Guia docente 2014_15
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Idioma moderno: Idioma 2, I: Portugués
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Traballos de aula Trabalhos individuais ou em grupos sobre temas gramaticais diversos a partir de textos de cultura lusófona. 30
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Exercícios orais de compreensão, expressão e fonética. 30
Probas de resposta curta Uma ou mais provas práticas escritas sobre conteúdos de civilização lusófona. 20
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Uma prova escrita. 20
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

As/Os estudantes
deberán escoller no principio do curso entre dúas opcións: un sistema de
avaliación continua (cf. supra) ou un sistema de avaliación única. Recoméndase
optar polo primeiro.

É condición
obrigatoria para ser avaliada/o de forma continua a asistencia a un 80% das
aulas, a non ser que haxa motivos xustificados para unha asistencia
lixeiramente inferior, que deberán ser comunicados ao profesorado o antes
posible.

É recomendable consultar
regularmente os espazos virtuais da materia na plataforma TEMA
(http://faitic.uvigo.es).

Quen incumpra as
condicións esixidas para a avaliación continua ou quen opte de forma directa
pola avaliación única será avaliada/o ao final do primeiro período ou, para
quen non supere a primeira convocatoria, na segunda edición das actas (convocatoria
de xullo), da seguinte forma:

1. Cunha proba
escrita teórico-práctica (contando 75% da nota final –teoría: 25%; práctica:
50%–);

e

2. Cunha proba de
expresión oral (contando 25% da nota final), que será gravada. A convocatoria
das probas de expresión oral deberá acordarse co profesorado coa antelación
necesaria, sendo responsabilidade do alumnado contactar co 
profesorado.
A non presentación á proba de expresión oral
suporá a obtención dunha cualificación de 0 (cero) puntos na mesma.

En todo caso, recoméndase a asistencia ás aulas e ás
titorías e consultar regularmente os espazos virtuais da materia na plataforma
TEMA (http://faitic.uvigo.es), mesmo que non se siga o sistema de avaliación
continua.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000