Guia docente 2015_16
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Idioma moderno: Idioma 2, I: Inglés
   Avaliación
  Descrición Cualificación Competencias Avaliadas
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Probas prácticas de execución de tarefas relacionadas coas destrezas adquiridas 80 CB1
CB2
CB3
CB4
CB5
CE1
CE4
CE17
CE18
CE25
CE27
CE30
CE32
CT2
CT3
CT5
CT6
CT7
CT9
CT10
CT11
CT12
CT14
CT15
CT17
CT18
CT22
CT23
Outras O alumnado deberá ler unha ou dúas obras curtas (os títulos indicaranse o primeiro día de clase, na presentación) que será(n) avaliada(s) mediante probas orais 20 CB1
CB2
CB3
CB4
CB5
CE1
CE4
CE10
CE17
CE18
CE24
CE25
CE27
CE30
CE32
CT2
CT3
CT6
CT7
CT9
CT10
CT11
CT12
CT14
CT15
CT17
CT18
CT22
CT23
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Consideracións xerais

A cualificación final da materia calcularase tendo en conta todas as destrezas traballadas ao longo do cuadrimestre, tendo cada unha delas o mesmo peso na cualificación final (Writing: 20%; Speaking: 20%; Listening: 20%; Reading: 20%; Use of English: 20%). Para superar a materia será imprescindible acadar unha cualificación mínima de 5 puntos como nota global, sendo 4 puntos a puntuación mínima requirida en cada unha das destrezas. Aquelas/es alumnas/os que na primeira edición de actas obteñan unha cualificación de suspenso nalgunha(s) das destrezas deberán repetir a(s) parte(s) correspondentes a tal(es) destrezas no exame de xullo para poder aprobar a totalidade da materia. De non superalas en xullo, o alumno deberá examinarse da totalidade da materia en cursos académicos posteriores.

O(s) título(s) da(s) obra(s)//o(s) artigo(s) de lectura obrigatoria será(n) indicado(s) durante as dúas primeiras semanas de clase, tanto na aula coma na plataformaTEMA. A lectura desta(s) obra(s) será avaliada mediante probas orais, nas dúas edicións de actas (decembro-xaneiro e xullo), independentemente do sistema de avaliación (continua ou única) polo que se opte.

O plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou actividade suporá un suspenso automático na materia. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá ao alumnado da súa responsabilidade neste aspecto.

1ª Edición de actas (Decembro 2015)

Existen dous sistemas de avaliación (continua e única) para superar a materia nesta primeira oportunidade e participar nun deles implica a imposibilidade de participar no outro.

a) Avaliación continua
Para poder acollerse a este sistema é imprescindible que o alumnado entregue unha ficha cos seus datos de contacto e fotografía durante as tres primeiras semanas do cuadrimestre. De igual maneira, será imprescindible a súa participación nas diferentes probas que se vaian realizando ao longo do cuadrimestre, así como a entrega das actividades que corresponda nas datas sinaladas. As probas nas que non se participe ou as actividades non entregadas no prazo estipulado computarán como 0.

A cualificación final daquelas/es alumnas/os que se acollan ao sistema de avaliación continua computarase tendo en conta:

- Probas e actividades sinaladas e recollidas antes do 3 de novembro de 2015 (50%): Terán lugar no horario de clase ao longo das seguintes semanas, distribuíndose da seguinte maneira:

  • Semana 5-9 de outubro: probas de reading e listening
  • Semana 26-30 de outubro: probas de writing e use of English
  • Semana 19-23 de outubro: probas de speaking

- Probas finais (50%): Terán lugar no horario de clase ao longo das seguintes semanas, distribuíndose da seguinte maneira:

  • Semana 9-11 de decembro: probas de reading e listening
  • Semana 14-18 de decembro: probas de writing e use of English
  • Semana 23-27 de novembro: probas de speaking

b) Avaliación única
A cualificación final do alumnado que se acolla a este sistema de avaliación única computarase en base ás cualificacións obtidas nas probas únicas, que coincidirán coas probas finais dos alumnos que se acollan ao sistema de avaliación continua.

2ª Edición de actas (Xullo 2016)

O exame que o centro fixe oficialmente para o mes de xullo constará das partes necesarias para avaliar todas as destrezas (reading, listening, writing, speaking e use of English). O peso de cada unha das destrezas na cualificación final será o mesmo que na 1ª edición de actas e, de igual maneira, para superar a materia será imprescindible acadar unha cualificación mínima de 5 puntos como nota global, sendo 4 puntos a puntuación mínima requirida en cada unha das destrezas.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000