Guia docente 2012_13
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Idioma moderno: Idioma 2, I: Inglés
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Actividades introdutorias Avaliación dos coñecementos previos do alumnado
0
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma Análise e resolución de exercicios prácticos relacionados cos contidos gramaticais, léxicos e coas destrezas comunicativas, de maneira autónoma 10
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Probas prácticas de execución de tarefas relacionadas coas destrezas adquiridas 70
Outras O alumnado deberá ler unha ou dúas obras curtas (os títulos indicaranse o primeiro día de clase, na presentación) que será(n) avaliada(s) mediante probas orais 20
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Consideracións
xerais

A cualificación final da materia calcularase tendo en conta todas
as destrezas traballadas ao longo do cuadrimestre. O peso de cada unha destas
destrezas na cualificación final será o seguinte: Listening: 20%; Speaking:
20%; Reading: 20%; Writing: 20%; Use of English: 20%

O(s) título(s) da(s) obra(s) de lectura obrigatoria será(n) indicado(s) durante as dúas primeiras semanas de clase, tanto na aula coma na plataforma TEMA. A lectura desta(s) obra(s) será avaliada mediante, probas orais, nas dúas convocatorias (Decembro e Xullo), independentemente do sistema de avaliación (continua ou única) polo que se opte.

Aquelas/es alumnas/os que na primeira convocatoria obteñan una
cualificación de suspenso nalgunha(s) das destrezas deberán repetir a(s)
parte(s) correspondentes a tal(es) destrezas no exame de xullo para poder
aprobar a totalidade da materia.

O plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou
actividade suporá un suspenso automático na materia. Alegar descoñecemento do
que supón un plaxio non eximirá ao alumnado da súa responsabilidade neste
aspecto.


Convocatoria (Decembro 2012)

Existen dous sistemas de avaliación (continua e única) para
superar a materia nesta convocatoria e participar nun implica a imposibilidade
de participar no outro.

a) Avaliación
continua

Para poder acollerse a este sistema é imprescindible que o alumnado
entregue unha ficha cos seus datos de contacto e fotografía durante as tres
primeiras semanas do cuadrimestre. De igual maneira, será imprescindible a
súa participación nas diferentes probas que se vaian realizando ao longo do
cuadrimestre, así como a entrega das actividades que corresponda nas datas
sinaladas. As probas nas que non se participe ou as actividades non entregadas
no prazo estipulado computarán como 0.

Enténdese que o alumnado que se acolla a este sistema de avaliación continua asistirá
regularmente a clase (80% das sesión presenciais).

A cualificación final daquelas/es alumnas/os que se acollan ao
sistema de avaliación continua computarase tendo en conta as probas e
actividades sinaladas e recollidas ao longo do cuadrimestre (30%) e as probas
finais (70%), que terán lugar nas seguintes datas:

- 10/12/2012: probas de produción escrita ( writing e use of English)

- 17/12/2012: probas de comprensión oral (listening) e
escrita (reading)

- 18 e 19/12/2012: probas de produción oral (speaking)

As datas de realización e/ou entrega das probas previas ás probas
finais serán sinaladas durante o transcurso do cuadrimestre. Dado que estas
datas serán indicadas na clase e/ou a través da plataforma TEMA, é preciso que
o alumnado asista a clase e/ou entre con regularidade na plataforma de
teledocencia.

 

b) Avaliación
única

A cualificación final do alumnado que se acolla a este sistema de
avaliación única computarase en base ás cualificacións obtidas nas probas
finais, que terán lugar nas seguintes datas:

- 10/12/2012: probas de produción escrita (writing –20%-- e use of
English
–20)

- 17/12/2012: probas de comprensión oral (listening 20%) e
escrita (reading 20%)

- 18 e 19/12/2012: probas de produción oral (speaking 20%)

 

2ª Convocatoria (Xullo 2013)

O exame que o centro fixe oficialmente para o mes de xullo
constará das partes necesarias para avaliar todas as destrezas (reading, listening, writing, speaking e use of English). O peso de cada unha das destrezas na cualificación
final será o mesmo que na 1ª edición de actas.

 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000