Guia docente 2016_17
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Idioma moderno: Idioma 2, I: Alemán
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas e/ou exercicios Puntuación dos traballos e exercicios entregados durante o curso. 10
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma Valoración continua da asistencia a clase e da participación activa en todas as actividades desenvolvidas na aula. 10 C18
D15
D23
Probas de resposta curta Exame final sobre os contidos do curso 80 C18
C24
D15
D23
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A avaliación e consecuente
cualificación do traballo do alumnado se levará a cabo cun procedemento de avaliación
continua de acordo coas porcentaxes descritas máis arriba. O alumnado que non se acolla ao
sistema de avaliación continua e elixa avaliación única deberá realizar ao final do cuadrimestre tanto un
exame escrito sobre os contidos da materia como un exame oral básico sobre contidos léxicos e destrezas comunicativas. O primeiro terá un valor do 80% e o segundo un valor do 20% da nota. No caso da avaliación única, a nota do exame escrito non deberá ser inferior a un 4 para poder pasar á proba oral. 


O exame final escrito realizarase
para todo o alumnado (avaliación continua e avaliación única) na data marcada no calendario oficial da FFT.

O alumnado Erasmus que desexe
facer esta materia deberá acreditar como mínimo un nivel B1 de español; cursarla cos
mesmos dereitos e deberes que calquera outro estudante.

É responsabilidade do alumnado consultar os materiais e as novidades a través da plataforma de FAITIC e de estar ao tanto das datas en que terán lugar as probas de avaliación.

SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS (XULLO):
Exame teórico-práctico escrito dos contidos do curso polo 100% da
cualificación. Para o alumnado que durante o curso acolleuse á avaliación
única este exame ten un valor do 80% da nota; este alumnado terá que
facer tamén unha proba oral que contará un 20% da cualificación para
superar a materia. A nota do exame escrito non deberá ser inferior a 4 para
superar a materia. A proba oral realizarase nunha data concertada co
profesorado.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000