Guia docente 2023_24
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Idioma moderno: Idioma 2, I: Inglés
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas e/ou exercicios Avaliación dos contidos lingüísticos e comunicativos impartidos nas clases teóricas (leccións maxistrais) dos compoñentes 'Use of English and Vocabulary' (30% da cualificación final) e 'Pronunciation' (20% da cualificación final).
50 A1
C1
C4
C10
C13
C18
C30
D2
D12
D15
D22
D23
Exame de preguntas obxectivas Avaliación do compoñente 'Listening' (comprensión oral, 25%) por medio de exercicios de resposta curta e tipo test. 25 A1
C1
C4
C10
C13
C18
C27
C30
D2
D9
D10
D12
D15
D17
D22
D23
Presentación Avaliación da competencia oral por medio de exposicións na aula realizadas polo alumnado. 25 A1
A2
A4
C1
C4
C10
C13
C18
C27
C30
D2
D9
D12
D15
D17
D22
D23
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Consideracións xerais 

O dominio das competencias lingüísticas e comunicativas desta materia será avaliado por medio de varias probas parciais para cada unha das destrezas especificadas nesta guía docente. As datas concretas para cada proba serán anunciadas polo profesorado na aula con suficiente antelación.

A cualificación final da materia será calculada tendo en conta todas as destrezas traballadas ao longo do cuadrimestre, coa distribución indicada no epígrafe anterior e detallada a continuación:

  • Use of English & Vocabulary: 30%
  • Pronunciation: 20%
  • Listening: 25%
  • Speaking: 25%

Na primeira edición de actas existen dous sistemas de avaliación: continua e única. A modalidade por defecto será a avaliación continua, excepto expresa notificación por parte da/o estudante da súa preferencia polo sistema de avaliación única. O alumnado que opte por avaliación única debe comunicarllo ao profesorado da materia antes de finais da segunda semana de clase como data límite.

Participar nun dos sistemas de avaliación implica a imposibilidade de participar no outro. A realización dunha ou varias probas parciais implica a aceptación do sistema de avaliación continua por parte do alumnado; igualmente, a ausencia a unha ou varias probas parciais implica o seguimento da materia por avaliación única. 

O alumnado avaliado mediante o sistema de avaliación continua non poderá presentarse ao exame oficial de avaliación única na primeira edición de actas. A súa nota na primeira edición de actas corresponderá ao cómputo das notas obtidas na(s) proba(s) realizada(s). Tampouco se contempla o exame oficial de avaliación única na primeira edición de actas como exame de recuperación para aprobar as partes das destrezas suspensas na avaliación continua. 

PRIMEIRA EDICIÓN DE ACTAS 

AVALIACIÓN CONTINUA

Para ser avaliado polo sistema de avaliación continua, é imprescindible a participación da/o estudante en todas as probas de avaliación que se vaian realizando ao longo do cuadrimestre, así como a entrega das actividades nas datas sinaladas.

As probas de avaliación terán lugar en horario lectivo, agás acordo previo co profesorado da materia. As datas concretas serán anunciadas en clase ao comezo do cuadrimestre ou con suficiente antelación para a súa preparación.

Para superar a materia na súa totalidade será imprescindible acadar unha cualificación mínima de 5 puntos como nota global (sobre 10), sendo 5 puntos a puntuación mínima requirida en cada unha das probas parciais

  • Use of English & Vocabulary: 30%
  • Pronunciation: 20%
  • Listening: 25%
  • Speaking (presentation): 25%

É dicir: cómpre aprobar cada unha das destrezas da materia cun 5, e o suspenso nunha das destrezas implica un suspenso global na materia nesta edición de actas. As mesmas condicións aplícanse na segunda edición de actas e independentemente do sistema de avaliación.

O alumnado poderá examinarse na segunda edición de actas unicamente da(s) parte(s) suspensa(s). De non aprobar nesta segunda oportunidade, o alumnado deberá examinarse de todas as destrezas en cursos posteriores: non se gardarán notas parciais das distintas destrezas dun curso para outro. 

AVALIACIÓN ÚNICA

A avaliación única terá lugar na data oficial aprobada pola Xunta da FFT. É responsabilidade do alumnado consultar as datas na páxina web da Facultade. 

A cualificación final do alumnado que se acolla a este sistema de avaliación única computarase en base ás cualificacións obtidas nesta data oficial. A proba constará das partes necesarias para avaliar todas as destrezas impartidas durante o cuadrimestre, paralelo ao sistema de avaliación continua, agás indicacións diferentes por parte do profesorado. O valor de cada unha das destrezas na cualificación será igual á avaliación continua: 

  • Use of English & Vocabulary: 30%
  • Pronunciation: 20%
  • Listening: 25%
  • Speaking (oral exam): 25%

Para superar a materia será imprescindible acadar unha cualificación mínima de 5 puntos como nota global, sendo 5 puntos a puntuación mínima requirida en cada unha das destrezas avaliadas. É dicir: cómpre aprobar cada unha das destrezas da materia cun 5, e o suspenso nunha das destrezas implica un suspenso global na materia nesta edición de actas.

O alumnado poderá examinarase na segunda edición de actas unicamente da(s) parte(s) suspensa(s). De non aprobar nesta segunda oportunidade, o alumnado deberá examinarse de todas as destrezas no seguinte curso académico: non se gardarán notas parciais das distintas destrezas dun curso para outro. 

SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS

O exame no período de segunda edición de actas, independentemente da modalidade escollida na primeira edición de actas, terá lugar na data oficial aprobada pola Xunta da FFT. É responsabilidade do alumnado consultar as datas na páxina web da Facultade. O alumnado que teña que recuperar a presentación oral acordará a hora dun exame oral co profesorado da materia. 

A cualificación final do alumnado que se acolla a este sistema de avaliación única computarase en base ás cualificacións obtidas nesta data oficial. A proba constará das partes necesarias para avaliar todas as destrezas impartidas durante o cuadrimestre. O valor de cada unha das destrezas na cualificación será igual á a avaliación continua: 

  • Use of English & Vocabulary: 30%
  • Pronunciation: 20%
  • Listening: 25%
  • Speaking (oral exam): 25%

Para superar a materia será imprescindible acadar unha cualificación mínima de 5 puntos como nota global, sendo 5 puntos a puntuación mínima requirida en cada unha das destrezas avaliadas. É dicir: cómpre aprobar cada unha das destrezas da materia cun 5, e o suspenso nunha das destrezas implica un suspenso global na materia nesta edición de actas.

O alumnado poderá examinarase na segunda edición de actas unicamente da(s) parte(s) suspensa(s). De non aprobar nesta segunda oportunidade, o alumnado deberá examinarse de todas as destrezas no seguinte curso académico: non se gardarán notas parciais das distintas destrezas dun curso para outro.

Observacións

A avaliación terá en conta non só a pertinencia e calidade do contido das respostas senón tamén a súa corrección lingüística e estilística. De non ser así, a proba de avaliación pode resultar nun suspenso.

O plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou actividade suporá un suspenso automático na materia no seu conxunto, independentemente das probas xa realizadas e/ou aprobadas. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá ao alumnado da súa responsabilidade neste aspecto. 

É responsabilidade do alumnado consultar o correo electrónico con regularidade, consultar os materiais e as novidades a través da plataforma de teledocencia, e estar ao tanto das datas nas que as probas de avaliación teñen lugar. As datas de avaliación única son anunciadas na web da FFT. As datas de avaliación continua son anunciadas na clase con suficiente antelación, agás aquelas probas de carácter espontáneo. O profesorado non está obrigado a comunicar as datas de avaliación mediante a plataforma de teledocencia.

Se por algunha circunstancia sanitaria os exames presenciais non puidesen celebrarse, poderá considerarse a realización da proba ou probas de avaliación afectadas mediante a plataforma de teledocencia e/ou por Campus Remoto.

 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000