Guia docente 2013_14
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Ferramentas para a tradución e a interpretación I: Informática
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. - Proba práctica, de execución de tarefas reais e/ou simuladas, relacionada coa ofimática avanzada aplicada á tradución (que integra o uso das TIC) constituída por tres encomendas avaliables (45%).
- Proba práctica, de execución de tarefas reais e/ou simuladas, relacionada coa Tradución Asistida por Computador (que integra o uso das TIC) constituída por tres encomendas -pero so unha delas avaliable- (25%).
70
Probas de tipo test - Proba de tipo test para validar os coñecementos e destrezas adquiridos polo alumnado na realización da proba práctica sobre ofimática avanzada aplicada á tradución; e tamén para avaliar os coñecementos e destrezas adquiridos de maneira autónoma polo alumnado relacionados cos temas pertinentes (15%).
- Proba de tipo test para validar os coñecementos e destrezas adquiridos polo alumnado na realización da proba práctica sobre a Tradución Asistida por Computador; e tamén para avaliar os coñecementos e destrezas adquiridos de maneira autónoma polo alumnado relacionados cos temas pertinentes (15%).
30
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1. CONSIDERACIÓNS DE TIPO XERAL RELACIONADAS COA AVALIACIÓN


1.1. - Responsabilidade e oportunidades


Ao respecto da avaliación do alumnado, o artigo 130 dos Estatutos da Universidade de Vigo (DOG nº 21 do 02/02/2010, 1268-1296) establece que: “1. A avaliación do alumnado correspóndelle ao profesorado responsable da docencia da materia, agás nos casos en que sexa preciso un tribunal [...]. 3. Os e as estudantes teñen dereito a seren avaliados dúas veces por curso académico, segundo o procedemento que se especifique na guía docente da materia, e de tal xeito que só se reflicta na acta unha cualificación [...].”


1.2. - Sistema de cualificacións


Nas dúas oportunidades oficiais de avaliación vaise seguir o Real Decreto 1125/2003, do 5 de setembro (BOE nº 224 do 18/09/2003, 34355-34256) polo que se establece o sistema europeo de créditos e o sistema de cualificacións nas titulacións universitarias de carácter oficial e validez en todo o Estado. En especial o artigo 5 do sistema de cualificacións que establece que: “4. Los resultados obtenidos por el alumno en cada una de las materias del plan de estudios se calificarán en función de la siguiente escala numérica de 0 a 10, con expresión de un decimal, a la que podrá añadirse su correspondiente calificación cualitativa: 0-4,9: Suspenso (SS). 5,0-6,9: Aprobado (AP). 7,0-8,9: Notable (NT). 9,0-10: Sobresaliente (SB) [...]. 6. La mención de «Matrícula de Honor» podrá ser otorgada a alumnos que hayan obtenido una calificación igual o superior a 9.0. Su número no podrá exceder del cinco por ciento de los alumnos matriculados en una materia en el correspondiente curso académico, salvo que el número de alumnos matriculados sea inferior a 20, en cuyo caso se podrá conceder una sola «Matrícula de Honor».”


1.3. - Publicación das cualificacións


Segundo o apartado 3 da disposición adicional vixésimo primeira, sobre protección de datos de carácter persoal, da Lei Orgánica 4/2007, do 12 de abril, pola que se modifica a Lei Orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de Universidades: "No será preciso el consentimiento de los estudiantes para la publicación de los resultados de las pruebas relacionadas con la evaluación de sus conocimientos y competencias ni de los actos que resulten necesarios para la adecuada realización y seguimiento de dicha evaluación."


Todas as correccións e cualificacións das diferentes probas da materia, sexa cal sexa a oportunidade e/ou a modalidade de avaliación, serán públicas e vanse expor na web do profesorado responsable da súa corrección e avaliación. Nese mesmo día vaise establecer tamén una data e unha franxa horaria (normalmente vaise intentar que coincida en horas de clase e/ou de titoría) para a súa revisión. No espazo de tempo que vai entre a exposición e a revisión das cualificacións estas vanse considerar "provisionais" e, polo tanto, susceptíbeis aínda de posibles modificacións. Pero, unha vez expirado o período de revisión, as cualificacións vanse considerar "definitivas", sen posibilidade algunha de modificación (agás circunstancias excepcionais que serán convenientemente avaliadas polos docentes da materia; como, por exemplo, errores de cómputo manifestos no cálculo das cualificacións).


2. - PRIMEIRA OPORTUNIDADE OFICIAL DE AVALIACIÓN


Na primeira oportunidade oficial de avaliación o alumnado vai ter ao seu dispor dúas modalidades de avaliación diferentes (non excluíntes): a modalidade de "avaliación continua" e a modalidade de "avaliación final".


2.1. - Primeira oportunidade de avaliación: modalidade de "avaliación continua"


A modalidade de “avaliación continua”, como o seu nome indica, está pensada para o alumnado que teña previsto asistir as sesións presenciais da materia (48 horas en total). Aínda que non é obrigatoria a asistencia as devanditas sesións-horas presenciais para poder acollerse a esta modalidade de avaliación desaconséllase a mesma a aquel alumnado que non poida asistir a un mínimo do 80% das sesións presenciais (38 horas). En calquera caso, o alumnado que decida acollerse a esta modalidade sen asistir as sesións presenciais vai ter exactamente os mesmos dereitos e as mesmas obrigas que os que asistan as sesións presenciais. Non van ter ningún tipo de trato preferencial e/ou de axuda adicional polo devandito feito (por exemplo, é responsabilidade súa estar informados/as sobre as datas de entrega das diferentes probas e/ou das datas de realización das probas presenciais se as houbera; tamén é responsabilidade súa conseguir o material que os docentes da materia poidan distribuir mas clases presenciás, e/ou deixar na web, na plataforma de teledocencia ou no servizo de reprografía).


Independentemente da asistencia ou non as sesións presenciais, polo feito de non ser imputable ao alumnado, vanse ter en conta as especiais circunstancias de: 1) o alumnado de selectividade da convocatoria de setembro e o alumnado de intercambio (Erasmus, Sócrates, etc.) que normalmente incorpórase mais tarde á docencia do curso; 2) o alumnado con algún tipo de discapacidade física ou psíquica que requira dunha especial adecuación do sistema de avaliación, sempre e cando a súa discapacidade veña avalada por algún dos estamentos competentes da Universidade de Vigo: Gabinete Psicopedagóxico, titor/a PAT (Plan de Acción Tutorial, etc.); 3) calquera outro caso que segundo os docentes da materia requira dun tratamento da avaliación diferenciado.


O alumnado que se acolla á modalidade de avaliación continua poderá (e deberá) ir acumulando nota ao longo do curso ata un máximo de 10,0 puntos posíbeis (o 100% da nota final da materia).


Para aprobar a materia na avaliación continua desta primeira oportunidade oficial de avaliación o alumnado deberá obter un mínimo de 5,0 puntos sumando a cualificación obtida nas probas prácticas e a cualificación obtida nas probas de tipo test obtidas na avaliación continua da materia.


A cualificación final obtida vai ser inamovíbel excepto nun suposto moi concreto: que o alumnado na avaliación continua obteña entre 4,5 (incluído) e 4,9 puntos en cuxo caso, si o solicita o alumnado, vaise habilitar un “mecanismo extraordinario de avaliación” consistente nun número indeterminado de tarefas complementarias a realizar para que o alumnado en cuestión poida chegar ao mínimo dos 5,0 puntos (aprobado/a).


En ningún outro caso (como, por exemplo, a falta de 0,1 puntos para obter una cualificación de notábel, sobresaínte ou optar a matrícula de honra; etc.) vaise facer excepción algunha. Aquel alumnado que teña un especial interese en obter unha determinada cualificación na materia (polos motivos que sexa; como por exemplo porque dela dependa unha determinada bolsa económica, académica e/ou deportiva) pode acollerse “a priori” ás “bonificacións extraordinarias” das probas prácticas; e, “a posteriori”, pode realizar tamén o exame final da materia (nos termos que se detallan no apartado correspondente).


O alumnado que non supere a avaliación continua desta primeira oportunidade de avaliación oficial ou queira mellorar a nota obtida na mesma pode tamén presentarse ao exame único de tipo test da avaliación final da primeira oportunidade de avaliación oficial. Neste caso, a cualificación que vai constar na súa primeira oportunidade de avaliación oficial vai ser sempre a obtida no exame único da avaliación final (aínda que sexa menor que a obtida na avaliación continua ou sexa de “suspenso/a” tendo previamente a avaliación continua aprobada).


A avaliación continua vai consistir en:


2.1.1. - Probas prácticas


Constitúe o 70% da cualificación final total da materia (isto é, 7,0 puntos sobre os 10,0 posíbeis). Consistirá na realización dun conxunto de probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas relacionadas coa ofimática avanzada aplicada á tradución (45% da cualificación final total) e coa Tradución Asistida por Computador (25% da cualificación final total).


Cada unha das probas terá unas pautas concretas de obrigado cumprimento como son un tempo limitado de execución, unha data máxima de entrega e uns parámetros específicos de realización (programas e/ou versións concretos a empregar, formatos específicos de traballo, métodos concretos de entrega, etc.). Calquera proba entregada que non cumpra cos requisitos esixidos será penalizada segundo os parámetros de avaliación establecidos de antemán.


Aínda que a planificación e a estrutura xeral das probas poida ser semellante en cada curso académico as probas son diferentes en cada curso académico; ademais, para evitar a copia das mesmas entre o alumnado da materia existen un conxunto e mecanismos habilitados para detectar posibles copias. No caso de detectar algunha copia entre o alumnado ou algún intento de entregar unha práctica de cursos pasados, as persoas involucradas na copia serán automaticamente expulsadas da avaliación continua (aínda que poderán presentarse ao exame final único).


Cada proba poderá entregarse unha soa vez. Unha vez expirado o prazo máximo de entrega non se aceptará proba algunha (agás circunstancias especiais que valoraran os docentes da materia) e as probas non entregadas cualificaranse con 0,0 puntos.


Vanse establecer diferentes quendas de entrega das probas prácticas de maneira que, una vez rematadas as sesións presenciais de cada encomenda ou suposto, o alumnado dispuña aínda de dúas semanas complementarias para poder acabalas de maneira autónoma si fose o caso de ter que dispor de mais tempo para illo. Sen embago, tendo en conta que neste curso académico do 14 ao 25 de outubro está previsto un período de traballo autónomo no grao sen docencia, no caso das dúas primeiras encomendas ou supostos da primeira proba práctica vai programarse a súa entrega para a primeira semana despois das devanditas semanas sen docencia (ver o detalla de cada encomenda mais abaixo).


Nestas probas prácticas existirá a posibilidade de obter “bonificacións extraordinarias” para asegurar a cualificación máxima de cada unha das probas e que so vai aplicarse no caso que o alumnado non obteña previamente a cualificación máxima da proba práctica avaliada. Van ser actividades que requirirán unha especial dedicación por parte do alumnado e que, polo contrario, non van outorgar unha gran puntuación (0,1 ou 0,2 puntos adicionais como máximo, normalmente). Estas bonificacións están pensadas para aquel alumnado que teña un especial interese por asegurar a súa nota cara a posíbeis solicitudes de bolsas (económicas, académicas e/ou deportivas) ou outros asuntos do seu interese, pero en ningún caso van supor a obtención dunha nota maior da asignada inicialmente á proba práctica en cuestión.



PROBA PRÁCTICA Nº 1 (20,5 horas presenciais; e, aproximadamente, 41,0 horas autónomas do alumnado e 10,5 horas de práctica avaliativa autónoma do alumnado). Valor: 4,5 puntos.


Está relacionada co Módulo-1 do Tema-2 (“A ofimática avanzada aplicada á tradución”). O obxetivo desta práctica é aplicar os coñecimientos e destrezas adquiridos neste módulo ao ámbito específico da tradución profesional. A práctica constitúe un máximo de 4,5 puntos da avaliación continua da materia. Consiste na realización e posterior entrega de 3 encomendas ou supostos de traducción. Se o alumnado asiste regularmente as clases presenciais terá realizado xa, aproximadamente, o 80% da práctica (en cualquiera das 3 encomendas); o 20% restante forma parte do traballo a realizar de maneira autónoma por parte do alumnado segundo explicita as directrices de Bolonia. As tres encomendas conteñen tamén aspectos relacionados coas novas tecnoloxías da tradución e a comunicación (TIC) e a xestión de proxectos, as ferramentas telemáticas e o traballo colaborativo no ámbito da tradución profesional.


>>> ENCOMENDA Nº 1: centrada nas funcións avanzadas dos procesadores de texto e das follas de cálculo relacionadas co ámbito profesional da tradución e coa maquetación profesional de documentos (9,0 horas presenciais; e, aproximadamente, 18,0 horas autónomas do alumnado e 4,5 horas de práctica avaliativa autónoma do alumnado; Módulo-1 do Tema-2). Valor: 1,5 puntos. Prazo máximo previsto para a súa entrega: o luns 28/10/13 ás 23:59 horas.


>>> ENCOMENDA Nº 2: centrada na telemática, e a creación, tradución e hospedaxe de páxinas web (6,0 horas presenciais e, aproximadamente, 12,0 horas autónomas do alumnado e 3,0 horas de práctica avaliativa autónoma do alumnado; Módulo-1 do Tema-2). Valor: 1,5 puntos. Prazo máximo previsto para a súa entrega: o luns 28/10/13 ás 23:59 horas.


>>> ENCOMENDA Nº 3: centrada nos programas lexicográficos, nas bases de datos de todo tipo e nas follas de cálculo relacionados co ámbito profesional da tradución (5,5 horas presenciais e, aproximadamente, 11,0 horas autónomas do alumnado e 3,0 horas de práctica avaliativa autónoma do alumnado; Módulo-1 do Tema-2). Valor: 1,5 puntos. Prazo máximo previsto para a súa entrega: o luns 11/11/13 ás 23:59 horas.


PROBA PRÁCTICA Nº 2 (16,0 horas presenciais; e, aproximadamente, 32,0 horas autónomas do alumnado e 8,5 horas de práctica avaliativa autónoma do alumnado). Valor: 2,5 puntos.


Está relacionada co Tema-3 (“A tradución asistida por computador”). O obxetivo desta práctica é aplicar os coñecimientos e destrezas adquiridos neste módulo no ámbito profesional da tradución. A práctica constitúe un máximo de 2,5 puntos da avaliación continua da materia. Consta en tres encomendas, das que a “ENCOMENDA Nº 1” e a “ENCOMENDA Nº 2” son non avaliables e soamente van servir para adquirir experiencia cara á “ENCOMENDA Nº 3” que sí vai ser avaliable.


>>> ENCOMENDA Nº 3: supón un total de 2,5 puntos na “avaliación continua”. Prazo máximo previsto para a súa entrega: o luns 09/12/13 ás 23:59 horas.


Como software específico para a súa realización usaremos o programa de tradución asistida por computador Déjà Vu X2 Pro(fessional). O programa é de pagamento, pero pódese descargar de Internet unha versión shareware (de proba) por un período de 30 días dende a súa instalación. Este programa soamente está dispoñible para Ms-Windows. Non hai ningunha versión para Mac OS X nin para Linux. Non vamos a usar tampouco ningún outro programa equivalente “de código abierto” tipo OmegaT. A versión instalada nos computadores da aula informática Newton-17 da FFT vai ser operativa durante 6 meses. Como este programa ten as veces algúns problemas de funcionamento co Windows-7, nestes casos, aconséllase traballar coas versións instaladas na aula informática sobre Windows XP.


2.1.2. - Probas de tipo test


Constitúe o 30% da cualificación final total da materia (isto é, 3,0 puntos sobre os 10,0 posíbeis). Consistirá na realización de dúas probas de tipo test para avaliar os coñecementos relacionados coas competencias da materia.


As preguntas van dirixidas, de maneira particular, a validar os coñecementos e destrezas adquiridos na realización nas diferentes probas práctica relacionados coas competencias da materia; e, de maneira xeral, para avaliar os coñecementos e destrezas adquiridos nos diferentes temas 1, 2 e 3 relacionados coas competencias da materia.


De detectarse algún intento de copia na proba de tipo test, o alumnado involucrado será de inmediato conminado a abandonar a aula e a proba será cualificada con 0,0 puntos. As persoas involucradas na copia serán automaticamente expulsadas da avaliación continua (aínda que poderán presentarse ao exame final único).


O valor de cada resposta correcta será proporcional ao número total de preguntas formuladas e vanse penalizar tanto as respostas deixadas en branco como as respostas incorrectas.


Na medida do posible vanse programar con anterioridade as devanditas probas diferentes probas de autoavaliación tipo test para que o alumnado se familiarice con este tipo de probas pola súa conta.



PROBA DE TIPO TEST Nº 1 (0,5 horas presenciais). Valor: 1,5 puntos. Prazo máximo previsto para a súa realización: a primeira media hora da primeira sesión de cada grupo da semana do 28/10/13 ao 03/11/13. 

Está relacionada cos TEMAS e as PRÁCTICAS: Tema nº 1 ("Introdución") e o Módulo nº 1 do Tema nº 2 ("A ofimática aplicada á tradución"); e a proba Práctica nº 1 da materia.

PROBA DE TIPO TEST Nº 2 (0,5 horas presenciais). Valor: 1,5 puntos. Prazo máximo previsto para a súa realización: a primeira media hora da primeira sesión de cada grupo da semana do 09/12/13 ao 15/12/13. 


Está relacionada cos TEMAS e as PRÁCTICAS: Módulo nº 2 do Tema nº 2 ("Introdución a Tradución Asistida por Computador") e Tema nº 3 ("a Tradución Asistida por Computador"); e a proba Práctica nº 2 da materia.


Na medida do posíbel vaise tentar respectar esta programación establecida "a priori"; pero, obviamente, a mesma fica suxeita a posíbeis cambios de última hora debidos a imprevistos de tipo persoal, académico e/ou técnico; que, de acontecer, serían oportunamente informados a todo o alumnado da materia a través de todos os medios dispoñíbeis para illo.


2.2. - Primeira oportunidade de avaliación: modalidade de "avaliación final"


O alumnado que se acolla á modalidade de avaliación final na primeira oportunidade de avaliación oficial vai ter que realizar unha única proba de tipo test cun valor máximo de 10,0 puntos en total (o 100% da nota final).


Nesta modalidade avaliación final na primeira oportunidade de avaliación oficial, dada a especial idiosincrasia desta materia e dos especiais requisitos de hardware e software que precisa “a priori”; por razóns de tempo, infraestrutura e de procedemento (basicamente) non se vai esixir ao alumnado (a diferenza da avaliación continua) que faga ningunha proba práctica.


Sen embargo, nesta proba tipo test, váiselle esixir (entre outras cuestións) que probe que sabería facelas se fose necesario (que sabería utilizar os programas, formatos, procedementos, metodoloxías, etc. esixíbeis para a súa realización).


Así, pois, as preguntas desta proba tipo test estarán relacionadas, de maneira xeral, con aspectos teóricos e prácticos da materia; pero, de maneira particular, tamén coas probas prácticas de execución de tarefas reais e/ou simuladas realizadas na modalidade de avaliación continua da primeira oportunidade de avaliación oficial.


O valor de cada resposta correcta será proporcional ao número total de preguntas formuladas; e, vanse penalizaran tanto as respostas deixadas en branco como as respostas incorrectas.


De detectarse algún intento de copia na proba de tipo test, o alumnado involucrado será de inmediato conminado a abandonar a aula e a proba será cualificada con 0,0 puntos.


Para aprobar a materia nesta avaliación final da primeira convocatoria oficial de avaliación o alumnado deberá obter un mínimo de 5,0 puntos na proba de tipo test.


Por acordo da Xunta de Facultade do 05/06/13, neste curso académico 2013-2014, a responsabilidade de fixar a data para a realización da avaliación final da cada materia na primeira oportunidade de avaliación oficial corre a cargo dos docentes da materia. Neste caso en concreto a data inicialmente prevista polos docentes desta materia para a realización da proba de tipo test da avaliación final da primeira oportunidade de avaliación vai ser o martes 14 de xaneiro do 2014 ás 16:00 horas (data pendente da confirmación por parte da coordinación do grao). A aula designada fica pendente de asignación por parte do/a vicedecano/a de organización académica da FFT.


3. - SEGUNDA OPORTUNIDADE OFICIAL DE AVALIACIÓN


O alumnado que se acolla á segunda oportunidade oficial de avaliación da materia vai ter que realizar unha única proba de tipo test cun valor máximo de 10,0 puntos en total (o 100% da nota final).


Dada a especial idiosincrasia desta materia e dos especiais requisitos de hardware e software que precisa “a priori”; por razóns de tempo, infraestrutura e de procedemento (basicamente) non se vai esixir ao alumnado que faga ningunha proba práctica. Sen embargo, nesta proba tipo test, váiselle esixir (entre outras competencias) que probe que sabería facelas se fose necesario (que sabería utilizar os programas, formatos, procedementos, etc. esixíbeis para a súa realización).


Así, pois, as preguntas desta proba tipo test estarán relacionadas, de maneira xeral, con aspectos teóricos e prácticos da materia; pero, de maneira particular, tamén coas probas prácticas de execución de tarefas reais e/ou simuladas realizadas na modalidade de avaliación continua da primeira oportunidade de avaliación da materia.


O valor de cada resposta correcta será proporcional ao número total de preguntas formuladas; e, vanse penalizaran tanto as respostas deixadas en branco como as respostas incorrectas.


De detectarse algún intento de copia na proba, o alumnado involucrado será conminado a abandonar a aula e a proba será cualificada con 0,0 puntos.


Para aprobar a materia nesta segunda oportunidade oficial de avaliación o alumnado deberá obter un mínimo de 5,0 puntos na proba de tipo test.


Por acordo da Xunta de Facultade do 05/06/13, neste curso académico 2013-2014, a responsabilidade de fixar a data, hora e aula para a realización da avaliación de cada materia na segunda oportunidade corre a cargo do vicedecano de organización académica da FFT. Segundo consta no calendario de exames para o curso 2013-2014 a día de hoxe (18/06/13) a data oficial prevista para o exame da materia é o 11/06/14, ás 16:00 horas, na aula Newton-9. Por so houbese algún cambio en datas posteriores á redacción desta Guía Docente, por favor, consultade o calendario de exames no espazo web da FFT ou no taboleiro da FFT habilitado para illo (que son as plataformas "oficiais" de información).

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000