Guia docente 2017_18
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Idioma moderno: Idioma 2, I: Inglés
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Probas prácticas de execución de tarefas relacionadas coas destrezas adquiridas 80 A1
A2
A3
A4
A5
C1
C4
C17
C18
C25
C27
C30
C32
D2
D3
D5
D6
D7
D9
D10
D11
D12
D14
D15
D17
D22
D23
Outras O alumnado deberá ler unha ou dúas obras curtas (os títulos indicaranse o primeiro día de clase, na presentación) que será(n) avaliada(s) mediante probas orais 20 A1
A2
A3
A4
A5
C1
C4
C10
C17
C18
C24
C25
C27
C30
C32
D2
D3
D6
D7
D9
D10
D11
D12
D14
D15
D17
D22
D23
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Consideracións xerais

A cualificación final da materia calcularase tendo en conta todas as destrezas traballadas ao longo do cuadrimestre, tendo cada unha delas o mesmo peso na cualificación final (Writing: 20%; Speaking: 20%; Listening: 20%; Reading: 20%; Use of English: 20%). Para superar a materia será imprescindible acadar unha cualificación mínima de 5 puntos como nota global, sendo 4 puntos a puntuación mínima requirida en cada unha das destrezas. Téñase en conta que esto non significa que se aprobe con 4 puntos. Aquelas/es alumnas/os que na primeira edición de actas obteñan unha cualificación de suspenso nalgunha(s) das destrezas deberán repetir a(s) parte(s) correspondentes a tal(es) destrezas no exame de xullo para poder aprobar a totalidade da materia. De non superalas en xullo, o alumno deberá examinarse da totalidade da materia en cursos académicos posteriores.

O(s) título(s) da(s) obra(s) de lectura obrigatoria será(n) indicado(s) durante as dúas primeiras semanas de clase, tanto na aula coma na plataformaTEMA. A lectura desta(s) obra(s) será avaliada mediante probas orais, nas dúas edicións de actas (xaneiro e xullo), independentemente do sistema de avaliación (continua ou única) polo que se opte.

O plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou actividade suporá un suspenso automático na materia. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá ao alumnado da súa responsabilidade neste aspecto.

A avaliación terá en conta non só a
pertinencia e calidade do contido das respostas senón tamén
a súa corrección lingüística.

De haber alumnado pertencente ao Programa Sénior na materia, o seu proceso de avaliación poderá ser diferente do aplicado ao resto do alumnado e será acordado coa docente con suficiente antelación.

1ª Edición de actas (Xaneiro 2018)

Existen dous sistemas de avaliación (continua e única) para superar a materia nesta primeira oportunidade e participar nun deles implica a imposibilidade de participar no outro.

a) Avaliación continua
Para poder acollerse a este sistema é imprescindible que o alumnado entregue unha ficha cos seus datos de contacto e fotografía durante as tres primeiras semanas do cuadrimestre. De igual maneira, será imprescindible a súa participación nas diferentes probas que se vaian realizando ao longo do cuadrimestre, así como a entrega das actividades que corresponda nas datas sinaladas. As probas nas que non se participe ou as actividades non entregadas no prazo estipulado computarán como 0.

A cualificación final daquelas/es alumnas/os que se acollan ao sistema de avaliación continua computarase tendo en conta o seguinte:

- As competencias orais (speaking, 20%) serán avaliadas por medio dunha proba que terá lugar nalgunha das sesións presenciais das dúas últimas semanas do primeiro cuadrimestre (entre o 4 e o 13 de decembro de 2017). A data exacta será fixada e anunciada con suficiente anterioridade, en función dos horarios da materia.

- As competencias gramaticais e de uso (use of English, 20%), de escoita (listening, 20%) e de lectura e vocabulario (reading and vocabulary, 20%) serán avaliadas mediante unha proba final que terá lugar nunha sesión presencial da última semana do primeiro cuadrimestre (11-13 de decembro de 2017). A data exacta será fixada e anunciada con suficiente anterioridade, en función dos horarios da materia.

- As competencias escritas (writing, 20%) serán avaliadas por medio de tres composicións escritas asignadas pola docente da materia ó longo do cuadrimestre. A data límite de entrega para cada unha destas composicións será fixada e anunciada con suficiente anterioridade, sendo cada unha delas nas dúas primeiras semanas dos meses de outubro, novembro e decembro de 2017, respectivamente.

b) Avaliación única
A cualificación final do alumnado que se acolla a este sistema de avaliación única computarase en base ás cualificacións obtidas no exame único establecido pola Facultade na data aprobada pola Xunta de Centro. O exame constará das 5 partes arriba mencionadas e o cálculo da cualificación se realizará seguindo os mesmos criterios establecidos para a avaliación continua. Téñase en conta que este exame oficial establecido polo centro estará destinado unica e exclusivamente a aquelas/es alumnas/os que non tomen parte en ningunha das probas de avaliación continua arriba mencionadas. En ningún caso debe entenderse como unha posibilidade de recuperación para aquelas persoas que, tendo participado na avaliación continua, non teñan superado a (totalidade da) materia.

2ª Edición de actas (Xullo 2018)

O exame que o centro fixe oficialmente para o mes de xullo constará das partes necesarias para avaliar todas as destrezas (reading and vocabulary, listening, writing, speaking e use of English). O peso de cada unha das destrezas na cualificación final será o mesmo que na 1ª edición de actas e, de igual maneira, para superar a materia será imprescindible acadar unha cualificación mínima de 5 puntos como nota global, sendo 4 puntos a puntuación mínima requirida en cada unha das destrezas.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000