Guia docente 2023_24
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Idioma moderno: Idioma 2, I: Inglés
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Presentación da materia ao alumnado e orientación xeral sobre a mesma.
Diagnóstico inicial para detectar os coñecementos previos do alumnado e descubrir os seus intereses e motivacións.
Explicación detallada do proceso de avaliación que se seguirá na materia.
Lección maxistral Presentación e explicación dos contidos da materia.
Debate Sesións prácticas. Actividades de conversa grupal relacionadas coas destrezas comunicativas.
Presentación Proba(s) de competencia oral que serán avaliadas por medio de exposicións na aula realizadas polo alumnado.
Resolución de problemas de forma autónoma Análise e resolución de exercicios prácticos relacionados cos contidos teóricos e as destrezas comunicativas traballados na materia e tomados de diversas fontes, a realizar polo alumnado de forma autónoma dentro ou fóra da aula.
Resolución de problemas Análise e resolución de exercicios prácticos relacionados cos contidos teóricos e as destrezas comunicativas traballados na materia e tomados de diversas fontes.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000