Guia docente 2023_24
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Idioma moderno: Idioma 2, I: Francés
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas con apoio das TIC Exercicio de comprensión oral a partir dunha gravación ou vídeo en francés (última semana de novembro). 20 A1
A2
A4
C14
Traballo tutelado Traballo autónomo a partir dunha lectura proposta polas profesoras seguindo unha guía de exercicios (segunda semana de novembro). 20 A1
A2
A4
C15
C17
C18
C19
C22
Presentación Presentación oral autónoma, individual ou en grupo (dous máximo), a partir dun tema en relación cos contidos da materia (última semana de setembro e primeira de outubro) 20 A1
A3
A4
C14
Resolución de problemas Proba de comprensión escrita (última semana de outubro). 20 A1
A2
A4
Resolución de problemas e/ou exercicios Proba final de expresión escrita (última semana de clase)

20 A1
A2
A4
A5
C17
C18
C19
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

PRIMEIRA EDICIÓN DE ACTAS (XANEIRO-MAIO)

Na primeira edición das actas, o alumnado será avaliado
mediante o sistema de avaliación continua indicado arriba. As probas non
entregadas contarán como un cero. Para aprobar a materia, será necesario realizar
todas as probas e a exposición, así como elaborar e presentar o traballo na
data requirida e obter polo menos 4/10 en cada unha das probas.

O alumnado que, por motivos xustificados, non poida
acollerse á avaliación continua deberá indicalo ás profesoras ao comezo do curso.
Neses casos, terá que examinarse do 100 % da materia polo sistema de avaliación
única,
segundo as seguintes porcentaxes: exercicio de comprensión escrita a
partir da lectura proposta (25 %), exercicio de comprensión oral (25 %), exercicio
de expresión escrita (25 %) e exercicio de expresión oral (25 %). O alumnado que se acolla a este sistema ten que ler obrigatoriamente o libro proposto polas profesoras antes da data do exame. Tamén será
necesario obter polo menos 4/10 en cada unha das partes. Este exame final terá
lugar dentro do período oficial de exames na data aprobada en Xunta de FFT.

 

SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS (XUÑO-XULLO)

Na segunda edición das actas, o alumnado examinarase
exclusivamente das partes da materia que non superase na primeira edición. Este
exame terá lugar durante o período de exames de xuño-xullo na data aprobada en
Xunta de FFT.

 

NOTAS XERAIS

A
copia ou plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou exame suporá
un 0 nesa proba. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá
ao estudantado da súa responsabilidade neste aspecto.

Recoméndase o traballo continuado e a consulta frecuente dos
medios de comunicación francófonos.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000