As/Os estudantes
deberán escoller no principio do curso entre dúas opcións: un sistema de
avaliación continua (cf. supra) ou un sistema de avaliación única. Recoméndase
optar polo primeiro. Dado o carácter da materia, é moi recomendábel asistir con regularidade ás aulas. É recomendable consultar
regularmente os espazos virtuais da materia na plataforma TEMA
(http://faitic.uvigo.es). Quen incumpra as
condicións esixidas para a avaliación continua ou quen opte de forma directa
pola avaliación única será avaliada/o ao final do primeiro período ou, para
quen non supere a primeira convocatoria, na segunda edición das actas (convocatoria
de xullo), da seguinte forma: 1. Cunha proba
escrita teórico-práctica (contando 75% da nota final –teoría: 25%; práctica:
50%–); e 2. Cunha proba de
expresión oral (contando 25% da nota final), que será gravada. A convocatoria
das probas de expresión oral deberá acordarse co profesorado coa antelación
necesaria, sendo responsabilidade do alumnado contactar co profesorado.
A non presentación á proba de expresión oral
suporá a obtención dunha cualificación de 0 (cero) puntos na mesma. En todo caso, recoméndase a asistencia ás aulas e ás
titorías e consultar regularmente os espazos virtuais da materia na plataforma
TEMA (http://faitic.uvigo.es), mesmo que non se siga o sistema de avaliación
continua. |