Nesta materia preténdese que o alumnado adquira coñecementos básicos de lingua portuguesa e das
culturas lusófonas (ata o nivel A2 do Marco Común Europeo de Referencia das Linguas).
Aviso importante para alumnado de intercambio (Erasmus): O ensino de Lingua Portuguesa na UVigo diríxese a un alumnado que ten o galego e/ou castelán como lingua materna, de maneira que a progresión é rápida. Non se recomenda ao alumnado de intercambio que non teña un nivel de B1 nestas linguas ou un A1-A2 (como mínimo) en lingua portuguesa matricularse nesta materia.