tradución e a interpretación I: Informática'"), o subtema do Tema nº
    2 ("A ofimática aplicada á tradución"), e a proba Práctica nº 1 da
    materia.
  • T2 - PROBA DE TIPO TEST Nº 2: Son 0,5 horas de clase.
    Valor: 1,5 puntos. Prazo máximo previsto para a súa realización: a primeira
    media hora da primeira sesión de cada grupo da semana do 14/12/15 ao 20/12/15
    .
    Está relacionada co subtema do Tema nº 2 ("Introdución a Tradución
    Asistida por Computador"), o Tema nº 3 ("A Tradución Asistida por
    Computador"), e a proba Práctica nº 2 da materia.

Na medida do
posíbel vaise tentar respectar esta programación establecida "a
priori"; pero, obviamente, a mesma fica suxeita a posíbeis cambios de última
hora debidos a imprevistos de tipo persoal, académico e/ou técnico (que serían
oportunamente informados a todo o alumnado da materia a través de todos os
medios dispoñíbeis para illo).

2.2. - Primeira
oportunidade de avaliación da materia: modalidade de "avaliación
final"

O alumnado que se
acolla á modalidade de avaliación final na primeira oportunidade de avaliación
oficial vai ter que realizar unha única proba de tipo test cun valor máximo
de 10,0 puntos en total (o 100% da nota final)
.

Nesta modalidade de
avaliación final da primeira oportunidade de avaliación oficial, dada a
especial idiosincrasia desta materia e dos especiais requisitos de hardware e
software que precisa “a priori”; por razóns de tempo, infraestrutura e de
procedemento, básicamente, non se vai esixir ao alumnado (a diferenza da
avaliación continua) que faga ningunha proba/encomenda práctica.

Sen embargo, nesta
proba tipo test, váiselle esixir (entre outras cuestións) que probe que sabería
facelas se fose necesario (que sabería utilizar os programas, formatos,
procedementos, metodoloxías, etc. esixíbeis para a súa realización).

Así, pois, as
preguntas desta proba tipo test estarán relacionadas, de maneira xeral, con
aspectos teóricos e prácticos da materia; pero, de maneira particular, tamén
coas probas prácticas de execución de tarefas reais e/ou simuladas realizadas
na modalidade de avaliación continua da primeira oportunidade de avaliación
oficial.

O valor de cada
resposta correcta será proporcional ao número total de preguntas formuladas e
ao principio de cada test vaise establecer (de maneira moi clara e por escrito)
as posíbeis penalizacións das respostas incorrectas e/ou das respostas deixadas
en branco. Estes parámetros poden variar ao respecto dos diferentes test da
modalidade de avaliación continua realizados.

De detectarse
algún intento de copia na proba de tipo test, o alumnado involucrado será de
inmediato conminado a abandonar a aula e a súa proba será cualificada con
SUSPENSO/A (0,0 puntos)
.

Para aprobar a
materia nesta avaliación final da primeira convocatoria oficial de avaliación o
alumnado deberá obter un mínimo de 5,0 puntos na proba de tipo test (sen
excepción algunha)
.

Por acordo da Xunta
de Facultade do 05/06/13, a responsabilidade de fixar a data para a
realización da avaliación final de cada materia na primeira oportunidade de
avaliación oficial corre a cargo dos docentes da materia. No noso caso vamos
establecer "a priori" a data do mércores 13/01/16, ás 11:00 horas (a
aula asignada aínda fica pendente por designar)
.

Por se houbese
algún cambio en datas posteriores á redacción desta Guía Docente, por favor,
consultade o calendario de exames no espazo web da FFT ou no taboleiro da FFT
habilitado para illo (que son as plataformas "oficiais" de
información)
.

3. - SEGUNDA
OPORTUNIDADE OFICIAL DE AVALIACIÓN DA MATERIA

O alumnado que se
acolla á segunda oportunidade oficial de avaliación da materia vai ter que
realizar unha única proba de tipo test cun valor máximo de 10,0 puntos en
total (o 100% da nota final)
.

Dada a especial
idiosincrasia desta materia e dos especiais requisitos de hardware e software
que precisa “a priori”; por razóns de tempo, infraestrutura e de procedemento,
básicamente, non se vai esixir ao alumnado que faga ningunha proba/encomenda
práctica nesta segunda oportunidade oficial de avaliación da materia. Sen
embargo, nesta proba tipo test, váiselle esixir (entre outras competencias) que
probe que sabería facelas se fose necesario (noutras palabras: que sabería
utilizar os programas, formatos, procedementos, etc. esixíbeis para a súa
realización).

Así, pois, as
preguntas desta proba tipo test estarán relacionadas, de maneira xeral, con
aspectos teóricos e prácticos da materia; pero, de maneira particular, tamén
coas probas prácticas de execución de tarefas reais e/ou simuladas realizadas
na modalidade de avaliación continua da primeira oportunidade de avaliación da
materia.

O valor de cada
resposta correcta será proporcional ao número total de preguntas formuladas e
ao principio de cada test vaise establecer (de maneira moi clara e por escrito)
as posíbeis penalizacións das respostas incorrectas e/ou das respostas deixadas
en branco. Estes parámetros poden variar ao respecto dos diferentes test da
avaliación continua da materia.

De detectarse
algún intento de copia na proba, o alumnado involucrado será conminado a
abandonar a aula e a súa proba será cualificada con SUSPENSO/A (0,0 puntos)
.

Para
aprobar a materia nesta segunda oportunidade oficial de avaliación o alumnado
deberá obter un mínimo de 5,0 puntos na proba de tipo test (sen excepción
algunha)
.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000