Guia docente 2015_16
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Idioma moderno: Idioma 2, I: Inglés
   Recomendacións

Materias que continúan o temario
Idioma moderno: Idioma 2, II: Inglés/V01G230V01205


 
Outros comentarios
Para poder seguir as clases recoméndase posuír un nivel B1+ (Marco Europeo de Referencia) ou Intermedio (Escola Oficial de Idiomas) de inglés. O traballo diario e autónomo do alumnado resulta imprescindible para seguir e superar a materia. Sendo así, e tendo en conta que as horas de clase na aula non son máis que parte das horas totais de traballo necesarias para superar a materia, é altamente recomendable que o material manexado polo alumnado non se limite ao visto nas sesións presenciais. Recoméndase que o alumnado adique tempo á lectura de xornais, libros e revistas en lingua inglesa, ó visionado de vídeos, películas, series e similares en lingua inglesa, etc. Recoméndase o emprego e consulta regular da plataforma de teledocencia Faitic. O profesorado proporcionará material e contactará co alumnado a través dela.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000