Educational guide 2022_23
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Idioma moderno: Idioma 2, I: Alemán
   Avaliación
  Descrición Cualificación Competencias Avaliadas
Resolución de problemas Valoración continua da asistencia a clase e da participación activa en todas as actividades desenvolvidas na aula.

15
Resolución de problemas de forma autónoma Puntuación dos traballos e exercicios entregados durante o curso. 15 CE18
CT15
CT23
Resolución de problemas e/ou exercicios Exame final sobre os contidos do curso 70 CE18
CE24
CT15
CT23
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

  PRIMEIRA EDICIÓN DE ACTAS


A avaliación e conseguinte cualificación do traballo do alumnado levarase a cabo cun procedemento de avaliación continua de acordo coas metodoloxías e porcentaxes descritas máis arriba. Para obter o 30% (máximo) establecido para os traballos de aula, atenderase a participación regular e activa na aula, ademáis da entrega dos traballos e a sua calidade. A proba escrita realizarse PARA TODO Ó ALUMNADO na data fixada no calendario de exames aprobado pola Xunta de FFT. 

O alumnado que non se acolla ao sistema de avaliación continua e escolla a avaliación única deberá realizar e superar un exame escrito sobre os contidos da materia, que se realizará na data oficial fixada no calendario aprobado pola Xunta da FFT, e máis outro oral noutra data concertada co profesorado para superala: o primeiro cun valor do 70% e o segundo cun valor do 30% da nota. 

Tanto no caso da avaliación continua, como da avaliación única, a nota dos exames, escrito e oral, non poderá ser nunca inferior a 4 para superar a materia. Para poder presentarse á proba oral na avaliación única é necesario ter alcanzado un mínimo de 4 na proba escrita.

SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS (XULLO) 

Exame teórico-práctico escrito dos contidos do curso polo 100% da cualificación, que se realizará na data fixada no calendario de exames aprobado pola Xunta de FFT.  

ADVERTENCIA: En calquera das convocatorias de exames, o profesorado pode esixir a realización dunha proba oral a aquel alumnado da avaliación continua que, segundo o seu criterio razoado, non demostrara suficiente competencia na materia.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000